sexta-feira, 15 de agosto de 2008

Hecatombe










Anunciáraa desde o proprio principio. Virá un día, dixo o profeta, en que amencerá noite, onde as promesas se tornarán ocas e da esperanza restará apenas un ermo abrasado. A xente, porén, imaxinaba que aquela catástrofe se produciría con moito estrondo e renxer de vidros triscados nas enxivas, con moribundos xementes a arrastrarse chagados, bebés arrancados do peito das nais e lobos de ollada adoecida que baballan escuma sanguinolenta a roldar polas aldeas. Inxenuos! Aquel serán a lúa asomou chea e luminosa, contáronse relatos de princesas liberadas e xogouse á wi en familia, como se tal cousa. As beatas nin foron confesar, os maridos non ofreceron rosas ás mulleres, non houbo fillos que murmurasen un simple quéroche aos pais. Non obstante, cando as alarmas dos espertadores tocaron á mañá seguinte, no lugar onde antes había horizonte, apareceu un cartel de “Fechado por tempo indefinido”.

________________
Nota banal: Detesto as renovacións vía internet dos anti-virus.

quinta-feira, 14 de agosto de 2008

Ó ti Jonas!

Estás a pensar em deixar derreter o gelo? É só trazeres os copos. O resto põe a casa.

Se não gostas desse whisky tens aqui mais venenos à escolha:

Demora o tempo que precisares. A gente aguarda, que cá há água (nunca a mesma) para produzirmos gelo sem fim:

E se terminarmos o bolo, lá o Tá-se bem!, enquanto muda as fraldas aos gatinhos, faz outro.

Mas não deixes ficar assim o Kapikua, meu!


Isso não se faz! (E menos abandonares o Desassossego nas mãos de falsificadores de bolsas!)

Sun Iou Miou

E milhões de assinaturas mais, no mínimo

quarta-feira, 13 de agosto de 2008

El é o culpable

De pequena fíxome soñar con ser espía. Primeiro púxenme a estudar alemán, pensando que era un idioma imprescindible para todo espía que se prece, pero morreu Franco e amoloume. Volvemos ser xermanófilos, polo que saber dicir subanestrujenbajen deixou de contar no currículo de superaxente. Entón pensei en estudar ruso, que xa me vía de axente dupla da KGB, cando aparece o Gorbachov coa perestroika, a desintegrar a CCCP e a botar abaixo o muro de Berlín e logo o Yeltsin acábame coas existencias de vodka: calquera paraba naqueles lares entre a friaxe e as correntes de ar. Decidín probar no sur, pola calor, e metínme no árabe: quedei nas clases de danza do ventre, que o burka me puña claustrofobia. E aí, necesitada de luz para curar tanta cegueira, virei os ollos para Oriente e puxen mans na caligrafía chinesa e claras de ovo na gorxa para mellor pronunciar os tons. Sometinme a unha intervención cirúrxica na que me amendoaron os ollos, tinguín de negro o pelo e corteino cunha cunca a servir de molde, adestrando sen descanso ata que logrei que me seleccionasen para participar nos Xogos Olímpicos na especialidade de patinaxe e derrapaxe libre. E para que? Como agora decidiron abrirse a Occidente en cuestións económicas, o dos dereitos humanos parece que llela abala aos gobernos e o choio de espía está en recesión.

O certo é que durante todos estes anos levei prendida aquela música nos ouvidos. Esta tarde cando a volvín escoitar o corazón batíame ao ritmo. Non desmereceu nada. Recoméndollela a todos os que teñen anos suficientes para recordala e aos que teñen tantos xa como para que se lles borrase da memoria. Farteime de rir e boa falla me facía.

Grazas, Teté!

____________
Só unha dúbida: o bolo amarelo no que disimulaban a bomba nuclear non sería este?

terça-feira, 12 de agosto de 2008

Invisibilidade

O outro descubrimento, como non podía ser doutra maneira (debíame meter na política con estas frases que me saen de dentro, dos sangumiños mesmo), realizouse na Universidade de Berkeley dos Estados Unidos de América. Trátase dun material que non se ve. Si, si, leron ben e interpretaron mellor: un material que non se ve.
E para que?, dirán se non son capaces de gardar silencio (e se non o din dígoo eu, que por algo son a autora deste caderno), se á xente o que lle gusta é o material que se ve, mesmo que sexa falso, mesmo que sexa un espellismo, aínda que sexa á custa dunha hipoteca a cincuenta anos? O fundamental aquí e na China é acopiar material que se vexa, canto máis rechamante mellor. Non hai máis que recordar o conto de O traxe do emperador, que o pimpín comprou un material que non se vía e a primeira de cambio quedou en pelota ante o persoal por culpa dun lerchán dun cativo.
Pois parece mentira, de verdade, tanta inxenuidade nuns lectores avisados como quero supoñer que son os meus. Nunca viron películas de espías? E a célebre capa invisible de Harry Potter coa que tantos millóns de nenos (e até eu, que non o vou negar aquí entre nós) soñaron? Pois resulta que este xénero (que é unha palabra que imaxino sempre en forma de chuchas, porque era como denominaban os vellos na miña aldea castelá as tetas) ten un índice de refracción da luz negativo, o que quere dicir, mentes obtusas, que non absorbe nin reflicte a luz, e así, como por arte do que sendo física parece maxia, é invisible. A min, como son media galega, tamén me dá medio que desconfiar. Porque pode pasar coma no conto devandito, que digan que inventaron un material que non se ve porque é invisible e o que inventaron foi o carallo vinte e cinco. Pero calquera llelo desmente a estes, que che plantan unha guerra no eido por menos e aínda todos cheos de razón. Aos fantasmas, xa se sabe, mellor non provocalos.
En todo caso, se lles désemos un voto de confianza, nin queiran imaxinar o que poderían facer co tal invento. Cousa boa non, iso fixo. A min xa me está a entrar paranoia.

Ouveos

Hoxe encontrei dous estudos fascinantes, pero vounos repartir en cadanseu texto, que en canto ven máis de catro liñas xa se me agonían.
Por unha banda, faise saber que xa se poden contar os ouveos individuais nas mandas de lobos grazas ao método elaborado na Universidade de Oviedo por un grupo de matemáticos, composto este por un número indeterminado de membros aos que non se pode, polo visto, aplicar o devandito método. Como dos ouveos de cada lobo se pode establecer un patrón mediante unha función denominada "chirp" (que parece máis chirlar de pardal ca outra cousa, pero quen son eu para criticar isto se nin fazer raíces cadradas sei?), depois o choio consiste en distinguir as partes do son captadas que son "chirp" (nin digo máis nada) das que son ruídos doutros animais, barullo de fondo ou resultado da actividade humana. A que fun didáctica? Vallo un mundo. Non mo agradezan que logo me empoleiro.
E dirán vostedes que para que hai que contar os lobos. Pois para cuantificalos. Pronto. Que todo llelo hai que explicar. A ver. A cousa é que contando os lobos pódese controlar as súas poboacións e tamén os posibles efectos que a presenza destes poida ter sobre o gando, ou sexa, que o gandeiro saiba se o seu oficio vai consistir en dedicarse á cría da ovella ou á cría do lobo. Ven como tiña o seu interese?
De todas maneiras, sospeito que o asunto vai máis aló e xa estou vendo que non tardan en pervertir o sistema para contar as persoas que asisten ás manifestacións, que nunca se poñen de acordo as partes. Claro que dubido que lles prestase tanta certeza ós profesionais dos medios de comunicación.

domingo, 10 de agosto de 2008

Vanitas vanitatum, et omnia vanitas










Andava eu a precisar dum pedaço de papel para enxugar as lágrimas.

Obrigada, Tá-se bem!



______________
Repare-se que ele estava sóbrio essa noite, razão pela qual a bebedeira não lhe vai servir de atenuante.

Títere com cabeça










Afinal talvez escrever seja
simples.
É.
É enfiar letras,
de
uma
em
uma,
até formar uma palavra,
a palavra:

a palavra desejada.

Depois é só continuar para a frente:
enfiar palavras até formar uma frase.
A frase.
Distanciar-se,
como quem contempla a frase doutrem.
Recolocar cada palavra no lugar certo,
como se a frase fosse própria.
E libera-la após corroborar que é

a frase desejada.

Escrever, pois, não tem complicação nenhuma.
Abrem-se os olhos para dentro
e a gente despe-se,
ou abrem-se para fora
e a gente inventa-se.

Difícil é ler e interpretar, responder ou calar.
Mais difícil ainda é ler e interpretar as respostas.
O mais difícil mesmo é ler e interpretar os silêncios...

e continuar a escrever como se fosse fácil.

sábado, 9 de agosto de 2008

Em terreno resvaladiço










No dia em que passei de patinhar a patinar não fui mais engraçada a escorregar mas a própria graça a deslizar.

Nesse mesmo dia deixei de cair em graça e desgracei-me.

sexta-feira, 8 de agosto de 2008

Sedución

Contemplando a auga fixamente
vexo escrito nela o eme do meu nome
que me acena nas ondas e me tenta
nun murmurio co sosego que me falta.
Imaxino o seu contacto suave e morno
-calidez das túas mans inalcanzables.
Abro os poros e mergullo o corpo inane,
que se deixa penetrar do seu misterio
lá no fondo.

Bronzeado






Mobiliário urbano
Urbanita imóvel

Paradoxo ilógico





É substantiva
esta dor
sem adjectivos.

quinta-feira, 7 de agosto de 2008

Laio

Teño un tigre dócil que me habita:
aliméntase de penas e de bágoas,
crécese na sombra que me engole,
encóllese na alba que me abala.
De día dorme manso coma as ondas;
ás noites lambe as patas, pule as uñas
e amola a dentadura no meu peito
armado en desacougo engaiolado.
Ten cama en min, ten pasto e fonte, alento,
non ten é horizonte en que soñarse
en carreira de negros e amarelos.
Son súa como é meu o fungar triste
do seu lamento rouco, dos seus ecos
de besta domeada, acomodada.

quarta-feira, 6 de agosto de 2008

A velha polaca. Capítulo II

A estória que com o título genérico de A velha polaca aparece neste blogue é a cara autêntica dos relatos apócrifos que foram aparecendo no extinto Desassossego (daquela A Guerra Aberta) atribuídos a um tal ti Jonas, um idoso tresloucado que perdeu a memória junto com os dentes. Todas as personagens existem ou existiram, dum jeito ou doutro, e os casos que nela se narram são realidade nua e crua. E já agora, quero ver quem é o bonitão que me põe queixa em tribunal!

Estava era feliz aquela manhã. Acho que já alguém o tinha dito. Um dia espantoso pressentia. O pequeno-almoço fora bom: restos de havia uns dias que lhe arrecadara a cozinheira -que bela mulher!-, com o seu toque bolorento. Vejamos se não desandava, que essa era outra, que se lhe criara o estômago delicado de tanto o alimentarem a poder de calhaus insulsos. E agora o passeio, xiça! Pode-se pedir mais no mundo? Logo que a viu com os sapatos de salto alto e o casaco de meia-estação, desatou a pular da alegria. Além disso, a olhada dela não o confundia, como absorta, os movimentos mecânicos, guardava o telemóvel e as chaves na bolsa. Era rua, rua, rua! E até talvez se achegassem ao jardim. Farejava que sim, hoje era mesmo, que o senhor levava dias sem dar sinal de si, e isso era visita certa à Cordô. Praia esperava que não, que o mar, às vezes, quando se punha bravo, ó caraças, era de respeito. E depois as danadas das areias, a se lhe ficarem nos olhos, nas orelhas... Sempre acabava a pedir colo. Uma poça de lama isso era diferente. Mas não estava com ar de querer chover. Então? Sai a gente ou não sai?
Ao dobrar a esquina levou com a rajada nas ventas. Glória bendita! Como ele gostaria de ficar a morar lá. Invejava aqueles gatos sempre em volta das lixeiras. Tomara ele essa vida... Não se lamentava, atenção, que não era mal-agradecido, que a jaça dele não era coisa de menosprezar -todavia, não lhe agradava aquela teima em lhe mudarem tanto o cobertor, com aquele fedor a química que lhe provocava espirros de contínuo- e a janta não lhe faltava. Mas, olha, ainda havia de imitar o senhor, sumir para aí uns diítas e fazer a corte a uma cadela que lhe enchia o olho, de ali da vizinhança, que já quase lhe tinha esquecido a última queca que dera, com aquela do pedigri, que porfiou a ama e teve de cumprir pelo que-não-seja. E logo como quer que os gatos sempre arrebentam as sacas (que a criada põe-se é levada da breca quando vê a ciscalhada e roga praga para eles uma semana), até podia lamber uma espinha e ir arranjando. E que viessem na procura dele, como faziam com o senhor, tudo beijinhos e afagos, vá, Tisco, malandrecas, para a casa, ai criatura, coisinhamailinda. E daí? Não tem a gente direito?
Ah, não, de jardim nada. Pópilas! Ião à do xôtor Segismundo. Que louvaminheiro o gajo, sempre com a cabeça ao rés do chão, que deve ter a coluna feita um sete. E mesmo assim, no outro dia quase o esborracha, que se não lhe joga a boca à canela, a esta altura via-se empalhado em cima do televisor, como a raposa; ou ao pescoço como o furão que leva no inverno a ama de passeio, que chama de estola de visão, e não é nada, acham que não sabe a gente distinguir um bicho do outro? Lá vinha a abrir a porta, nem que levasse um foguete no cu. Se calhar nem sabe que abre só, mil vezes tinha entrado ele ali: toca-se na campainha e abre-se, como a da casa, aos domingos, quando não está o Arturo, e puxa o fio desde o sótão o melindroso do Paulinho. Podiam era terminar logo, que não percebia o que viam nesse lugar... fora o fícus aquele. Olha, foi pensar na planta e veio a vontade a apertar.

terça-feira, 5 de agosto de 2008

Cinco estrelas, três estalos










Esta noite o Condado agasalhou-nos com uma deliciosa truta tamanho familiar pescada por ele no Fúrnia (abençoado rio). Houve também paio galego cozido com batata do Piornedo português, acompanhado por um tinto borgonha que trouxe o Ourensão-da-Bélgica e mais um riojita que não eram nada maus. Afinal o J dos morangos ofereceu de sobremesa doces de gema (de gema mesmo!) de La Bañeza, León... E como o prometido é devido, na hora dos cafés apareceu sobre a mesa um malte afumado com a maioridade atingida e recém-vindo da Escócia, atenção!, elaborado e bem elaborado no Japão. Nem digo mais nada.

Talvez não acreditem, mas durante um segundo e meio até me deixei iludir pensando que era feliz.

segunda-feira, 4 de agosto de 2008

Experimentação... em português?

Tentativa de tradução ou assassínio
duma estória em clave
que nunca deveu ser imaginada

A velha polaca. Capítulo I

Novela em fascículos (para não acumular trabalhos no pessoal),
escrita em compasso de duas
em duas mãos

A senhora Bukovski saiu cedo aquela manhã. Estava preocupada. Não devera, era sempre o mesmo, mas não podia evitar o desassossego. Três dias passaram já, com as suas noites, e as temperaturas desceram muito. Abanou a cabeça ao de leve e olhou para o Tisco, o Yorkshire anão, que caminhava feliz ao seu lado.
—Primeiro vamos ao banco —disse— e depois damos é uma volta, vemos de o encontrarmos.
Ao cão pareceu-lhe bem.
A sucursal não ficava longe. Era na mesma rua, um bocadinho mais adiante. Nem lhe fez falta tocar na campainha, que já o director a viu desde dentro e acudiu, todo feito reverências, a abrir.
—Lambecricas —fungou ela, surpreendida ao se ouvir pronunciar aquela palavra que pouco condizia com a distinção que emanava o seu aspecto. E sorriu.
Eram muitos anos no país já, desde que aos vinte e tal, durante uma excursão a Polónia, a namorara aquele português paroleiro, podre de grana e bastante mais velho do que ela, apesar do seu empenho em parecer mais novo. Casou aos seis meses, após lidar contra a desconfiança do pai, e nunca se arrependeu, pois tratara-a como uma rainha até que deu em desvairar, coitado. Porém, na memória das suas raízes não renunciara ao apelido e ele, gozão, sempre a chamara "minha velha polaca", enquanto ela lhe correspondia com um risonho "meu rapaz".
(Continuará...)

__________________
Assim percebe-se alguma coisa ou tambén não? Digam-lá, não vou ficar traumatizada. Já estou.

A covardia

Hoje, sei eu lá porquê, não me sai isto da cabeça.

Para todos, ó pessoal, melhor semana da que intuo para mim. (`_^)

domingo, 3 de agosto de 2008

Hai mil anos










Como era o mundo antes da ponte? Practicamente non hai día que non a cruce. Para dar un paseo matinal en bici de puro domingo, para tomar o(s) café(s) da sobremesa, para patinar, para deitar a mirada no río á anoitecida...

Tal día coma hoxe de hai mil anos, todo As Carrouchas estaba na romería de san Lourenzo. Todo As Carrouchas, menos eu (exactamente igual ca hoxe), que decidín cruzar coa cadela no transbordador. En maldita hora, porque se avariou e deixoume tirada da marxe de alá. Ao final, coma sempre, chamei ao Condado para que me fose rescatar, pensando que aparecería coa gamela polo río, pero non se lle ocorreu cousa mellor que vir na moto, para aí uns 60 km entre ida e volta.
Pena que non quedase constancia da expedición, os tres na burra: a Ula botou todo o camiño a tentar chimparse en marcha, eu a termar dela cunha man mentres coa outra me agarraba, pregando ao deus ao que pregan os agnósticos (polo si ou polo non) en casos de desesperación extrema que non nos cachase a policía de tráfico.

sábado, 2 de agosto de 2008

Ó malta, o malte!










Está-se a ouvir falar por toda a parte da descoberta de água em Marte. E não! Não é simplesmente água, é mas é água solidificada: gelo!!! A próxima festança, a gente vê-se lá no alto. É só levar o whisky, ó malta, de malte.

E já não há escusas.

sexta-feira, 1 de agosto de 2008

O sorriso amargo

Levo dois dias a mijar a rir, ou rir a mijar, sei eu o quê -desculpem a vulgaridade mas estou menopáusica- com o livro que tento corrigir. Se eu mandasse, ordenava queimar os dicionários todos de sinónimos e enchia de vírus os correctores ortográficos. Felizmente para os grandes autores da nossa literatura, não mando nada.

Ah, e proibia os adjectivos. Sem mais nem mais.

E sim, depois disto, fica-me a boca contraída e não sei se me sinto bem ou mal de sentir tanta maldade dentro de mim.

Estudo en profundidade

Velaquí outra proeza científica digna de nota. Resulta que grazas a un aparello ao que chaman "Periscop" -ao que eu con mais tino chamaría "Pocsirep"- argallado na Universidade de Pierre et Marie Curie de París da Francia (non o do film de Wim Wenders), lograron capturar vivos! tres peixes que habitaban a 2.300 metros, que se di logo. O trebello este componse de tres compartimentos, nun dos cales se simulan as condicións do medio mariño utilizando auga a presión en lugar de auga con gas... E aquí que perdoen a miña ignorancia, pero descoñecía que as augas das Pedras Salgadas tivesen tales utilidades. A próxima vez que beba unha, heime de fixar, non vaia haber bicharada na botella.
Segundo o responsable da investigación, capturar con vida os animaliños supón unha gran vantaxe sobre capturalos mortos, á hora de estudar o seu comportamento. Aí estou con el, porque estudar o comportamento duns peixes mortos ten que ser soporífero. Non sei xa o que opinarán as criaturas, que nunca ninguén lles pregunta nada.

En fin, polo si ou polo non, a próxima vez que toque fondo, vou andar de olho, non me vaian pescar cun "Pocsirep" deses.