quinta-feira, 6 de agosto de 2009

As cicatrices do itinerario (VIII) Aquilo de que non se fala










Entrei en Setúbal coa intención de pasar alí unha noite só e marchar ao día seguinte, por iso decidín que era mellor buscar un hoteliño, onde puidese deixar a moto para pasear tranquilamente sen a casa ao lombo. Na oficina de Turismo, mentres agardaba vez, o empregado cantáballe a uns ingleses as marabillas da zona e aí decidín que quizais pagaba a pena prolongar a estada un día e esperar a que no norte escampase, que polo visto continuaba a chover. Instalada nun residencial xunto ao porto, dediquei o serán a pasear entre carteis que ofrecían choco frito pero preferín atacarlle a un toro de peixe espada acompañado dun Borba —tinto, ollo, que case me dá un ataque cando vin a camareira cun branco na man a piques de chuzarlle o sacarrollas! Pero a quen se lle ocorreu inventar unha bebida que ten cor de mexo de enfermo?

Erguinme moi cedo e fun dar un paseo a pé, até o mercado, as rúas que ían espertando, cafeciño con xornal e mapas. Logo tirei de moto pola Serra da Arrábida, con paradas continuas para tentar reter instantes, unha baixada ao Portiño, o Cabo Espichel, Sesimbra, as dúas vilas de Azeitão..., tan absorta na beleza da paisaxe, que até me esquecín de parar a comer. Xa á tardiña regresei ao hotel e despois dunha ducha fría para espallar, saín a cear algo. Encontrei un barcito un pouco retirado da primeira liña que me chistou e alí mentres esperaba que me trouxesen a xanta, ouvín a noticía do morto que máis ía dar que falar nas semanas seguintes. Tamén a min me ía morrendo algo por dentro —nin tan negro, nin tan branco: de entre medias, arcoirisado— e na tristura con que camiñei na noite, terminei nunha esplanada, fronte a unha infusión de cidreira, sen café por un vez, para escorrentar os espectros que poboan a vixilia.

E pronto, pouco mais hai que contar, fóra de que me encantou a vila e talvez algún día volva, quen sabe?, para probar o que quedou pendente: o choco frito.

25, 26 e 27 de xuño de 2009

6 comentários:

Rafeiro Perfumado disse...

Podes sempre encomendar por correio, a diferença não será grande! ;)

Sun Iou Miou disse...

Ápá, socé, que pouco poeta, Rrafe'rrete. Atão a paisagem e o sotaque setubalense na forrmam parrte do menu? Isso também se pode amandarr virre no pacote?

La queue bleue disse...

Pior fum eu que nem peixe comim; pizza tocou em Setúbal. (Porque era Setúbal, n era? ...)
Mas de resto, as (minhas) lembranças forom simpáticas e prelúdio doutras bem boas.

Sun Iou Miou disse...

LQB, está visto: Eu levei o peixe, tu as lembranças boas...

Tá-se bem! disse...

Não acredito que estiveste em Sesimbra e não avisaste!?? Gostaste da minha linda terra!? É tão linda não é?? :)

Deixa que parra a prróxima o choco frrito (como se diz em Setúbal) fica porr minha conta, ou se prreferrirres sarrdinha ou carrapaus! ehehe

Beijoooo amuado :| hummpfff

Sun Iou Miou disse...

Eu bem me lembrei de ti, 'Tá-se, mas foi tudo muito improvisado, nem tinha pensado chegar até aí, mas logo a mota foi me levando e até dei uma voltinha pela praia, por ver se alguém gritava o meu nome desde uma esplanada...

Na próxima vez que descer ao Sul eu aviso com tempo. Prometido.

E gostei muito dessa terra, sim, especialmente de Setúbal: achei uma cidade linda para viver (e não digo isso de qualquer sítio com mais de 1500 habitantes, olha.)