quinta-feira, 20 de março de 2008

Radio

Encántame escoitar a radio cando me ergo. Esta mañá non estaba para ouvir informativos, senón música, que está fóra un sol radiante (e de vento frío, como agoirei esta madrugada, xoscouse o almorzo ao ventimperio), así que pulsei o botón do scan para que ela fose procurando algo de xeito mentres eu preparaba o café, café, café. E descubrinme cursi quetecagas bailando isto polo medio da cociña, e mentres a voz esmorecía e o aroma do café empezaba a colocarme, cortoume o éxtase a voz dun crego (que modificación xenética lles inxectan no seminario para eles falaren todos igual?). Saltoume o dedo coma un resorte cara ao scan e a seguinte emisora mandoume de cabeza á adolescencia, a aquela tarde de domingo de inverno, eu a escoitar unha e outra vez este home no tocadiscos. Estaba soa na casa e apareceu meu irmán máis vello (vello de mil anos meu irmán) co seu colega Rober (anxos sen paraíso ambos...), quen con toda a tristura que cabe nunha mirada, póndome unha man no ombro, dixo: Que sorte, que non entendes...
Ten a radio ese poder de mandarnos para arriba e para abaixo sen miramentos. Quen me vai abrigar agora da treboada?

8 comentários:

Jonas disse...

Matar a saudade também é crime!
Penso eu.
Mas afinal, o que NÃO ENTENDESTE, já que te foi tão fácil entender, como me parece?

Sun Iou Miou disse...

Eu entendia mais do que o Rober imaginava, mas não no corpo cadáver como eles... Não lhe respondi. Um dia encontrei-o na rua, tirado. Acompanhei-o até a porta da casa dele. Talvez ai compreendeu que eu entendia.

Rei da Lã disse...

Quem não entende puto sou eu!

Sun Iou Miou disse...

E eu como te explicaria, Rei?

Rei da Lã disse...

Com uma garrafa de tintol talvez eu fosse lá...

Sun Iou Miou disse...

Tenho uma pipa. Não se se vai dar para duas pessoas, Rei. Que achas? Encomendo outra para ti?

Capitão Merda disse...

Se bem o conheço, para o rei da lã precisarás de 3 pipas pelo menos!

Sun Iou Miou disse...

Não há problema, Capitão. Vinho cá não falta, e a cadela foi pelos frangos, aproveitando que a vizinha está na procissão.