terça-feira, 5 de fevereiro de 2008

Pola causa

Voume travestir de femia esplendorosa a ver se así os cociñeiros do Entroido das Carrouchas me serven unha ración de cocido no seu sitio, coa súa pataquiña, as súas verzas, a chouriza que non falte, un algo de galiña, cacheira, unhas febras de xarrete, unha lasca de touciño entre o pan e unha cunca de tinto con ou sen pintas, que vai a rego cheo. Logo mándolle un danacol e novos.

Isto, que parece que non, é un acontecemento histórico: desde os doce anos que non me disfrazo. Pero mira, hoxe estou de quiero.

15 comentários:

Teté disse...

Por uma boa causa, vale tudo! Ou quase...
Fica bem, nina! :)

Sun Iou Miou disse...

Um cozido sempre é uma boa causa. E causa também de muitos males... (`_^)

Anónimo disse...

Pois mira que eu pensei que te crecera o pelo todo de golpe.
Por certo, que para vestir de muller ben podías coller outro día, que o difícil onte era distinguir ás reinonas das travestidas. Con disfraz de home había poucos. Eu ía de normal, e nun momentiño que me puxeron unhas plumas no pescozo xa me colleron para carrexar unha ola de sopa para o torreiro.

Sun Iou Miou disse...

Ao final o do experimento das moscas borrachas vai ser certo.
En canto ao de que ías de normal... quixeras, que non fuches na túa vida, por sorte ou por desgraza.
Seguro que non caíches no perolo da sopa? Porque a miña unto de porco levaba fixo! :P

Rei da Lã disse...

Falta a broa...

Sun Iou Miou disse...

Bem-vindo, Rei, à vida ordinária. Tosquiaste muita ovelha?
A broa também não faltou, e quentinha, acabada de sair do forno. Hmmm...

Rei da Lã disse...

Elas é que me tosquiaram a mim! ;)
Nem digas mais nada, que estou com uma "daquelas" fomes!

Sun Iou Miou disse...

Se perdeste a lã, pelo menos não perderias o trono?
Pois olha que agora começa a quaresma (acho).

Rei da Lã disse...

A lã cresce-me rapidamente, qual barba...
Por favor, não me fales em tretas religiosas, que sou alérgico!

Sun Iou Miou disse...

Tu não és alérgico, Rei, és herético! Vais arder no inferno. Se calhar lá nos conheceremos (^_^).

Rei da Lã disse...

Brindo a isso!

O patrono da cristandade não disse que o reino dos céus será dos pobres de espírito?

Pelo que me dizes, já me safei de tal pobreza, já que da material não há meio de me livrar...

Raposo disse...

Vaia, vaia. E o colesterol, qué?

Sun Iou Miou disse...

Entón non sabes para que eran o danacol e mais a cunca de tinto? Man de santo, meu.

Anónimo disse...

Pois agora terás que contar o das moscha borrachas, que non o sei.

Pois non, non me cairon os untos na perola. a pena é que non me caira a orella, que tal e como que está a pitar pola túa culpa, máis me valía tela cocida para adormecela e que non sufrira.

Sun Iou Miou disse...

O das moscas borrachas é un deses sisudos estudos científicos que teño medio enfiado, pero é un tema delicado que pode ofender a miña sensibilidade.