quinta-feira, 13 de maio de 2010

A lámpada sobre o rostro









Ben sei que estás con medo. Instalóuseche a opresión no interior da caluga coma unha dor de cervicais, unha puñalada sen ferida que sitúas no corazón e é no estómago, un abatemento que altera os circuítos do equilibrio emocional e a poesía somática. Se polo menos non existisen as tripas para nos recordar a conexión íntima de pensamento e dixestións a dar cabo do lirismo e a melancolía...

Ben sei que estás con medo. Non adianta, logo, dicir non vai ser nada. Mesmo así, haberá unha voz que diga non vai ser nada. De alí a nun instante vas notar unha man a che agarimar no brazo, a luz que se abre paso entre as pálpebras e unhas certas náuseas que che trastornan o regreso lento á consciencia, o que vén sendo, máis ou menos, nada.

2 comentários:

Mar disse...

Medo non, pero o espertar descubrín que non era un soño e que o equilibrio emocional seguía sen amaño.Cando volvín a consciencia ouvín:"Hay que subir a la chica feliz" .

Sun Iou Miou disse...

Manda truco o que fai a anestesia, Mar. ;)