domingo, 16 de março de 2008

Eu sei que vou te amar

Só faltou esta melodía onte á noite na banda sonora. Se cadra ando sensible, fósgase, pero aseguro que non fun a única, que o auditorio da Área Panorámica da Moinobreemoileal vibrou en silencio mentres contemplaba o documental que Carles Bosch nos presentou e destripou coa súa voz tan, tan cálida.
Tras unha visita de carácter persoal ao cárcere de Valdemoro, pasa a gravar os prolegómenos dun festival da canción para reclusos de distintas prisións que se celebra en Soto del Real. Logo, mentres os protagonistas -seres reais, non actores, persoas que aman coma a xente- regresan á vida cotiá, o director lánzase tras eles, durante os doce meses que collen entre un setembro e outro setembro, entre un festival e outro festival. Parece todo unha metáfora da virtualidade, do amor inalcanzable, do amor que son cartas, caricias e bicos a un vidro que acaba embazado de impotencia, de visavises regulados, do amor que se trae da rúa, do amor que nace dentro, do amor que queda fóra, do amor que hai que ocultar aos ollos doutros..., de cancións que se susurran: diecinuevedíasyquinientasnoches, flymetothemoon, andnothingelsematters...
E aínda que todos devecen por acadar a liberdade de amar, de sentir, cando chega a hora tamén xorde, en ocasións, o terror ao exterior, a abandonar o amparo das catro paredes da cela, porque dentro queda o mellor que a un lle aconteceu na vida e só o cubículo escuro e abafante dun furgón o pode aproximar, sequera un chisco, ao recendo das tanxerinas nas mans.
Curioso, porque mentres escribo isto, a miña Ula, que anda alta, quere botar abaixo a porta do calabozo que lle impoño, e o Azul bábase todo, desesperado, e ouvea fóra o desexo que o queima. Pero non me culpen, que entre unha fox-terrier e un goldenretriever o amor só pode ser mortífero.
Que si, que é así, fóra a alma e a figura, son coma a xente.
___________________
Ah, e logo, cabeciña a miña, a fin de festa foi de escacha e arromba, que estivemos dúas horiñas aos pinchos rememorando cancións oitenteiras tan politicamente incorrectas, por eso mátame, rómpeme, mátame, no me ignores tú, mi vida, prefiero que tu mates que morirme cada día, e bailaré sobre tu tumba, dududué, dududuá, e reencontrando carrozas, que parecía que nos chuzaran de golpe non sei se nunha feira de vellarías ou nun flash-back.

P.S.: Por certo, Couse, onde andas, que non che vin onte asomar por alí o saxo?

10 comentários:

kanjas disse...

nao sei se percebi o post... foste ver um festival da cançao feito por reclusos?

Sun Iou Miou disse...

Não, Fausto. Um documentário sobre un festival da canção para reclusos que depois se prolongou no seguimento destes durante um ano...
E depois fui a um concerto organizado pelo festival de documentários que se celebrou, remata esta noite, em Tui, no que actuava um grupo muito conhecido cá, sobrevivente da época dos oitenta (século passado) (`_^). Bem sei que a minha escrita não dá para perceber muito nem que estivesse em português.

kanjas disse...

acho que o problema é o meu espanhol ser muito fraquinho ;)
mas foste a isso tudo na mesma noite ou foi em dias separados?
tens andado ocupada, eheh

Sun Iou Miou disse...

O que narra este post foi tudo na mesma noite. Os documentários dos que falo nos outros posts, alguns vi-os no mesmo mesmo dia, outros em dias diferentes. Em fim... Tenho andado ocupada. E agora marcho embora a ver o que fecha o festival. E até amanhã, que é dia de trabalho também como hoje e ontem e ante-ontem...

Anónimo disse...

...Estou anacoreta
Ben é certo que quería ter ido onte ver ós siniestros, pero parece que estou sen vontade e vou precisar dalguén que me leve polo mundo.
...son fases

Sun Iou Miou disse...

Ánimo, Couse. Ben sabes que te acepto de paquete na moto e ata na barra da bici te podo levar se necesitas. Pasa un dia a tomar un café, ho os tempos que hai que non tomamos un café!!!), que falamos como a xente. Ou vas marchar de procesión de semana santa polas estradasdediós?

Teté disse...

A Gal vi ao vivo e a cores, já há muitos anos e esta música é fantástica!!!

Os cães estão a dar-te trabalhito para os separar, numa altura incómoda? Pô, também têm direito à "vida", não? (`_^)

Mas lá ocupada, tens andado mesmo...

Anónimo disse...

Os posts dan ganas de ir alá, joder. Iso si, eu sonlle máis destoutra versión da canción...

Sun Iou Miou disse...

Têm direito à vida, por isso eu não deixo estar juntos, 'nina Teté: um goldenretrier é muito cão para uma fox-terrier.

Sun Iou Miou disse...

Ah, R.R., como non mo dixeches antes. Andei á procura dunha versión que se sentise ben. Esa non a vin. Vou mudar xa! Grazas.
E o festival é uma alfaia aqui neste cu do mundo.