domingo, 17 de fevereiro de 2008

A lamber paredes

En vista de que o dos microrrelatos non pretendía ser erótico senón case porno decidín experimentar e mandar outro texto. Non terei máis que facer?, dirán algúns. Pois teño. Pero un pouco tamén hai que enredar, cunha lingua ou coa outra: será que a teño bífida. Toda vosa.

Pé no conto
Ao primeiro fíxolle as beiras. Logo xa andaba coma un can tras ela, negro o día enteiro e a noite coma un burro, longa noite de pedra... mentres ela brincaba, amolecendo por dentro. El rozouna co trangallo, ela recuou a fumegar cara ao baño, entrou nun retrete e el atrás. Ela xemía baixo o son amortecido da música: férrama, chúzama, espétama. El debruzou a boca sobre a paxara papuda, lambeulla e ela gritou incontrolada. Cando a policía meteu pé no conto non lles quedou outra que mandar cadansúa gaiola no caldeiro para matar a fame.

15 comentários:

Jonas disse...

Que maravilha!!!!

Sun Iou Miou disse...

Obrigada, Jonas. Bem-vindo. E tu não terás um copito ai para mim? Não gosto de beber pela garrafa, mas pronto, se tem de ser...

Sun Iou Miou disse...

Ó, Rei de Lã: sei que vais precisar uma análise de texto, mas é só pedires (`_^).

Teté disse...

Língua bífida deve dar jeito... em alguns casos! ;P

Sun Iou Miou disse...

Sempre, Teté, sempre... ssssss! (^_^)

Rei da Lã disse...

Peço sim, minha senhora!

Anónimo disse...

Non entendin moi ben (é que son solteira; o digo por si pode disculpa-la miña inorancia), pero...¿non será que acabaron na cadea por MATAR A FAME?
Miss Tollo
PD: non te sintas nanecesidade de explicarmo. Os relatos curtos eróticos deben ser coma os chistes: se hai que explicalos...MALO

Sun Iou Miou disse...

Cando volvas pola aldea, Miss Tollo, pregúntalle ao Peludo da Gándara o que significa "lamber paredes", para empezar. Había que abreviar, que só entran 550 caracteres e nese texto andan case por aí.
A fame non a chegaron a matar a policía interrompeu o 'choioitus'. Le devagar, muller! Espero que polo menos saibas o que é unha gaiola nos seus tres sentidos: un deles equivale a caldeiro, o outro a cela para paxaros e o terceiro queda á túa imaxinación. Uf!

Ó Rei de Lã, a sua explicação vai ter de ficara para amanhã, que hoje já não posso coa minhalma.

Anónimo disse...

Xa votei, aínda que sabes que gostei máis do outro. e que un eche moi fisno

Esteee

Non estaría de máis que fixeras público algún baremo para acceder á plaza para a viaxe a venecia, digo eu, se queres levar a cousa con algo de transparencia.

por se quixeras ser transparente conmigo, direite que dou moi ben na punta da góndola cantando el "o sole mío". Tamén me lein varios libros de Donna Leon, e penso que sei donde atopar a comisaría de policía, que nunca ben mal. Tamén lein un libro sobre a idade media que contaba onde había unha casa de putas moi reputada (valga la redundancia). Pero, posiblemente, dende aquela, xa teña pechado.

Sun Iou Miou disse...

Posmo difícil, Couse, e mira que che tiña cariño. A ver:
a) gústame que me canten ao ouvido, a poder ser, baixiño, non a abanearse na punta... da góndola;
b)a comisaría de policía case que prefiro non a ver nin de lonxe, polo si ou polo non (en último caso, o comisario Brunetti pode ser un punto a favor);
c)non teño intención ningunha de ir a Venecia de vacacións para estar nunha casa de putas: para iso quedo no país, que che vén sendo o mesmo.

Gáboche o gusto desta vez, iso si. A min tamén me gustou máis o primeiro, se cadra porque a certas idades o único que nos pode producir un infarto xa é o touciño.
A coidarse!

Anónimo disse...

Ao mellor queres ir a venecia a facer o mesmo que aqui. Pois para iso te quedas e nos deixas o billete a os que o saibamos apreciar.

Sun Iou Miou disse...

Ai, Couse, pódoche asegurar que se fose a Venecia non faría o mesmo que aquí. Pero todo ten un prezo, se queres o billete. :P

Anónimo disse...

medo dasme
non sei se o que queres é un home obxecto ou un chico para todo, que teño claro que non é o mesmo. Pola miña parte, levo media vida de chico para todo, e soñando en exercer de e home obxecto, sobre todo pola dubida de se me ha gustar ou non.

á túa disposición para o que precisar, Sun.

Sun Iou Miou disse...

Unha corrección gramatical, señor Couselo, salvo que o comentario sexa realmente unha rexouba:
"á túa disposción para o que precisar" significa que eu, Sun, estou á túa disposición (de Couselo). Se era iso o que querías dicir, tamos pagos. Mas se o que querías era dicir para o que eu (Sun) precisar, debias era dicir "á túa disposición para o que precisares, Sun". Neste último caso, grazas. Se non, záfate.

Anónimo disse...

Queridiña suniou miou:
o da terceira aceptación de gaiola e o de lamber pareced xa o explicas hoxe: asunto resolto. Pero que penses que non entendo o de matar a fame... O xogo que pretendía era que na cadea soen acabar con hosos os que MATAN ¿non si? Mais debían estar "indultados" os que matan ao tempo matando a fame ^__^. Miss Tollo