sábado, 29 de março de 2008

Alá foi o que a Sun Iou fiou

Meus queridísimos, quedamos sen viaxe a Venecia. Aínda ben, temos o premio de consolación de noso, que é vivir en casa rural propia. De modo que como nin por votación nin por sorteo tivemos os astros da nosa parte, non podo senón vos ofrecer un cuarto coas paredes lambidas e uns torresmos con tinto.

Sempre nos quedará Aveiro.

15 comentários:

Anónimo disse...

A estas alturas xa nin cremos na xustiza. Pero non te preocupes. Búscame unha piragua longa, ou un carocho estreito, séntate nun extremo que eu farei contrapeso no outro, e non me fagas nin caso mentre eu canto o que me pareza. Xa me inspirarei na ducha.
navegaremos polo ariño, pola regueira ancha, ata quedarem atuidos no regueiriño de san Miguel.
O difícil vai ser manter o equilibrio.

Sun Iou Miou disse...

A xustiza é cega, ben o dicían, Couselo, e falta de sensibilidade. En fin, case prefiro sentar contigo nunha mesma punta, e verter ao río as bágoas que che esvaren polo ombro abaixo para que suba o nivel das augas e poidamos alcanzar as fontes do Tamuxe ou cando menos as Pozas de Loureza. Quen ambiciona equilibrio cando habemus paroxismo?

Sun Iou Miou disse...

http://www.lugaresnaturistas.org/
Pontevedra/loureza.jpg

Sun Iou Miou disse...

Ah, ráiosmepartam, não me saiu a ligação, mas é cortar e colar, q'ridos.

Anónimo disse...

don't worry señora, que a vida non terminou por estas...!

Jonas disse...

Sempre vos quedará AVEIRO, sim.

...Onde as bicicletas(bugas), espalhadas por toda a cidade, são gratuitas...
...Onde as enguias não nos fogem do prato...nem os ovos moles nos sabem a cu de galinha...
É certo que a Mona Sofia de hoje fala russo, ou polaco, mas isso é o de menos...
Tudo isto sem ser necessário submetermos a nossa inspiração a nenhum júri de idiotas...
Mas não te lamento, Sun Iou Miou, pois ninguém te manda andar a distribuir pérolas a porcos, a troco de uma reles viagem charter
a uma cidade fedorenta...
hehehehe

Sun Iou Miou disse...

A vida acaba de empezar, Kaplan, e véntase que non vai acabar así tan logo.

Fedorenta e melguenta, meu Jonás, seu sacana, mas eu era pela companhia, que era a única maneira de justificar um adultério (não é, ó Couselo?)

camela parker disse...

adoro torresmos com ou sem tinto dentro de paredes lambidas.Bora lá?

Sun Iou Miou disse...

A porta está sempre aberta para quem souber o contra-sinal, Camela. Avanti.

Anónimo disse...

¡Que inxustiza!
¡Que tremenda inxustiza!
O que hai é moita envexa polo mundo, Sun Iou Miou

Sun Iou Miou disse...

O que hai, Sigrid, é moita falta de ignorancia (`_^). Mais como di aí o Jonás, quédanos Aveiro, fermoso e recendente. De agora en diante, as pérolas para os apreciadores.

Anónimo disse...

¡Sintoo ben, reina!
¿Quén dixo que a vida era xusta? Ademais, nin que precisáramos de gañar un concurso para ir a Venecia ;)
O plan de Aveiro en moto non estría nada mal.
Saludiñossssss dende a capital
Miss Tollo

Sun Iou Miou disse...

Xa nos estou vendo, Miss Tollo, con toda a tropa nun carriño enganchado á moto, saltando os postos de control da GNR e berrando, como dicía a outra "Apartem-se vacas, que a vida é breve!"

condado disse...

Para esta peli do "carrinho de miss Tollo e a chinessa" caseque prefiro ser o da GNR (máis o capitao, claro)

Sun Iou Miou disse...

A ti, Condado, se pos o GPS para Aveiro, xa che damos boleia no sidecar!