sábado, 15 de março de 2008

Catro polo prezo dunha

Aspirei de media tarde unha paquete de catro curtas documentais, que de entrada case me rompen xa de vez e por sempre xamais. Silent snow, en día de tanto, tanto silencio frío coma a neve, encolleume un pouco, aínda que con certo mosqueo pola indumentaria dos protagonistas, que non me acaba de canxar como natural. En todo caso non deixa de conmover o xeo que funde e afunde e os tóxicos que se desprazan pola cadea trófica coma bombas tamén silenciosas.
Quixéronos despois aliviar cunha simpática e intranscendente serie de tolos polos coches, da que quedei cunha frase, que transmutada ás miñas circunstancias non penso desperdiciar: por moito que un home me diga que son un encanto, mandareino á tomar vento se me di que teño unha merda de moto. Hai cousas sagradas, nenos.
O mellor da seis e media foi sen dúbida para menda o documental animado sobre a irrepetible primeira experiencia sexual: catro mostras repartidas en plena equidade entre dous suxeitos e dúas individuas. Imaxino que coma min todo quisque estaba a recordar a súa, e por que será que me sentín plenamente identificada coas versións femininas: puta desilusión. Mentres eles, gabachos, saen pletóricos e eufóricos do experimento sociolóxico, as meniñas, coma pouco, quedan con cara de pau, e digo coma pouco, porque unha das experiencias foi ben menos que inane. Pero pagou moito a pena, ao meu ver, o mellor do conxunto.
Fechou a sesión múltipla con outro docu de animación, este de carácter reivindicativo da mirada sobre a diferenza. Cunha estética un tanto sinistra e agobiante, créase un efecto cómico que arrinca sorrisos cómplices, en contraste coas imaxes do rostro tenro do protagonista real, logrando, cando menos en min, sacudir a estupidez.

E volta á chuvia, ben gorecida e enfundada, para postar, cear e volver, que esta noite hai setembros en pleno marzo.

14 comentários:

La queue bleue disse...

Se quando digo que essencialmente todos somos iguais é porque essencialmente somos todos iguais. :)
De todos modos, som as outras as que contam, a primeira é a que menos importa, graças a deus! Nom, se temos que aturar cada mito (e cada mítico!!) que... ai, ai.

Sun Iou Miou disse...

Coiro, La Queue, é que hai outras? A boas horas avisas!

La queue bleue disse...

:P
Boh.

(Ah, sun iou, si tú quisieras y yo me dejase! :P)

Sun Iou Miou disse...

Fo...go, La Queue! E ti afastándome, e atraendo, coa violencia do teu desexo, así forte, así lento, suave, suave, suave...

La queue bleue disse...

Fo... go mesmo, minha querida! :P


[Infelizmente, nom conheço (outra vez, que cruz senhor!) a referencia, isto de ser idiota é o que tem...]

Sun Iou Miou disse...

Deberan mudar o lema os de Vieiros: Férvelle a rede!

La queue bleue disse...

O grelo, férvelle o grelo!
Que ademais tamos na época, creio...

Jonas disse...

O problema com os grelos é que se têm de comer junto com outra coisa qualquer, uma substanciazita mais, metafísica que seja. Caso contrário, sabem a amargo...

Sun Iou Miou disse...

Referência, La Queue? Se a tivese citábaa, que cando roubo, roubo tamén a sinatura. Iso son noites de lúa chea.
De grelos en xeral é época, abofé, mais o grelo símbolo patrio é planta de inverno e caldo.

Sun Iou Miou disse...

Por onde é que tu entraste, Jonas, que não te vi? E então que lhe pomos? Uma coxa de frango?

Jonas disse...

Entrei entrando...

O que de melhor cada um tem - para acompanhar seja o que fôr - não pode ser sugerível por ninguém que seja estranho aos nossos universos gastronómicos mais recônditos.
Assunto de gourmets, cara amiga!
Mas olha, a 'pata do pollo', já a comi...sem grelos.
Avia-te com as asitas, tostadinhas, se isso te fôr bastante e delicioso.

Sun Iou Miou disse...

Acho que é a cabeça o que vou meter na frigideira, Jonas. E depois deixo-lha aos cães, que aproveitem os miolos, visto que eu não os utilizo.

Jonas disse...

Definitivamente, hoje estás com imensa graça!
A noite de 'escancha' fez-te bem.
;)

Sun Iou Miou disse...

Agora que falas da noite de escacha, já sei por quê não me encontrava hoje a cabeça para lhe-la atirar aos cães: ficou esquecida lá ontem no guarda-roupa da discoteca. Devolveram-me o capacete vazio e eu nem dei por isso.