segunda-feira, 10 de março de 2008

Azar

Esta mañá fun á Vila ao taller coa bicicleta, que calquera día destes estaba de ser que partise os piños, o único decente que teño na cara, aproveitando que chovía a dios dar. Naturalmente fun no coche (para portada sería verme coa que caía na moto e a bici ás costas e por que non?, os patíns pendurados das orellas). Total que ao dar unha curva (benditos sexan os castigos penais e fiscais que nos abrasan obrigándonos a ir a cincuenta case todo o camiño), vexo unha furgoneta que está a facer a manobra de saír, levanto o pé do acelerador, sen intención aínda de frear, que había espazo, cando vexo que en lugar de saír, o que parece que fai é dar volta no medio e medio, e xa aí vou pisando o freo, e mirando polo retrovisor que non arremeta contra min o que vén detrás, a furgoneta a ocupar ambos os sentidos da estrada, un guindastre que vén de fronte... A furgoneta non tiña condutor! Alguén a deixara estacionada, calculo, esquecendo botar o freo de man, e estampouse contra o valado do outro lado da estrada.

Así que hoxe, manda truco, por escasos segundos, librei de que me encaixasen pola dereita unha hostia coma a que eludín onte tamén por escasa marxe.

8 comentários:

Jonas disse...

Aqui está a prova de que a SORTE é apenas o outro lado do AZAR.(Uf!, que profundidade!)
Assim sendo, fiquei dividido entre pensar se andas com muito azar ou com muita sorte. Política à parte.
Todavia sigo pensando que és uma mulher com sorte, a ver pelas inúmeras formas como arriscas a vida: moto, carro,livros, blogs e...mesmo assim continuas viva, e a disparar em diferentes direcções.

Sun Iou Miou disse...

Não penses que tenho tanta sorte nem que esteja blindada, Jonas, há quem me atinge também a mim com os seus disparos (pensava que no blog se podia arriscar sem perder e afinal não é nada assim) e sangro.

Anónimo disse...

pola dereita dannos en calquera momento. polo de agora non nos dan porque deixan libre o freo de man nunha costa, porque teñen pánico a lanzarse nas curvas, mais non compre confiarse, non podemos vivir confiados coma ata agora.

Teté disse...

Não sangras nada, Sun! Corajosa e valente és tu!!!

Quanto aos carros, pois, já tive um parado à porta de casa, em que um outro sem condutor, mas mal travado, veio embater de chapa. Dois carros sem condutor e há um acidente?! Acontece!!! Basta um declive!

Nos blogs, não me parece muito diferente... :)))

Jonas disse...

No pasa nada, cariño

condado disse...

nestes dias de eleccións alguén te mandou recado, non dubides, as cousas están así de fortes nesta españa dupra. Tenta ir sempre polo fío da raia branca para poder bandear aos lados se fora preciso.
¡¡Coidado!!

Sun Iou Miou disse...

Manel, quen vive confiado, se algúns tivemos que trocar o voto para que non o devorase o sistema e se perdese no limbo (que saberán os cregos se existe ou non o limbo!)?

Sun Iou Miou disse...

Não, Teté, nem sou corajosa nem valente, simplesmente é instinto de sobrevivência (e afortunada, como disse o Jonas, porque apareceu ALGUÉM no último instante a suturar a ferida com fio de ouro).
Quanto ao dos carros, declives é que são perigosos, sim. De agora em diante vou ir sempre por terrenos chão.

Jonas, ainda bem, não passa nada: cá dizemos, não morreu ninguém.

Condado, benvido ao proceloso océano blogueiro. Agora só nos falta que o MOZA FRESCA se decida a instruirnos en materia de alcoois diversos dunha vez por todas, para afogar con infelicidade as penas.