quinta-feira, 25 de fevereiro de 2010

Quinta das quintas, primeira parte









Hoxe estou nun día deses terribles en que de bo grado me desprendía do corpo se non fose a falta que me fai para tanta cousiña de nada. Non se enganararon no parte: estivo unha noite do demo e o demo non tivo outra cousa que facer que deitarse comigo na MIÑA cama! Uhhhhh! Aínda ben o tellado resistiu. Hai quen diga que no campo se dorme ben. Eu só durmo ben na cidade. Se puidese escoller, escollía vivir o día na aldea e na urbe as noites, durmidas ou sen durmilas. Na aldea, as noites, por escuras, deséñanse con barullos: que se os grilos no verán abafante de pedir correntes de ar coas orquestras de tanta festa montadas nelas e os mosquitos a zunir nas orellas; que se os cans porque rolda a raposa ou unha gata á xaneira (para quen nunca ouviu: gritos de raposa ou de gatos en celo son de arrepiar as carnes e os pelos que as cobren); o vento a rachar polo piñeiral adiante (harpa de arumes de que?!), as pólas dos eucaliptos que renxen; un coche que se espeta nun recuncho agochado co chundachunda a tope para amortecer o ñaca-ñaca... E cando, ende ben, acouga o desasosego, érguese o coro de aves solistas a disputar espazo acústico: pegas, melros, pardellos, galos...

Pena, digo, que teña tanta necesidade do corpo.

19 comentários:

R.R. disse...

Ta-póns. Véndenos en farmacias.

Ande que na cidade: o viciño de abaixo que ronca hiperdecibelicamente, o de arriba que deita ás cinco da mañá e estudia paseando, os coches que pitan porque o de diante tardou doce centésimas en arrancar logo do verde, o chuzas que volve das copas e berra onde está súa casa e, se vives perto dun simulacro rural (parque) os patos, as pegas... e todo iso sen contar con que hai as pombas con seu gruuugruuuu e os cans dos viciños que non saben que no piso se deprimen, etcétera.

Pese a todo: mal de moitos, xa sabe. Alá vostede se se dá por convencida se lle doe o corpiño.

¿E o demo que tal?

Digo eu... ¿Sería moito pedir dous corpos en vez dun e poder escoller, xa non cada momento, se non cada semana ou cada mes? Voullo consultar ó altísimo. Ese que xoga nos Lakers.

R.R. disse...

Por certo, a lúa taba case cheíña, así que bótelle como pouco nove días máis de festa da auga.

Sun Iou Miou disse...

Grazas, r.r. Acaba vostede de desenganarme. É que non hai como os recordos toldados pola desmemoria. Quedo a durmir na aldea para sempre xamais. De hoxe non pasa que merque uns tapóns.

A auguiña é moi boa. E xa facía falla unha rega. ;)

Kapikua disse...

Eu sempre preferi o campo à cidade (grande)

Como entendo essas noites, esta minha foi muito similar, com a diferença que não me apetece nunca desprender-me do corpo, apenas de 5 ou 6 kg dele que estão em excesso.

Sopro daqui um beijo ENORME mas silencioso...

Sun Iou Miou disse...

Se te doesse tanto como me dói a mim hoje, querias-te desprender, Kapik, nem que fosse até tudo retornar a uma normalidade menos dolorosa.

Eu até te aceitava uns quilinhos desses que te sobejam. ;)

O beijo passou por aqui, mas ia a tal velocidade que não tive tempo de apanha-lo.

Mando-te eu um SMUAC!! sonorosíssimo!

R.R. disse...

Pois mándolle eu outro smuak que ten só unha pata, así que ha de ir amodo.

Sun Iou Miou disse...

Smuaks con patas, don r.r.?! Onde os venden?

Grazas! Hei de llo pagar en inmerecidos eloxios! ;)

Teté disse...

Não durmo bem na cidade ou no campo! Mas quando durmo, nem o demo me acorda, mesmo que deitado ao meu lado. Nem a passarada, nem os acidentes da 2ª circular, que há dias que vêm em comboio, todos de seguida! Que só noto quando estou acordada...

O corpinho faz falta a qualquer um, infelizmente nem sempre corresponde ao que queremos fazer dele! Pior ainda é perceber que dificilmente vai melhorar... C'est la vie! :)

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

O tempo melhorou porque no mínimo é dia, Teté, e o corpinho lá vai indo também.

Mas já me convenceram entre todos de que na cidade não melhores garantias de sono profundo. Talvez deva recorrer ao malte seco! `_^

Kapikua disse...

manos-te outro com ABS para que não fuja como o outro :)

Sun Iou Miou disse...

Apanhado no ar, Kapik! Soube bem. ;)

Vai um ENORME para ti neste elemento da rede de transporte público transfronteiriça.

João Paulo Cardoso disse...

Podes soltar o corpo (ou até dançar com o Diabo)lá no "Eldorado".

Estão prontas a tocar 15 músicas chuvosas, roubadas ao i-pod de S. Pedro.

Beijos.

Sun Iou Miou disse...

Já dancei e enchi uma saca de café, JPC.

Que o Sanctus Petrus te proteja de chuva e vento...

Marreta disse...

Olha que na cidade também existe essa praga toda. Por exemplo, por cima de mim já tive urros, zurros, guinchos, zunidos e etc, e não vinham dessa fauna que relatas, mas de outros mamíferos embora irracionais.
Estou numa fase em que fazia as coisas ao contrário: dia na cidade, noite no campo. Sem dúvidas!

Saudações de um Marreta camponês.

condado disse...

Ya...

Sun Iou Miou disse...

Já estou convencida, Marreta. Rolhas nas orelhas! XDDDD

Sun Iou Miou disse...

Iso mesmo, Condado, xa-xa. :)

Anónimo disse...

Nun tempo tamén eu vivín no campo, e acordábame o bater da choiva no tellado, os paxaros, os grilos e toda a banda.
Agora vivo na cidade.

Sun Iou Miou disse...

Acordábano os grilos, Kaplan? Que vida de perdición e desenfreo... ;)

A ver se inventan rápido o teletransporte.