Escribo para me encontrar e só cando me perdo absolutamente perdo tamén a capacidade de amarte, de enlear consonantes, de debuxar adverbios, de sacrificar adxectivos para ti, a quen non coñezo (nin vou coñecer nunca, nótese e anótese á marxe), os versos mais belos que nunca serán ditos, nin por min, que de enmudecido asombro grito e agora pinto, coloreo e machuco o verbo (o substantivo, ai, onde alá vai!), morro um cacho máis, o tamaño non importa, e continuo polo mesmo camiño sen sentido, que é que non aprendo. Velaí o abismo. Eu e a minha sombra núa para ti. Ssst! Cala, muller, cala... Xa che chegou ben.
Vou mercar iogures.
8 comentários:
Tampouco crea que ultimamente eu teño o rumo certo.
Ademais, tamén estou sen iogures.
Entón igual nos cruzamos por aí. ;)
Eu xa non lle sei vivir sen iogures, Kaplan.
Que bonito!
Almoçar com um punk poeta é no que dá, Oscar. ;)
Que di a dona da casa, que se ela poidese escribir así, non facía outra cousa en todo o día
Dille á dona da casa, Couselo, que eu non fago outra cousa en todo o día. :(
Os versos que nunca escreverei, são tantos... :)
Há poetas no mundo que cheguem, Teté. ;)
Enviar um comentário