sábado, 1 de maio de 2010

Carballo albino?









Pena que non vaia ter oportunidade de medrar.

______________
Domingo, 2-V-2010: Xa o rescatei. Agradécense consellos para a crianza en catividade ata que teña un tamaño que permita ceibalo na terra (supoñendo que chegue a xente grande, claro).

16 comentários:

couselo disse...

¡Alucinante!
Son común as prantas de flores brancas, pero follas brancas nunca tal vira. Lóxicamente non chegará acrecer moito a non ser que máis tarde saian partes verdes.
Sería interesente var ata onde chega

Sun Iou Miou disse...

Estaba pensando en ir hoxe recollelo, Couselo, porque está na gabia dun camiño e obviamente aí non ten posibilidade ningunha.

Sabía que ías aparecer a comentalo, pero pensei que dirías que xa viras disto mil. A min deixoume pasmada, sobre todo, porque hai outro ao lado, pegado, de idéntico tamaño e follas verdes.

Chousa da Alcandra disse...

En toda a Chousa tampouco os vin nunca. E non poderías ir por él aínda?. E que na gabia non ten posibilidades; así que -por arriscado que sexa o trasplante- sempre mellorará as súas posibilidades vitais.

Sun Iou Miou disse...

Penso ir esta tarde, Chousa, cando saia a estirar as pernas para descansar un pouco do traballo. Por curiosidade, mais que nada, para ver canto tempo sobrevive, que non creo que iso teña futuro.

Teté disse...

Não sei que planta é, mas com folhas desta cor também nunca vi nenhuma.

Fizeste bem em ir buscá-la, mas conselhos não te sei dar nenhuns... :)

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

É uma árvore, Teté, um carvalho. Vamos ver até quando sobrevive.

Anónimo disse...

Que interessante!
Infelizmente não te posso ajudar, não percebo nada de plantas :(

Beijinhos :)

Sun Iou Miou disse...

Está-se a ver que vou ter de mudar de comentaristas, Fernanda. ;)

ella disse...

E podería o carvalho saber si medra en terra cautiva ou non?

Deshoras disse...

Eu penso que si vai morrer por ter as follas brancas deberías pintarllas de verde, coma no conto...

Sun Iou Miou disse...

Os carballos saben todo, Ella. Se son xente que sabe percibir até o zunido lene da avespa que o rolda cobizando niño na coca futura, non van saber distinguir a terra silenciosa dunha maceta da inmensidade bulideira dun continente? ;)

Sun Iou Miou disse...

E se o rego co poema de Lorca, Condado?

Raposo disse...

Carallo, nunca tal vira. A ver si vai arriba!!!!

Sun Iou Miou disse...

Carallo non, Raposo!!! Carballo. ;)

Dubido, dubido que vaia arriba. Imaxino que até o de agora se alimentou da landra, pero se non ten clorofila para facer a fotosíntese, como raio vai sobrevivir?

O caso é que non aparece por aquí ningún experto e xa googlei á procura de información, pero non atopei nada.

Anónimo disse...

Como é que non fai un bonsai con el?

Sun Iou Miou disse...

Primeiro, Kaplan, porque paciencia xaponesa teño pouca. Segundo, e isto é primicia para vostede, aínda que mala: o carballiño non dá máis, está nas penúltimas. Pena, pero era o previsto, ou agoirado, mellor dito.