quarta-feira, 17 de junho de 2009

Oé, oé, oé...










Onte foi a gran final e varremos... o chan. Quedamos subcampións, despois dun rebumbio corpo a corpo e a rebolos en pista de verdade, escorregantemente gozosa, na que daba ata para facer xiros de 360º sen afociñar, sen saudades dese caucho pegadizo e ondulante no que xogamos —digo, nos esnaframos— acotío. Os desequilibrios (agás temporais idades que valían por vidas enteiras) foron escasos e non houbo mortos nin feridos graves (os orgullos libraron por sobrados), que xa é vitoria bastante.

______________
P.S.: E só agora me decatei de que falta un na foto. Se cadra xa andaba a rastro, que era o seu! (E non falo de min, podendo.) Deulle un significado novo á expresión "xogo sucio", abofé, que aínda a estas horas debe de estar de mollo.

Nota a navegantes: Lémbrolles a todos os que porfían en chamar a isto deporte (ou cousa) "brutal", que brutal é sentar fronte ao volante cada día; brutal é o fútbol profesional e 'aspirante a' (dentro e fóra do campo, entre xogadores e espectadores, e vai e vén brutal e obsceno de euros). Se con algo non brinco é co meu físico e a vida que contén, que bastante lle custa á S.S. conservarma. (`_^)

14 comentários:

Rafeiro Perfumado disse...

Porque é que estás à frente e não te ajoelhaste como os outros? :D

Sun Iou Miou disse...

Hihihi! Fala calado, Rafeirito, que levas com o stick nas trombas!

R.R. disse...

Falta falta... Pero o fotógrafo tamén sae na foto. Sae a súa mirada e tal...

Parabéns! (por sobrevivir a un deporte brutal como ese que practica)

Sun Iou Miou disse...

Brutal é a vida, meu caro R.R., e vai unha desprotexida contra os golpes do desamor e a senrazón, por non falar xa de trascendencias propias do lugar no que nos paren. Isto é brincadeira e a pericia, mais ca dando na bóla, demóstranse esquivándoa. (`_^)

Cando falo de que falta un, non me refiro ao fotógrafo -que ese era xogador retirado, consciente pai de familia-, senón a outro tolo coma nós.

Teté disse...

Epá, sabia que patinavas, mas não percebi que jogavas hóquei em patins. Gaita, não arranjaste nada mais fácil para jogar? Desporto duro e difícil, esse...

Mas gostei de te ver sorridente e retemperada, depois do enjôo da descida da "cabra"! (`_^)

Parabéns pelo lugar conquistado nesse campeonato.

Beijoca!

Sun Iou Miou disse...

A ti confesso, Teté, repara: éramos duas equipas só. As conclusões ficam para mentes inteligentes como a tua. (`_^)

O sorriso é sempre assim, quando estou nos patins, quando não claramente gargalhada de barriga ao ar... (Já diz o professor que sou a única pessoa que conhece que ri quando se espatifa.) E, sim, acho que curei o enjoo todo da semana passada (o físico e o mental).

sinistro disse...

Poida que faltase a pócima maxica dos galos nese equipo, non?

Sun Iou Miou disse...

Faltou, Sinistro, alguén que nos gravase en vídeo (quen se atrevía a perder diante dunha cámara?!) Ou que te apuntases ti, que es un furricoso.

A que son a brasa os patíns meus? (`_^)

sinistro disse...

Hahaha, son, son. Eran dun profesional do vigo stick jaja

Sun Iou Miou disse...

Son dunha profesional, Sinistro! Ou que son eu? Unha chaíñas?! (`_^)

Anónimo disse...

Mágoa non haxa por aquí un bon poeta: isto merecía unha epopea!

Sun Iou Miou disse...

Non me acirre os cans, Kaplan, que me pico. Non é pouco épico, non, lidar batallas pequeniñas co propio corpo, batallas que non son de matar, nin de morrer, senón de todo o contrario, de sentir o corazón a bater forte sen que rebente.

Vai, un biquiño, que hoxe estou cariñosa.

Anónimo disse...

Desculpe, que cometín un erro; SI hai poeta épico: vostede (fíxese no ritmo, lea, lea en alto e verá) :-)

Sun Iou Miou disse...

Foi o musitar das rodas dos patíns, o bater dos sticks na bóla e entre eles, a brisa que desprenden os corpos cando se cruzan... o que mo cantou ao ouvido, Kaplan.

Pare aí un segundo, que subo á mesa, engordo a voz e declamo. (`_^)