sexta-feira, 1 de fevereiro de 2008

Chapuzar polas pozas

Na honra dos membros deste goberno hai que lles recoñecer que saben actuar con eficacia, en ocasións. Aló polo mes de decembro decidiron que ían tomar medidas contra a seca e ata o de agora non nos podemos queixar. O mes de xaneiro deixou algunha que outra rega e hoxe volve chover como se non fose parar máis nunca, tras uns cantos días de intervalo en primavera diurna, —cos bruscos cambios de temperatura dos que os seres vivos normais se salvaron pola elasticidade das células mentres as pedras escachaban por inertes, por inercia.
Despois do xantar (‘almoço’ para os da banda de lá, que logo desnórtanseme, aínda que pola deshora a algúns pareceralles ‘jantar’) subín ao centro a tomar un café ou dous. Ameazaba chuvia, pero non tiña gana de ir no coche, así que collín a bici, consciente de que se non era á ida, á volta comohaidiós caíame. Ben podía ir a pé, pero son vinte minutos a paso lixeiro e tiña que vir para a casa… a perder o tempo no diario en lugar de traballar e levantar o país, para que nos imos enganar. Entón vin a primeira poza e entráronme unhas ganas irrefreables... que refreei. Xa bastante sona de tronada teño. Tívenme que conformar con volver á casa coma un pito e cismando que, total, se me había de mollar por que non me puiden dar o gusto de pinchar nunha poza ata que me chegase a auga a por debaixo do lóbulo das orellas. Un día destes, non hai fallo.

6 comentários:

Teté disse...

Chapinhar nas poças de água? Ai, ai, há sempre uma menina irrequieta e rebelde dentro de nós (tem dias, mas pronto)! :)))

Sun Iou Miou disse...

Pois há. Deixar-se molhar é para mim um prazer, sempre que puder voltar logo a uma casa quente e mudar de roupa antes de apanhar uma pneumonia.

Teté disse...

Pois, quando se sai de manhã e só se volta à noite, apanhar um banho (e uma pneumonia) não tem assim tanta graça! (^_^)

Sun Iou Miou disse...

Por isso o juízo aconselha levar para-chuvas, Teté.

Anónimo disse...

Faino. E acórdate de min cando o fagas porque tamén é unha desas cousas que teño pendente de por vida. A ver se antes de espichala...

Sun Iou Miou disse...

Quen a vai espichar e menos habendo aínda tanta poza por aí virxe? Era sen tempo, Anónimo -ou debería dicir Anónima? (`_^)