sábado, 1 de março de 2008

Sinfonía en lúa menor

Se alguén reparou, a miña vida é un tanto uniforme: en horas laborais, libros e películas; en minutos de lecer, libros e películas; entre medias algo de exercicio físico aeróbico (quérese dicir, gozando e sen présas, respirando...), da clase que for. Así que onte, cando desconectei do mundo virtual, atravesei o río, que levaba catorce días (tempus fugit, carallo!) sen entrar nunha sala escura. Xa da última vez deume mala espiña: tres espectadores (daquela foi en sábado, desta en venres...), por moito que a mim me agrade non debe render moito, así que previsiblemente, dentro de nada, apenas me vai quedar o recurso de Cidadeabertaaomar, e de aquí a uns anos calculo que deixarán de existir as salas... Será para mellor, será, ter a facultade de elixir con un clic, pero a min, que lle queren?, gústame ir ao cine.
Total que onte á tardiña (hora máis, hora menos) custoume atopar unha butaca limpa: daba a sensación de que aquilo era un microondas xigantesco no que rebentara unha bolsa de pipocas -espero que da sesión anterior, espero. Afortunadamente en canto se apagaron as luces, suminme nun estado de relaxación próximo ao éxtase (vivo sen vivir en min...) ao que me arrastrou a contundencia das catro primeiras teclas da melodía. Prescindo do argumento, que era de amor e desamor, de guerra e paz, de ricos e pobres, de cores e grises, de falsos e leais... O de onte non foi imaxe... Foi un concerto sobre un decorado que mudaba ao seu son.

8 comentários:

Teté disse...

E que filme foste ver?

Já vi uns quantos filmes sobre os quais ainda não postei, um dia destes faço um "todos em um"... (^_^)

Sun Iou Miou disse...

Este suponho que já viste, Teté, porque se não me lembra mal postaste e recomendaste para mim: Expiação. Amanhã mais, que esta noite também vou ao cinema.

Teté disse...

Vi sim, Sun! Só que não postei, só falei que me tinha sido recomendado (por 2 bloguistas). E gostei muito! Também gostei muito do Juno (um género completamente diferente), o Michael Clayton vale pela actriz secundária e pelo Clooney... ;)

Amanhã quero ir ver "O lado selvagem", que também me foi recomendado...

Bom cinema para ti!

Sun Iou Miou disse...

Essas duas tambén as tenho na lista, Teté. Obrigada, mas vou ter de esperar que as ponham em Viana do Castelo, porque por Vigo já passaram. Bom resto de fimde, Teté.

zeka disse...

Olá!
Um abraço prá Galiza, de que gosto muito.
Por coincidência a pessoa que distribui os filmes pelos cinemas na zona do Minho é o meu irmão mais novo, LOL!
Se quiseres posso tentar saber quando entregará esses.

Fica bem e obrigado por visitares o meu blog!

Sun Iou Miou disse...

O mesmo digo, Zeka, bem-vindo a esta outra margem. Eu sei que a de Juno está prevista nos "brevementes", que já tinham o cartaz anunciando-a. Mas não faz mal se fizeres um recordatório e deixas por cá um aviso.
Volta quando quiseres, que a ponte é ampla. (`_^)

Anónimo disse...

Sun Iou Miou, xa podías face-lo favor de dicirnos que pelis vas ver, porque unha controla algunhas, adiviña as outras e intúe as máis, pero considerando a falta de tempo para ir ó cine tanto como unha quixese, ben podías exercer de crítica si, pero con título incluído.

Sun Iou Miou disse...

E que chiste tería entón a cousa, miñarrulaanónima? Se llo dixese na entrada, perdería de asomarse á rebotica, que onde se cocen as apócemas. Lea os comentarios, ría un pouco e siga traballando, que está todo escrito. Ademais para que?, se é das que pensan que des que Marlon non actúa (ollo ao verbo, que está con intención, que logo se me altera), morreu o cinema? (`_^)