quarta-feira, 19 de novembro de 2008

Qué va a ser, caballero?

Pois, si, xa non bastaba isto de asumir que unha xa non é unha rapariga, que a traten de vostede e incluso de señora. Tampouco son desas ás que cando alguén trata de "vostede" se defende cun non-por-favor-atúame, porque despois do choque inicial, ese que senta coma unha patada no cu, non queda outra que asumila e sempre lembro que cando tiña vinte anos, os de trinta (criaturiñas eles que me parecen agora), parecíanme anciáns decrépitos ao bordo da xubilación e agora até os sesentóns ao bordo da xubilación me parecen mozos.
Resumindo, que teño que máis que facer. Fun á Moinobreemoileal, por causas de choio, e como estaba na hora do café de despois do xantar, parei para tomar un, que sempre son dous, nun local que me dixeran que aínda estando da beira de acá facía café como se estivese da beira de alá. Total que aparco a moto á porta -non son unha incivilizada, non estorbaba-, entro co meu casco na man, a chupa posta, a mochila ao ombro, o meu metro e medio con todo o que ten que ter un corpo de muller, sen máis nin menos... e saúdo. O camareiro que anda a fedellar, arrombando non sei o que, responde case sen levantar a cabeza. Collo un xornal, e vou para a barra (son rapariga de barra... en fin, rapariga, quen me dera!, unha forma de falar). Entón achégase para me atender e cando vén a virar a curva dime, todo cheo el:
-Qué va a ser, caballero?
-Posme un café, por favor -E arrisquei medio sorriso, por non largar unha gargallada.
A cara do fulano, claro, até me deu pena, coitado, do que desinflou de golpe e sen terra que o tragase. Foi para a máquina e xa, sendo que parecía que era muller, seguíu porfiando nos roles establecidos, non fora ser o demo:
-Con leche? -case afirmando, coma con medio signo de interrogación se o houbese.
-Non, só, só -respondín, que unha con leite... só outras cousas.
Entón xa pasou a atuarme, pediume perdón pola confusión todo azorado, e aínda rimos un pouco.

Cando marchei, até me deu a impresión de que lamentaba bastante que non fose caballero, mira ti, e pudese chegar a ser algo máis ca café só.

12 comentários:

Teté disse...

Ah, ah, ah, essa nunca me aconteceu...

Mas suponho que a noção está relacionada com a mentalidade de motoqueiro = cavalheiro!

Já te mirava com outros olhos quando saiste... malandreco!!! (`_^)

Anónimo disse...

mire, quid pro quo: non hai quince días un alumno meu chamoume en plena clase mamá. non lle digo máis.

Sun Iou Miou disse...

Não, Teté, não percebeste. Ele era mais bem atirado à febra de "caballero".
Não é a primeira vez que pensam que sou um rapaz, sobretudo antes de tirar o casco, mas de "caballero" nunca me trataram, he!

Sun Iou Miou disse...

Mi ma, Kaplan! Imaxino que lle saltarían as bágoas da emoción. (`_^)

Agora ao coitado, non lle queda nada: esa vaino marcar para a vida cos compañeiros.

condado disse...

Menuda agulla que teñen as pseudochinas, si eu son o camareiro non saio mais de debaixo da barra...

Debeste de acabar co alemán que xa te volveu o humor on line... (notese que vai en injlés)...

Sun Iou Miou disse...

Condado, o alemán continúa intentando acabar comigo, así que para me salvar decidín conciliar a vida laboral e a bloguística.

E "nótese" que tiven que saír da casa para ter algo que contar.

condado disse...

Que pasá che, é que non se pode ter acento argentino?

Sun Iou Miou disse...

Cadaquén pode ter o acento que lle pete ou cadre, Condado, pero este acento arxentino non tiña, por raro que pareza.

Tá-se bem! disse...

Xe no hay entendido quasi nada xe!! LOOOOOL :p

Sun Iou Miou disse...

Pois, Tá-se, entrei num café e o barman, só viu uma coisa fraca com blusão de moto, deduziu que eu era homem e quando me perguntou o que queria (ao ir ele para detrás da barra, que não me vira ainda de frente) acrescentou ao final uma fórmula de cortesia excessivamente elegante "caballero", em lugar de "senhor" e quando percebeu que eu era mulher quase morre. Mas ajudei um pouco com um sorriso a passar o mal momento.

O do café "com leite/leche" (= meia de leite) e as mulheres é que existe a "teoria" de que cá os homens bebem café só e as mulheres com leite...

Tá-se bem! disse...

ehehehehe aqui as mulheres bebem café só, como os "caballeros" ahahahaha :p

Sun Iou Miou disse...

E aqui também agora, Tá-se bem, e cada vez, nem sei porquê, são mais os homens que bebem meia de leite.