quarta-feira, 13 de agosto de 2008

El é o culpable

De pequena fíxome soñar con ser espía. Primeiro púxenme a estudar alemán, pensando que era un idioma imprescindible para todo espía que se prece, pero morreu Franco e amoloume. Volvemos ser xermanófilos, polo que saber dicir subanestrujenbajen deixou de contar no currículo de superaxente. Entón pensei en estudar ruso, que xa me vía de axente dupla da KGB, cando aparece o Gorbachov coa perestroika, a desintegrar a CCCP e a botar abaixo o muro de Berlín e logo o Yeltsin acábame coas existencias de vodka: calquera paraba naqueles lares entre a friaxe e as correntes de ar. Decidín probar no sur, pola calor, e metínme no árabe: quedei nas clases de danza do ventre, que o burka me puña claustrofobia. E aí, necesitada de luz para curar tanta cegueira, virei os ollos para Oriente e puxen mans na caligrafía chinesa e claras de ovo na gorxa para mellor pronunciar os tons. Sometinme a unha intervención cirúrxica na que me amendoaron os ollos, tinguín de negro o pelo e corteino cunha cunca a servir de molde, adestrando sen descanso ata que logrei que me seleccionasen para participar nos Xogos Olímpicos na especialidade de patinaxe e derrapaxe libre. E para que? Como agora decidiron abrirse a Occidente en cuestións económicas, o dos dereitos humanos parece que llela abala aos gobernos e o choio de espía está en recesión.

O certo é que durante todos estes anos levei prendida aquela música nos ouvidos. Esta tarde cando a volvín escoitar o corazón batíame ao ritmo. Non desmereceu nada. Recoméndollela a todos os que teñen anos suficientes para recordala e aos que teñen tantos xa como para que se lles borrase da memoria. Farteime de rir e boa falla me facía.

Grazas, Teté!

____________
Só unha dúbida: o bolo amarelo no que disimulaban a bomba nuclear non sería este?

4 comentários:

Teté disse...

Ah, ah, ah, e assim se perdeu uma grande espia, quiçá uma segunda Mata Hari...

Tchsss e tanto sacrifício para nada! Será que se conluiaram todos numa conspiração internacional, para que a tua vocação fosse condenada ao fracasso??? Uns maus!!!

Rir é bom... (^_^)

Quanto ao bolo amarelo, só ele é que te pode responder...

Sun Iou Miou disse...

Ai, Teté, garanto-te que tinha dotes de Mata-Hari, só me falta o corpo, mas nada que uma boa operação não possa solucionar. (`_^)

O bolo amarelo acho que foi uma bomba mesmo. (^_^)

Boa noite, menina. Fica bem.

Tá-se bem! disse...

Ai a menina queria ser espia? ehehehe e eu queria ser detective.. looool

Lembro-me (vagamente) desta série, mas o que gostava mesmo de ver era Greta Garbo (fantástica!!) ;))

Quanto ao bolo amarelo é mesmo uma bomba, então se for consumido morno, ui ui! ehehehehehe

Beijo de boa noite :)

Sun Iou Miou disse...

Então o bolo é melhor consumido frio? Ah, agora entendo porquê sempre me faz mal. (`_^)

Beijo para ti, Tá-se bem!