quinta-feira, 27 de março de 2008

Larica non é fome

Entrei na tasca a tomar un petisco para facer tempo antes de ir a unha clase de chinés á que ao final non fun conste que intención tiña, mesmo que ao final o sono e a vergoña de quedar frita e escachar a testa co golpe contra o pupitre, que somos cinco, puidese máis. Ao meu lado estaban dous guichos tirando a vellos, tirando a borrachos, tirando a desherdados... Falaban de baixo ao primeiro, pero era tan recorrente a frase que un deles repetía, que acabaron por me arrincar da lectura con que disimulaba o transo de comer máis con necesidade ca apetito.

Ti o que tes que facer é buscar unha muller maior dicía o que parecía menos ebrio dos dous.
Home non! Pensas que vou buscar unha rapariga? Eu quero unha de trinta e dous.
Estás parvo! ¿De trinta o que? Unha desas cómeche a vida, déixate sen nada. Tes que buscar unha de sesenta.
Si ho!
Lévacho todo, quedas sen nada. Unha de sesenta ou ou... e sacudía a man para arribates que buscar cortou, separándose do colega e saíndo sen despedirse.

Mentres esgurrichaba a cunca, o cata matinaba no consello, abaneando a cabeza, derrotado.

Eu, por unha vez, continuei a ler tranquila. Nin por arriba nin por abaixo entraba nos parámetros. Non había perigo de que me fixese as beiras.

7 comentários:

Teté disse...

Então larica é o quê?

Porque é que ele tinha de encontrar uma mulher de 60, quando na verdade preferia uma de 32?

Ai, não devo ter percebido nada disto... (´_`)

Sun Iou Miou disse...

Isso mesmo foi o que o velho se perguntou (que pode perder que nada tem?). A mim o único que me interessou da história foi saber que eu nem tinha trinta e dois nem sessenta, e que podia continuar a ler tranquila.

Larica é sempre de alimento, Teté. Fome é que pode ser sofreguidão. (`_^)

camela parker disse...

Uf!! já te estava a ver devorada... sorte não teres a idade certa na hora errada

Jonas disse...

Não tinhas 32 nem 60, mas...miraculosamente encaixavas na média aritmética da ambição daqueles 2 borrachos.
Bem que dizias que a tua sina são os borrachos e os loucos!
Agora compreendi o teu fado.
Na mosca!

Anónimo disse...

asediada polo intervalo pero tranquila, así coma o sono tranquilo, dentro dos seus parénteses, do binomio de newton.

condado disse...

Parece que non pero a lectura sempre axuda, moito...

Sun Iou Miou disse...

A minha hora sempre está errada, Camela Parker, mas a daqueles dois estava muito pior.

Jonas, não me fales em médias matemáticas nem em estatísticas, pf, que já estou a ver que nem para os borrachos valho.

Manel Vázquez, perdin-me: fixen o bacharelato por ciencias puras pero é unha parte do meu pasado que preferín esquecer -fóra do choio da mazá, que experimentei en cabeza propia.

Si, Condado, a lectura é o que me axuda a manter á raia outro borracho que me acosa cando saio á Moinobreemoileal e do que calquera día destes terei que falar tamén.