quinta-feira, 6 de março de 2008

Encerrado por manutenção

Teño as rodas da moto que calquera día destes vou facer slalom anano (cómpre cualificar na súa xusta medida), así que pedinlle permiso á xerencia e mañá collo o día libre, enfundo pantalón e cazadora e baixo ata a foz do Douro ao meu taller ('oficina', meus tugas) preferido para que o Bruno as troque e evitar dun modo responsable engrosarlle as estatísticas á DGT.
Como nas cidades só sei facer tres cousas: contemplar edificios (grazas, Javier, por me aprenderes que existe a Arquitectura), ir ao cine e aprovisionarme de palabras emprestadas, tirarei fotos do mercado que queren transformar en feira para o conservar na memoria dixital, e sobre todo asaltarei librerías, polo que agradezo suxestións que me eviten perderme en exceso, aínda que talvez o que me guste no fondo sexa perderme.

14 comentários:

R.R. disse...

¡Váiame a modo!
E cando teña fotos do mercado, se é que non o fecharon xa o 29 de febreiro como creo que ameazaban, colgue ou algunha.
Gracias por vir onte a dar alento, e a ver se a próxima vez eu vou con máis tempo e menos nervios e tomamos un algo e me leva a dar unha volta na moto. ¡Cómo mola!
Oxalá disfrute do libro, pero creo que a miña literatura anda lonxe dos seus gustos confesados, xa me dirá.
Bico.

Sun Iou Miou disse...

Eu case sempre vou amodo, non se apure. En canto ao de levalo na moto, igual é contraproducente para os seus nervios (^_^)
Ignoro en que que se fundamenta para xulgar os meus gustos confesados, que non teño falado aquí moito de literatura, pero o que levo lido do libro até o de agora, non só me gusta, senón que me sorprendeu moi gratamente, non sei se para ben ou para mal seu.

Teté disse...

Já tinha percebido que havia qualquer coisa com o mercado do Bolhão, mas como raramente vejo noticiários televisivos e ao passar os olhos pelo jornal também me escapam umas notícias... pois! ;)

Quanto à moto, garagem, oficina... pois, não percebo patavina do assunto!!! :)))

Sun Iou Miou disse...

Vou trocar pneus, Teté, uma escusa como outra qualquer para dar un passeio pelo Porto, e deixar o computador descansar.

Anónimo disse...

Pis xa postos, a ver se atopas algo sobre Sistelo, que parece que aínda non se enteiraron por ahí que xa hai galegos dispostos a comprar e ler calqueira cousa que sobre ese val non poidan contar e ilustrar.
disfruta do día

Sun Iou Miou disse...

Agradécese, Couse, e ti fódete no choio. (calquera dia destes retiras-me a palabra)

Anónimo disse...

Se non te retiro a palabra é porque mo impide a miña relixión.
E non vaias pensar que é por unha cuestión de conciencia non por atender os pobres de espíritu, que non é o caso.
O que me teñen ensinado na miña relixión é que hai que facer todo aquelo que nos asegure a salvación.
Eu non creo na salvación das almas, pero sí na das mentes, cousa que se consegue con entreno. Aturarte a tí mantenme o ´músculo mental preparado para circunstancias ainda máis estresantes, que as hai.
Ademais, hai días que ata o paso ben no traballo.

R.R. disse...

¡O SchwarzBuch de Sankt Nikolaus e tódolos libros negros do mundo!

Mmm... Iso que me dis dos nervios, se vas a modo... haberá que probar. Boa viaxe, esquecín dicirche, e a disfrutar da fermosa cidade.

Sun Iou Miou disse...

Faime falta, R.R., fuxir un pouco de aquí xa. Era sen tempo.
Levareite de paquete, logo. Teño que ir para san Xoán pola túa terra (adoptiva?), conque se antes non... vai ensaiando as curvas (^_^)

Sun Iou Miou disse...

Alégrome de serche útil, Couselo. (`_^)

R.R. disse...

Pois convidada quedas. Aquí mesmiño a un nada está o San Xoán da Rosa; se tes gran ou penca trae pano se che coincide no día, que seica é milagreiro. Eu non creo no asunto, pero a festa ten xeito.

kanjas disse...

pneus carecas? percebi bem?

Sun Iou Miou disse...

Eu não o diria melhor, Fausto: pneus carecas. Mas agora já estão todos cabeludos. (^_^)

Sun Iou Miou disse...

Ah, R.R., non a cachara. Certo que o Schwarz Buch está entre os meus libros preferidos, pero libro non é sinónimo de literatura (`_^).
E o mercado do Bolhão ainda estaba hoxe no seu sitio e aberto.