segunda-feira, 6 de dezembro de 2010

O suicidio do periquito (conto de Nadal)

Espertaba así, con ansia de non espertar, a cama a termar dos membros grávidos, os ollos negándose á luz, unha lentitude de tempo que se descomprime, de baleiro inflado que a pouco máis estoupa. Sede. Azucre, os niveis de azucre subiran e rozaban, pérfidos, o límite. Un día destes diríanlle:

―Andas a comer o que? Acabou o azucre. Tes diabete.

Había unha lata cun anaco de turrón do duro aínda na cociña. E talvez fose iso o único que a empurrase a rebelarse, a abrir os ollos, por fin, calzar as pantuflas, agarrarse ás paredes, cambalear sobre o chan, vacilar sobre a vida, camiñar, descender polas escaleiras ben suxeita ao pasamáns para non caer, non tombar no absurdo, árbore fráxil que corta o paso no escuro. Na cociña arrímase á billa e o son da auga nin tintina no fondo do vaso. A avidez da secura que se suspende cando o ve: mergullada, bico abaixo, a cabeza no bebedeiro dos pardais, as asas estendidas contra a pedra do beiril nun voo raso truncado, o brillo das pingas a escorregar polas plumas, deitado, hirto, inerte, duro e lixeiro nunha consistencia de pedra pómez, como turrón... Lembrouse do turrón na lata e foi como se entre os dentes lle triscasen ósos, dentes de chacal quebrándoos.

10 comentários:

Rafeiro Perfumado disse...

A mim se me cortassem os doces também pensaria em suicídio. Mas antes matava o médico que me tinha dado a notícia.

Abracinho!

Sun Iou Miou disse...

Eu matá-lo não, Raf, mas com certeza fazia-lhe a folha! ;)

Raposo disse...

Os malos tempos chegan para todos. Resignación, moita resignación cristiá!!!

Chousa da Alcandra disse...

As persoas diagnosticadas de diabete son aquelas que teñen moita dozura intrínseca. E cuestión de tempo que lles restrinxan a inxesta de azucre. Máis que nada, para que non se note tanto a acidez que teñen a meirande parte da populatión...

Bicos con sacarina e un abraciño insulínico

Sun Iou Miou disse...

Os periquitos non foron feitos para estar libres, Raposo. Talvez fose esa a causa do suicidio.

Ou non falábamos diso?

Sun Iou Miou disse...

Calquera día tócanme restricións, Chousa, xa llo digo, e non será polo doce que eu son precisamente.

João Paulo Cardoso disse...

Hello, again.

O "Eldorado" faz quatro anos.

Fica o convite.

Beijos.

Sun Iou Miou disse...

Obrigada, JPC. No próximo, faz com que os doces não sejam virtuais, sff. ;)

pau disse...

Fantástico conto de Natal! o turrón e o periquito morto! fantástico!

Sun Iou Miou disse...

Pois, Pau, absurda, como todas as historinhas de Natal.