quinta-feira, 8 de abril de 2010

Apañei frío en Braga









Xa sei, é un chiste vello e vulgar, unha ordinariez que diría miña nai, ou que me di aínda desde as profundidades da nada.

Sexa como for, o certo é que ando cunha mona no seu sitio, é dicir, cos estragos sintomáticos de amorroamento que delatan a presenza dun virus a mais no meu corpo, por apañar frío domingo pasado tras asistir a unha misa pola resurrección da carne na Bracara Augusta. Quen disto deduza que fun abducida ao rego de sotanas e sagrarios, ollo, está tan enganado como quen creu que andei a plantar verzas nas leiras do feisbu. Son outros os altares ante os que me prosterno e me elevo. E veigas só a que teño en Toledo. Poesía á parte.

(Aleluia!)

8 comentários:

Anónimo disse...

Um passeio tão bonito e, apanhas com o frio que nunca mais nos larga.

As fotos estão bonitas! ;)

Beijinhos :)

Anónimo disse...

Mire que lle gustan os paradoxos e as inversións: vde primeiro resurrección e logo ponse a morrer cun virus, advirta que lle é ao revés e cunde máis.
(Do que non penso dicir mu é do seu chiste existencialista/bracarense)
Mellore, ande, e poña peúgas

Teté disse...

Aleluia, bem regressada do passeio a Bracara-Augusta.

Acho muita piada às tuas fotos, especialmente pelo ângulo inusitado que escolhes, nunca assim nada muito frontal e centradinho! :)

Beijoquitas e as melhoras para ti! (vírus são todos chatos, venham eles de onde vierem!)

Raposo disse...

Si, si todo o que tu queiras pero o que está claro é que colliches frio na igrexa: ou sexa, fuches á misa en roupa interior.
Non me extraña que despois algúns curas lles dea polos abusos sexuais.
Arredemo!!!!

Sun Iou Miou disse...

Obrigada, Fernanda. :)

Sun Iou Miou disse...

Eu sempre ando de peúgas, señor Kaplan, incluso en pleno verán, coma os guiris. ;) De nada me serviu esta vez.

A morrer a morrer tampouco estou. É un catarro de nada.

Sun Iou Miou disse...

As minhas fotografias só revelam o meu desequilíbrio, Teté. ;)

Sun Iou Miou disse...

Eu sempre vou en roupa interior, Raposo, e exterior. Pero non lle digo que non fose como vostede di: atravesei a catedral para atallar en plena misa cantada e quizá foi aí onde me apañou a corrente de ar. ;)