segunda-feira, 5 de julho de 2010

Nunha caixa de cartón










Atravesei o eido cunha laia e unha eixada. Escollín un lugar onde o sol chegase peneirado polas follas das maceiras no verán, ceibe e calidamente manso do inverno. E cavei. Cavei un buraco da medida dunha cadela pequena e teimosa: setenta centímetros de fundo, trinta de largo, de longo para aí sesenta. Tanta terra nunha morea.

Levantei a caixa de cartón do chan. Pesaba. Agachei e coloqueina amodo. A herba sabíame húmida nos xeonllos. Este ano ou non hai mosquitos ou fíxenme inmune ás picadas, reflexionei. Nunca imaxinei que a primeira padexada de terra fose resoar así contra a tapa da caixa de cartón. Foron outras logo, ningunha igual ca a primeira. Calquei suavemente cos pés.

Axeitei tres pedras enriba.

Atravesei o eido. Gardei no alboio a laia e a eixada. Era case noite xa. Nunha noite de inverno, lembrei, hai catorce anos, cheguei á casa cunha caixa de cartón e unha mincha de cadela dentro.

19 comentários:

Teté disse...

Ai, SUN, é sempre um grande desgosto! Por mais que existam outros cães, a sensação não deixa de ser de perda...

Uma beijoca para ti!

condado disse...

Vaia... Non esquezas de ter un Tintin a man para saber cómo lle vai... Vaia...

r disse...

Um beijo, María.

Sun Iou Miou disse...

Obrigada, Teté.

Sun Iou Miou disse...

Vaia, é iso, Condado: vaia.

Sun Iou Miou disse...

Outro, Rosa, outro beijo, que um já foi dado.

Kapikua disse...

posso falar apenas das picadas? (o resto é muito triste...)

dizes tu que este ano não há mosquitos e vim eu de férias cravadinho de picadelas desses seres?

Até parece que tenho outra vez varicela!

Beijo

Marreta disse...

R.I.P.. 14 anos de Ideafix e bastantes mais de recordação.
Quando o meu Gerónimo (gato dentes-de-sabre) se finar não saberei onde o enterrar, se calhar ainda irá ele enterrar-me a mim.

Saudações do Marreta.

Kapikua disse...

Falo apenas da parte dos mosquitos (todo o resto é triste...)

Estive de vacaciones e venho delas com o corpo cravado de bexigas devido às picadas dos mosquitos. Desconhecia que tivesse um sangue tão jeitosinho!

Beijo enorme

ella disse...

Ay! no quiero ni pensarlo. Tan guapo...

Anónimo disse...

Veño facer compaña, eu que non vou ós enterros...

Sun Iou Miou disse...

Não digo que não, Kapik, só pergunto. Porque a mim sempre me picaram e esta é uma zona em que há muitos, mas este ano não levo nenhuma picada, o que me leva a pensar que me imunizei ao veneno.

E falando em venenos, vai um beijo.

Sun Iou Miou disse...

Ao menos vais ter quem te enterre, Marreta. Fica-lhe grato. ;)

Sun Iou Miou disse...

Guapa, Ella, e aínda que non pareza na foto (cara de santiña ten!), muita mala baba, como a dona. (Ya estoy añorando sus gruñidos.)

Sun Iou Miou disse...

Pois nada, setesoles, colócate aquí á sombra, que está isto que rachan as piñas.

Ti non vas aos enterros e eu ultimamente non deixo de ir. Noutra época diría, facendo un chiste, que é sempre mellor ir a un enterro antes que nos leven, pero agora xa non sei.

sinistro disse...

Unha caixa non ten espazo para 14 anos, sempre deixan cousas fóra.

Saúdos

Sun Iou Miou disse...

Claro que quedan cousas fora, sinistro, case todas. Na caixa apenas colle o corpo.

mourave disse...

Ui, a pequenininha... que eu ainda pensava em vê-la.

Sun Iou Miou disse...

Pois, Oscar, não resistiu até o teu regresso.

Já fizeram contas dos quilómetros de amigos que levam percorrido?

Beijo transatlántico