segunda-feira, 16 de março de 2009

Carta aberta ao Josito (un dos meus J)




























Sei que has de andar ao axexo, agardando ver o teu rostro aquí a navegar o mundo, na grande estrea da moto do domingo compartida aí co Condado, que exerceu de compás nunha excursión sen mapas nin GPS á procura dun pan de noces e pasas que non atopamos: non me obrigaras a posar nela, estabas aquí agora inmortalizado, con toda a mentira desenmascarada da miña cadea de transmisión presuntamente rota nun lugar no que nin sequera estivemos (claro, claro, tiña que ser a miña, escusa ideal da fráxil muller sobre tremendo cabalo, que ía incitar a conmiseración e que xustificase a túa ausencia na paparota do sangregorio).

Espero que se chegaste á casa san e salvo, non te quebrasen as pernas dunha paulada, que a próxima vez que fagas o cristo enriba da moto, no camiño a Covas, quero eu ter a máquina pronta, pois na retina non fío para fixar os dentes de envexa que me trabaron nas rodas. Ai... eu, que malamente solto unha man, se solto as dúas e me poño en pé había de aprender o que é voar e bater no asfalto nunha mesma lección. Tentada estiven, conste, á calor do viño verde que lle mandamos na despedida, a tomar algunha que outra curva en liña recta. Pero logo pensei que aínda nos queda moito muíño de vento que contemplar xuntos (se antes "alguén" a ti próximo non dita unha ordenanza municipal que prohiba a saída de motos do concello de Pombalnoseixo en días bonitos).

6 comentários:

Teté disse...

Como a carta aberta não me é dirigida, venho só acrescentar que devo ser tão boa aluna como tu: se fizesse de Cristo em cima de uma mota, também ia aprender a voar e a aterrar no asfalto... numa única lição! (*_*)

Beijocas!

Sun Iou Miou disse...

Mais valeu que respondesses tu, Teté, porque não tenho certeza que a pessoa à que vá dirigida a carta a venha a ler algum dia. Hehehe!

Mas se ele queria-me impressionar, conseguiu. Figura de cristo eu, só com os pés bem assentes no chão e sem pregos! (`_^)

Anónimo disse...

É demais para a minha idade...

Saudações senis do Marreta.

Sun Iou Miou disse...

Se me dizes que perceberas alguma coisa, Marreta, ia pensar que desaprendera de escrever.

Fica tranquilo, não é tanto senilidade tua, como puerilidade minha. He!

Tá-se bem! disse...

Pois, imagino como deve ser na patinagem... tssssss ;))

beijosssssss alados

Sun Iou Miou disse...

Ah, na patinagem a coisa é mais suave, mas mesmo assim, é primeiro pum-croc, croc, croc e depois tsssss!

Beijocrocssssss!