sexta-feira, 14 de setembro de 2007

Insecticida

Acababan de servirnos a cea pero aínda non botaramos mans ás fontes, que somos xente fina e educada. Entón un coleóptero infeliz (críase moi feliz, porque non sabía o que o agardaba) deu en pousar na mesa, quen sabe se atraído pola comida ou pola brancura do mantel. En mala hora. Jacques estirou o brazo e coa man estendida zoupoulle unha palmetada que o mandou ás patacas. O silencio era tenso. Non se oía zoar unha mosca nin bicharada ningunha (Calquera, dirían, non te xosca!). Entón, o asasino de coléópteros sentiu necesidade de xustificarse:
-Perdón por matalo...
'Coita, pensei, o ser civilizado contra o ser primitivo recoñece a atrocidade. Pero a frase non rematara.
-...enriba da mesa.
Veume coma un relampo á cabeza a imaxe do Karim (oríundo da mesma cidade da Europa de aí arriba na que o asasino de coleópteros vivira ata hai ben poucos anos), outra noite, en Vila do Conde, a escorrentar mediante o aire que sacudía co dedo maimiño, sen rozalo sequera, un mosquito mínimo (milímetro e medio escaso) que pousara na vitrina do local onde se celebraba o Festival de Curtas.

Claro que todo ten a súa explicación: Jacques, vén sendo Iago, Sant'Iago, célebre matamouros (e si, o coleóptero, na cor cando menos, algo de mouro tiña). Karim, manda truco, significa xeneroso.

6 comentários:

Teté disse...

Ah, pois é, mas bicharada dentro de casa ou à mesa do jantar, pois também dispenso. Na rua sou capaz de me desviar para não pisar uma formiga, mas em casa uso tudo ao meu alcance, viro perigosa exterminadora - como o Shwarzenneger...

Nice weekend!

Sun Iou Miou disse...

E ainda, já vais ver, vem mais bicharada à frente. Mas esqueci de apontar que não era o bicho quem estava no nosso território; invadíramos nós o território dele, que estávamos a jantar em baixo das sobreiras.
Obrigada, a fim de semana foi boa. E já agora, boa semana para ti.

Lúa Neghra disse...

A min sempre me pareceron atroces os insecticidas, eses cacharros eléctricos que friten as moscas e o peor de todo, esas fitas pegañentas onde quedaban as pobriñas agoniando... Nunca fun quen de matar becho ningún. Agora, na miña casa hai un insecticida natural con catro patas, rabo e bigotes, e aí xa non dou gobernado...

Sun Iou Miou disse...

Lúa, lúa, non está nada ben descargarmos noutros as responsabilidades. Muller, no das grellas eléctricas onde morren chamuscadas as moscas e as fitas pegañentas douche a razón. É como ir ver como frixen na cadeira eléctrica un cata ou gozar a mirar como podrece o aforcado pendurado ao vento. Eu tamén non mato os bechos, pero deixo as arañas que os despachen por min. Moscas fóra (e cascudas -as 'baratas'- se as tivese, que felizmente non é o caso) pero é um combate a man ou pé (ihhh, que noxo!), sen armas de destrución masiva.

Teté disse...

Pois, aranhas também deixo ficar e já tive um gato que também me deu conta do serviço durante longos anos.

Agora melgas e mosquitos dentro de casa? É de spray em punho ou à chinelada...

Jinhos

Sun Iou Miou disse...

Afinal vai ser que todos levamos um assassino dentro, embora selectivo. Vou ter que falar um dia em violência gratuita.