quinta-feira, 13 de setembro de 2007

Mola mola

-Como mola!
-Mola mola!

Iago e os colegas fliparon cando desde a pesqueira viron vir a aboiar polo río unha solla XXXL, isto é, un Tiá, bichopeixe!, traducido a linguaxe que entenda a criallada. Sen sabelo acababan de chamar polo nome científico ao peixe lúa (Mola mola). Ata o lugar desprazouse unha unidade da policía local, alertada polos efectivos de protección civil: disque tiña aleta de quenlla. Quen lla viu?

Sometendo a interrogatorio telefónico ás autoridades científicas na materia, concluiron estas que non é que ao suxeito -animal mariño de sobra coñecido no ambiente- lle dese a arroutada de se virar anádromo, senón que ben pode ser que morrera de choque osmótico ou de choque contra as redes dalgún pesqueiro que o rexeitou (mesmo dando o tamaño mínimo legal esixido). Para min que aquel día os do Vento Mareiro II andaban aos Rolex.

7 comentários:

Teté disse...

Sun, não te zangues comigo, que estou farta de rir contigo (não de ti, note-se!), mas não entendo metade do que dizes. Posta em espanhol, inglês ou francês, que aí vou-te entender melhor.

E o mola mola vi ontem no Oceanário, há coincidências do caraças!

Jinhos, companheira bloguista!

Sun Iou Miou disse...

Não me zango nada, Teté, e obrigada pela visita (acaba de ganhar você uma viagen às Caraíbas como primeira comentarista do blogue, reclame à gerência), mas, olha que eu podia postar em tantas línguas e fui escolher esta língua minoritária que nin sequer é a minha materna. Tenho cá um conflito de interesses. Pensa que eu podia postar em chinês e atão? Quem entendia nada? Os chineses, sim, mas quem se importa com a opinião da massas?
Tranquila, que seguirei a navegar pelos tugablogues.

Sun Iou Miou disse...

E este é o link desta:

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3112_3_163383__Comarcas-Aparece-ejemplar-luna-veinte-kilos-peso-Goian

eue disse...

Estes científicos son a bomba. Cos nomes latinos dos bechos sempre me acorda unha frase de Woody Allen:

-Encántame Bora Bora. Ben, polo menos unha das "Boras".

Boas vindas.

Lúa Neghra disse...

Son simpáticos, si, algúns nomes científicos. A min encántame 'pica, pica'... Nada que ver cos pós, é a péga.

Sun Iou Miou disse...

Entón a lúa tamén por cá asoma? Vinde vindo, vinde vindo, que eu tamén me vou andando. Os nomes científicos é o que teñen, que son científicos e están postos con método. Imaxinade que o deixásemos nas mans de quen perpetra contra os fillos unha misel ou un llonatán da vida. De paxaros hai á esgalla: Bubo bubo, Anser anser (non é quen vós pensades), Apus apus. É sempre o que representa o xénero por excelencia. Por iso ata morto mola o Mola mola.

Lúa Neghra disse...

Hahaha, pobriños dos ánsares que dende aquela quedaron marcados de por vida. Será por iso que teñen tan mala hostia as gansas? A abuela do eue chamáballe "Andás" a ese ganso en que todos pensamos.

Tería coña tamén escoitar a Juan Pardo "apus apus joven que volóooo"...