domingo, 24 de fevereiro de 2008

A ir e vir chámanlle carrexar

Fun a Castela
para lavar os ollos
en horizontes.

Tamén para ver a Diego, que é outro dos nomes propios do horizonte:
tres meses,
tres días.

E para pisar de novo no barro branco que se pega nos zapatos, coma se nunca se fose desprender deles, a turrar por un. Para percorrer o páramo infinito, a estrada que de golpe se torna meandro entre os outeiros e se volve estirar coma se non fose acabar máis. Para aventar o recendo á terra mollada que trae o aire e pasmar ante o manancial mínimo que racha coma unha alfaia a cotra seca virando olmo...

Quen dixo que non se debera volver a Comala?

P.S.:
Polo aquel de non estragar o lirismo, quedou fóra o colofón: Cheguei á casa coma un pito.

16 comentários:

Teté disse...

Não sei se entendi, percebi que foste ver o Diego. E aí é lógico, que nessas idades têm de ser carregados ao colo (embora também haja quem os carregue às costas, noutras civilizações...)

Gostei do poema!

Deixei um desafio para ti (que não é para carregar, só se o quiseres apanhar...) (^_^)

Sun Iou Miou disse...

Fui ver o Diego e a minha outra terra, ou melhor dito, a minha TERRA. Logo vou ver esse desafio, Teté, mas sabes que não gosto muito disso. (`_^)

Anónimo disse...

Gustoume moito moito moito este "ir e vir que lle chaman carrexar".
Ti sempre tiveches os ollos ben claros.

Rei da Lã disse...

Não percebo népia!

Sun Iou Miou disse...

Anónimo, ou debo dicir dunha vez por todas, Anonima? O ir e vir é iso mesmo: carrexar e carregar ao mesmo tempo. Biquiños. Non me traballes tanto e deixa algo para os outros. (`_^)

Ó, Rei Lanzudo, como eu te explicaria? Fui à minha terra a respirar um pouco, ao lugar onde fui feliz (`_^)

Corvo mariño disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Sun Iou Miou disse...

Benvido e apertas muitas. Aqui ao corvo mariño chámanlle canilonga. Non me digas que non é un nome precioso? (`_^)

Raposo disse...

O que eliminou o comentario anterior fun eu. ïa facer unha corrección e elimineino sen darme conta. Torpe que é un as veces con estas cousas. Perdón.
Asi que vou volver a escribir mais ou menos o antes: que éste título me lembrou o meu avó, home labrego, home de campo, que con certa frecuencia decía: "ir e vir, carrear se chama".
Apertas e perdón outra vez.

Sun Iou Miou disse...

Pois, Raposo, como seica o vin antes de tempo, que estou aquí enchufada en plan vasos comunicantes, tes ai arriba a resposta. Bicos

Jonas disse...

Que bom, finalmente encontrei aqui nos blogs uma fan de Sabina. Infelizmente ele não é muito conhecido em Portugal...
Mas voltando a 'Diego', 'como deverias saber já, «a um lugar onde se foi feliz não se deve voltar» ...
(Sabina dixit)
besitos(ahora si!)

Sun Iou Miou disse...

Jonas, embora do Sabina não sou fã incondicional (aclaração: não sou fã incondicional de ninguém), desse disco gosto especialmente, o qual não quer dizer que concorde com o que ele diz: Castela é o único lugar do mundo (do mundo que conheço, que também não é tanto) que me estremece..., onde fui feliz e onde sou feliz cada vez que volto. Certo que ainda não fui ao deserto... Besitos para ti também. E bicos e beijos.

Jonas disse...

Nunca foste ao deserto?
Então vem a Portugal...não tem assim muita areia nem tanto calor, mas tem demasiados camelos, e no poder, o que é um luxo!
;)

Sun Iou Miou disse...

Jonas, ir a Portugal eu? Olha que o vejo desde a janela, e os mais dos dias estou escarranchada entre as duas margens... (^_^). E se quero ir ao deserto não é pelos camelos nem sequer pela calor, mas pela areia e as estrelas infinitas. Camelos a mandar deve de ser é andaço...

Anónimo disse...

Gosei moito do de "lava os ollas na paisaxe". Tes razón en que ás veces un precisa de ver unha pasaxe con menos elementos (ou mellor dito, con moitos elementos, pero máis sutís) Faime lembrar que hai moito que non vou ver o mar.

Sun Iou Miou disse...

Vale, Couselo, agradécese a precisión, que xa che ia corrixir o da cantidade de elementos: como de cando se ve a herba sen distinguir máis ca verde, ou cando os paxaros apenas son paxaros. Vai ver o mar, ho, fai a godella un día, que os teus alumnos aínda farán festa se non vas. (^_^)

Sun Iou Miou disse...

Ui, perdón, fai a GODALLA quixen dicir.