domingo, 11 de abril de 2010

E bendita química

O catarro de nada acabou mandándome onte á cama con febre, coitadiña eu, pero tampouco merecía outra cousa por desprezalo: partido de hóquei, sesión nocturna de cine-club (nin aguantei viva até o remate de Il divo*), moto para aquí e para alá, duchas de auga fría... Do único que me privei foi de cortar a herba, que continúa á vida dela, máis forte, máis alta, ríndose de min.

En calquera caso, os meus herdeiros que deixen de botar contas, que desta non vou para a cova: xa movo os dedos.

8 comentários:

couselo disse...

Polo que me contaron, se tiveras quedado ata o final da película podías resultar cauterizada. Non hai virus que aguente tal cousa. Tampouco hai garantías de que o cerebro o tivera resistido

ella disse...

A febre é síntoma de vitalidade. Plantalle cara ao catarro cunha infusión de regaliz. E coidache amiga.

Ana disse...

Oh pah, põe-te boa, boazinha, boazona!

Teté disse...

Já dizia o outro: quando a cabeça não tem juízo o corpo é que paga! E duche de água fria, nem no pino do Verão! Não admira que a erva se fique a rir...

Vá, agora é só teres mais cuidado, que isso vai ao lugar! :)

Beijocas e as melhoras!

Sun Iou Miou disse...

Non sei que che diga, Couselo. Nin o meu cerebro nin o meu corpo estaban en condicións de xulgar. E creo que vou tentar vela outra vez.

Sun Iou Miou disse...

Quen non se consola é porque non quere, Ella. Abofé que a febre é síntoma de vitalidade: onde se viu un morto ou unha pedra con febre? ;)

Tomo nota da infusión de regalicia. :)

Sun Iou Miou disse...

Ah, Vani, até parece mentira em ti. Eu estou boa boazona mesmo doentinha. ;)

Sun Iou Miou disse...

Vai indo, vai, Teté. Obrigada. :)