terça-feira, 12 de agosto de 2008

Ouveos

Hoxe encontrei dous estudos fascinantes, pero vounos repartir en cadanseu texto, que en canto ven máis de catro liñas xa se me agonían.
Por unha banda, faise saber que xa se poden contar os ouveos individuais nas mandas de lobos grazas ao método elaborado na Universidade de Oviedo por un grupo de matemáticos, composto este por un número indeterminado de membros aos que non se pode, polo visto, aplicar o devandito método. Como dos ouveos de cada lobo se pode establecer un patrón mediante unha función denominada "chirp" (que parece máis chirlar de pardal ca outra cousa, pero quen son eu para criticar isto se nin fazer raíces cadradas sei?), depois o choio consiste en distinguir as partes do son captadas que son "chirp" (nin digo máis nada) das que son ruídos doutros animais, barullo de fondo ou resultado da actividade humana. A que fun didáctica? Vallo un mundo. Non mo agradezan que logo me empoleiro.
E dirán vostedes que para que hai que contar os lobos. Pois para cuantificalos. Pronto. Que todo llelo hai que explicar. A ver. A cousa é que contando os lobos pódese controlar as súas poboacións e tamén os posibles efectos que a presenza destes poida ter sobre o gando, ou sexa, que o gandeiro saiba se o seu oficio vai consistir en dedicarse á cría da ovella ou á cría do lobo. Ven como tiña o seu interese?
De todas maneiras, sospeito que o asunto vai máis aló e xa estou vendo que non tardan en pervertir o sistema para contar as persoas que asisten ás manifestacións, que nunca se poñen de acordo as partes. Claro que dubido que lles prestase tanta certeza ós profesionais dos medios de comunicación.

4 comentários:

Tá-se bem! disse...

Ai nem me fales em animais, que eu acabo de ter uma ninhada, que estou numa aflição que nem posso...

Beijooooo ;)

Sun Iou Miou disse...

Tiveste uma ninhada de quê? De abutres? Afinal estavas grávido mesmo? Isso passa por andares na igreja. Para a próxima ficas na cama a dormi-la.

Ai, tive de rectificar o comentário ao comentário: esqueci-me de te mandar um beso. Com carinho este.

Tá-se bem! disse...

Uma ninhada de gatos! Ai a minha vidinha! :(

Percebes alguma coisa de gatos??
Besosss :)

Sun Iou Miou disse...

Só entendo de tigres, ó Tá-se. Já fui domadora noutra vida.

http://istononeuncabare.blogspot.com/2008/08/laio.html

Gatos não são bichos que às vezes quando vão para a panela levam o nome de coelho? (Fui má, não fui? Não começas a odiar-me um bocadinho só? Isto é só o princípio. Posso ser muito mais cruel. Pediria-te para me ofereceres um, mas tenho três cães que são ainda piores do que eu.)

Beijo arranhento.