segunda-feira, 14 de fevereiro de 2011

E isto para dous moxetes nas chuchas

Nin sei canto hai que volo veño avisando pero as esperas no médico xa non son o que eran. Ca! Esta tarde era a sala un quasi-deserto: unha muller sentada, eu no mostrador a entregar o papel e outra que se me chantou detrás, sem empurar nin nada. Total que digo para min sen mover os labios, non fose acabar na planta de Psiquiatría, velaquí un silencio ideal para ler tranquilamente, sen présas, o novelón que traio na mochila. E prometéndome unhas horas felices, alá estaba eu a gardar a tarxeta sanitaria na carteira, de pé aínda, o chuvasqueiro posto, cando se abre unha porta e chaman por min como só chaman por min no médico, co nome que me puxeron no carné de identidade. Fódase, estiven para dicir, pero non dixen, nin coller folgos. E que entre aí, íspase de cintura para arriba e pase cando estea. E eu obedezo, que a iso vin. Que me arrime á máquina, que frouxiña, sen facer forza, e van e machúcanme de arriba abaixo a teta dereita. Veña o mesmo conto coa outra, que non sei como aquilo non fai chof e acabou, todo espirrichado ―será que xa estou seca. E despois de lado, outra machucadiña en cada. E ala, que xa se pode vestir e cando estea, marche. E o tempo que me levou recompo-las mamas chafadas dentro do sostén. Nin cinco minutos. Tiña cita ás 16.30 e ás 16.43, aínda mirei para o reloxo do coche, estaba na saída de Vigo. Renégote pecado, esta sanidade pública xa non é o que era! Será que ven aí unha hecatombe.

4 comentários:

pau disse...

Deuses! nao há jeito! nem pegar no livro deixam! e logo, esse despropósito de machucar as tetas! ai! eu nao volto passar por aí! antes vou tirar os dentes todos do que voltar aí. Um abraço.

Sun Iou Miou disse...

Antes tira os dentes todos sem anestesia, Pau, um por um! A doer! Ai, já não há pachorra para tanta eficiência... ;)

Teté disse...

Processa-os! Então andas tu carregada com o calhamaço e nem dois minutos de dão para o ler?! :)

Tanta competência junta até chateia! :D

Sun Iou Miou disse...

Já pus uma reclamação, Teté, por escrito e a funcionária que me atendeu foi tão amável e atenta que nem teve coragem de insultá-la como merecia. ;)