segunda-feira, 26 de maio de 2008

Chuvia

Espértame a bater en pingas grosas contra os vidros. Non me causa estrañeza: é como se levase aí e así toda unha vida (que a vida toda dalgún alguén sen dúbida leva). Gústame sentila nos ouvidos e na pel. Certo, non lle gusta a esa parte miña que preferiría andar na moto, na bici, a patinar... a escorrentar espectros. Pero gústalle a estoutra que se deixa enchoupar de boca aberta mirando ao alto cincento, aos convexos espellos diminutos que adornan árbores e herbas, ás pozas sedutoras desta desfasada adolescencia.

Teño auga no cabelo, nos ollos, na lingua, nas mans.
E coas mans viro auga toda.
Só me falta o aceiro inoxidable da coiraza a facer augas.

6 comentários:

Anónimo disse...

O que eu sinto e que os mofos de tanta humidade xa comezan a invadirme as articulacións das neuronas.
Preciso secarme un pouco

Sun Iou Miou disse...

Eu equilibro fluídos, Couselo, para evitar o choque osmótico. Hics! (^_^)

Teté disse...

Está a chover em cima de ti, Sun?

Por aqui o tempo também tem estado chuvoso... ;)

Sun Iou Miou disse...

Agora parece que quer sair o sol, Teté. Mas eu gosto de chuva, não incomoda (mal de mim, morando neste canto, se não gostasse). Sinto é pelas cerejas, que estão aguadas. O corpo seca. Nunca choveu tanto que não escampasse. (`_^)

kanjas disse...

se quiseres podes ficar com a chuva toda miuda. quero o verão e ponto final acabou-se

Sun Iou Miou disse...

O problema não é o que tu quiseres, Fausto, mas o que tempo nos dá, e dá é chuva, dentro e fora. Cá está a caír com força neste preciso instante. Lamento por ti.