quarta-feira, 4 de junho de 2008

Orfeo e Eurídice

Que digo eu que se Orfeo baixou ao inferno á procura de Eurídice, sorteando mil perigos e penalidades, conmovendo terribles monstros coa soa arte da súa voz e a súa lira, por que non se deixou estar alí con ela, tan ricamente, en vez de empeñarse en arrastrala de novo ao mundo, a pagar a hipoteca, a quitarse de comer para encher o depósito da furgoneta, a estar pendente de se chove non chove, a malvivir das escasas rendas dun músico ambulante? Home, non me xosques...

16 comentários:

Anónimo disse...

...porque pensaba que era o que tiña que facer, que era o que ela esperaba, que era o mellos para os dous...para todos...
¡Parvo!
As cousas son o que son, e non o que nos queremso que sexan...
¡Acostúmate!
Miss Tollo

Sun Iou Miou disse...

Era máis que nada porque aquí no inferno non se está mal e como veña un Orfeíto para aí a rescatarme, lévao claro, xa llo digo. Se quere quedar, que quede, e se non, vía, non imos andar a estas alturas con que se me mira ou me deixa de mirar, e ala, a morrer outra vez, puta angustia. El non terían tempo logo, ou? Agonioso! (`_^)

Jonas disse...

O Orfeu era um idiota!
...E a Euridice era uma bruxa feia...logo pirar-se-ia com qualquer outro idiota...
Era esta a estória contrária
à dos meus mecanismos de control de dopamina?

Sun Iou Miou disse...

Em que o Orfeu era idiota estamos de acordo, ti Jonas. Em quanto à fealdade da Eurídice, algum encanto ela devia ter para atrair o palhaço. E se havia ou não de pirar com outro lá cima no mundo, não sei, mas posso-te dizer que cá no inferno tem uns quantos darredor, mas que outra coisa se pode fazer cá toda uma eternidade e a ritmo de samba?

(Não, não era esta a 'estória'. A estória trata da importância -ou não- do domínio de línguas, e deve de andar perdida por ai nalguma caixa de comentários. Nada a ver para o teu control da dopamina.)

Teté disse...

O teu canto hoje está muito... lírico?! (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Lírico, onírico, satírico... tópico, utópico, mítico... Magníficos os esdrúxulos, Teté: um canto para este canto.

condado disse...

Sempre a achantar o lado romántico das cousas... Pódenos a personaxe que interpretamos...

Sun Iou Miou disse...

Entón, Condado, para que a habiamos de interpretar se non?

Anónimo disse...

Ao mellor, o orfeo sabía que ía fartar de tocar sempre para o mesmo público. Que os artistas, tal vez por inseguridade, precisas de mostrar o seu arte por distintos lugares, para acadar diferentes opinións, ainda uqe sexan malas. ...E euridice o seguira´mentres se divirta.

Sun Iou Miou disse...

A ver, Couse, no inferno o que sobra é fluxo constante de público novo e heteroxéneo, amante de troulas, e total, antes ou despois, había de ir parar aló. Pois acabaramos. Pero non, pola impaciencia do desexo e non saber manter a racionalidade e a calma, vai, cando apenas quedaba un chanzo para alcanzaren o mundo, vírase e mátaa, coma quen din, coa mirada. Por favor...

Anónimo disse...

Eu voto pola sátira... e fea ou non, o que a min me parece é que a Eurídice tiña o que tenñen alguhnas mulleres que as outras mulleres non o ven, pero que ós homes vólvenos toliños... Eu son das segundas, así que non vos podo dar mais informaición. Se algún de vos me pode iluminar... ^__^
Miss tollo

Sun Iou Miou disse...

Diormío, Miss Tollo, manda a receita xa, aínda que sexa en privado e íntimo contacto, que eu diso fixo que non teño. Onde se vende? Ou é do que non se paga con diñeiro... como o cariño verdadeiro? Pois xa me amolaches... (*_*)

Anónimo disse...

non sei si algún boticario nos podería axudar... ou as hervas de namorar de San Andrés de Teixido, ou implantes de silicona estratéxicamente colocados... Xa te digo que non sei, será cousa de ir probando... método experimental a antiga usanza: ensaio- erro ¿Estás disposta?
Miss Tollo

Sun Iou Miou disse...

Ando niso, Miss Tollo, ando niso, a empezar polos pés (hihihi). Pero aparta, que igual me esnafro, que vértixe!

Gato Negro disse...

eeeey! esa foi a ópera que tocoume estudar no conservatorio! ao final quedamos de primeiros...xD

Sun Iou Miou disse...

Pois, parabéns, Javier! Tamém que casualidade, non?
E benvido a esta loucura!