quinta-feira, 20 de março de 2008

Seitura

Cada vez que toca segar a herba no eido, acórdome da señora dos amorodos (putaqueapariu). Hoxe tocou, como vai tocar de aquí en diante (preciosa a primavera) cada quince días, que se non despois é peor. De modo que este martes 19 de marzo, que entraba na categoría de día festivo na Galiza (non me pregunten por que, sóubeno esta mañá -non estou moi ao tanto do calendario laboral, pero explicaría, sen dúbida, a invasión que polo visto houbo de españolitos do lado de alá), rematei a película ás doce e púxenme con afán a facer barullo no barrio, que é superagradable delamuerte. Sen parar para xantar (almoçar, meus tugas) máis ca uns cereais con leite frío por non perder tempo, terminei aló para as seis e media. Mañá, cando saia a tomar o almorzo (pequeno almoço, os de sempre) para o meu cacho do Collón de Fontiela, pensarei que pagou a pena. Iso, se o vento, que anda algo alterado destas horas, non trae un día xélido.

Sem comentários: