sexta-feira, 14 de março de 2008
A corrente lambe as marxes
E é que o documental de onte foi punk, e así me quedou a estética de cadáver ambulante. Lech Kowalski levounos onte de paseo por un taller artesanal de botas, desde o branco e negro dos inicios, de secuencias sacudidas e mareantes, nun traxecto impregnado de forza, solidariedade, e lixo, montes de lixo por todas partes, ata unha segunda parte, en cor, máis calma en aparencia, máis luminosa, pero eslamiada, que camiña entre os cascallos dos soños esboroados: parellas rotas, cabalos sen rédeas a cabalgar polas veas, integración no sistema ou ruína.
Confeso que por uns minutos me arrincou da sala o peso das pálpebras pero non foi culpa do director senón desa serea que seduce co movemento ondulado do rabo e a voz grave nun murmurado: déixate levar... déixate arrastar... déixate sumir... O transo, que durou o que un mal quiqui, foi pola contra reparador.
quinta-feira, 13 de março de 2008
O xardín de Jad
Tremendas son as palabras da nai, que incapaz de moverse, ve como a esperanza dos seus días (ver o fillo, que debe arriscar a vida simplemente para a encher de agarimo, e fumar os cigarros que el lle trae), o que a mantén con vida e lle pinta de luz a mirada, lle vai fuxindo, ante a progresión implacable das altas pranchas de formigón que se erguen ocultando o sol.
Estremecedoras as palabras, ao día seguinte do once de marzo, e comprensibles, terriblemente comprensibles.
quarta-feira, 12 de março de 2008
Detesto os amorodos!
Como algún outro por aí eu tamén teño un pauto cos espellos (eu non miro para eles, eles não me devolven a mirada), de maneira que nunca penso na miña idade, o cal tampouco quere dicir que a negue, simplemente non me preocupa, fago o que me permite o corpo, que é case todo o que facía cando tiña vinte anos.
Dito isto, como os mais dos amigos do meu tempo están tan felizmente casados e prefiren emborrachar-se na casa, para evitar os controis de alcoholemia, cando quero saír teño que botar man dos trintóns, que me revitalizan sempre porque aínda soñan espertos e non van polo mundo coa cella do cinismo levantada.
Entre estes está un dos J (que vou ter que pensar en numeralos e, por que non?, montar un grupo de coros e danzas con eles) ao que cando vivía aí da outra beira do río lle fixen de choferesa en infinitas ocasións e daquela non había ponte aínda... non me quero acordar.
Foi a cousa que o rapaz tiña que votar por correo e pediume para o levar á oficina de Pombalnoseixo a facer a papelada. Como negarllo, con ese sorriso que ten que engaiola as vellas? Alá fomos. Cadrou que había feira, porque era mércores, coma hoxe, outro elemento para a conxunción fatídica que non axuda nada a escorrentar o mal que me sentou o café desta mañá. O J, que é antolladizo, viu uns amorodos e quixo. Achegámonos ao posto, pediu e tirou un billete de cincuenta euritos para pagar o quilo da merda aquela. A señora (putaqueapariu) preguntoulle se non tiña troco, de onde se deduce que ou carecía de luces ou sobráballe mala hostia, porque se o outro tivese troco, non quitaba o billete de cincuenta, digo eu, vamos. Entón, dixen, deixa, ho, que xa cho pago eu, xa mo darás... E pagueille á señora (putaqueapariu). O J, cabezudiño como é, insistía en pagar co seu billete, que nin que lle deran corda, ao que a señora (putaqueapariu) espetoulle (en realidade foi a min a quen lla espetou):
-Deixa, neno, que xa pagou túa nai... -putaqueapariu!
Non, non quedou aí a cousa. O J, mordendo os labios para tragar a gargallada, intentou arrincarme a faca que tiña chantada no peito, ignorante do contraproducente que iso é, e retrucou:
-Que non é miña nai!
-Bueno, bueno, o que sexa -dixo a señora (putaqueapariu) coma quen di, como se a túa amante ou a túa avoa...
Porque aquel día aínda non coñecía ao Rei da Lã, se non, pídolle a bota e arrebéntolle co posto todo.
segunda-feira, 10 de março de 2008
Azar
Así que hoxe, manda truco, por escasos segundos, librei de que me encaixasen pola dereita unha hostia coma a que eludín onte tamén por escasa marxe.
domingo, 9 de março de 2008
Secuestro
Se o primeiro vogal non se presenta, a sorte será vosa, que redactarei a crónica heterodoxa; se si, votarei -mais non en conciencia- e consagrareime a rañala en corpo e alma.
sábado, 8 de março de 2008
Frémito
Para o alter ego de Césare, que un día me deixou sen perspectiva e sigo sen saber por que
As últimas páxinas debéraas ir ler para a beira do mar, sostidas por un café mínimo e intenso e unha águadaspedras, mais sorprendeume un día de fechar os ollos para durmir sen soñar, e non dei lavado do nariz o cheiro ao hospital nin da boca o sabor acre dos contedores do lixo rebentados.
Soa ao fondo Blood makes noise (O sangue fai ruído) de Susan Vega mentres gabeo polo elenco e me demoro na beleza estática do coro, e nun pispás estou na primeira anotación barrenando na transposición á imaxe da cor que me transmite o primeiro parágrafo e lamentando que o que teño entre as mans sexa teatro en lugar de novela. Saberán os escenógrafos cantar isto?
Xa non me importa o diálogo, que é unha escusa para viaxar de anotación en anotación, á esencia da paisaxe: da culler que ferve á calor do chisqueiro cunha promesa de paraíso de sabas a corar nun campo verde aos vidros rotos que se incrustan coma guizos; á labazada que dispara as tebras; ao cano dunha pistola que rouba a dignidade; á luz tenue de solpores e amenceres, de farois sempre distantes; á putrefacción do poder e o/do diñeiro; ás ruínas que se erguen retadoras.
Talvez escribindo non mudemos nada, R.R., pero sempre hai algo que muda en nós lendo.
Ás escuras
Incógnita sen despexar
quinta-feira, 6 de março de 2008
Guerra aberta
mandou a Sun para o carallo.
Mais se non foi ao revés,
foi por causa dunha espada,
que ripou o furricallo
coma quen di da'nada.
Ve lá se coa lingua zafas
mellor ca con arma branca
e mira se os golpes abafas,
desta regueifa, Jonas,
que che mando con retranca.
Tenta tu se me destronas.
Encerrado por manutenção
Como nas cidades só sei facer tres cousas: contemplar edificios (grazas, Javier, por me aprenderes que existe a Arquitectura), ir ao cine e aprovisionarme de palabras emprestadas, tirarei fotos do mercado que queren transformar en feira para o conservar na memoria dixital, e sobre todo asaltarei librerías, polo que agradezo suxestións que me eviten perderme en exceso, aínda que talvez o que me guste no fondo sexa perderme.
Palabra e voz e rostro
Onte púxenlle cara e voz á palabra e gañou puntos. E o seu libro, que estaba para aí na lista de espera da mesa de noite (que igual en calquera momento abate e me sepulta) pasou a ocupar o primeiro lugar. Prometo regurxitalo en breve.
terça-feira, 4 de março de 2008
Que non me caia, ou si
Aínda agora, cando quero que algo non me fuxa das mans, téñome que concentrar e pensar con forza: que non me caia, que non me caia, que non me caia.
Desenfreado
Pouco despois foi no instituto. Pedro, que se pasara de vez un día nas Cíes cunha infusión de estramonio (iso sóubeno anos depois), apareceu a media mañá polo Centro e depois de intentar arrincar a miña bici do cadeado (eu era a única tola á que se lle ocorría daquela moverse en bici por Cidadeabertaaomar, agora creo que hai dúas ou tres persoas...), entrou perseguido polos gritos de alto do bedel, e montou a de dios largando patadas contra a porta da azotea ata que a botou abaixo. E todo porque eu debía ser a única no mundo que lle falaba, e calquera que me coñeza sabe que os discursos non son o meu.
De todo isto lembreime polo caso que me aconteceu estando por fóra do valado do meu eido a podar unha glicinia. Era domingo, un domingo de sol morno a media tarde, cando a xente da aldea troca a roupa dos cotíos pola dos días santos e aparca a eixada, mentres os urbanitas transplantados segamos o céspede e podamos sen atender á lúa enfundados no chándal mercado na feira. Sentín o runrún do carriolo a subir polo camiño. Viña de branco inmaculado, camisa aberta, pelo en peito, e pantalón curto. Mais detalles non me pidan, que son pouco observadora, pero o Luís da Mangueira debíase sentir coma quen que pasa no seu BMW descapotable (que gusto poder ceibar esta palabra, puto VOLGA que o pariu co seu convertible!), cabelo ao vento... o rei do mundo. Apenas virei a cabeza para saudalo, que un saúdo a ninguén se lle nega, mesmo que sexa un peco insoportable. Como é meu veciño, a estas alturas xa aprendera que... confianzas ningunhas. E velaí que se detén no medio e medio e grita non sei que. Eu, para quitalo de enriba, díxenlle:
―Ata logo, Luís, non che entendo nada co barullo do motor.
En mala hora: apagouno. Entón afincou a queixada nas nocas da man dereita, estilo Pensador de Rodin, e espetoume, así, sen preámbulos, fóra palla:
―Que pena, muller, tu aquí tan soa...
―Ui, que carallo ―pensei eu, non sei se de alto se de baixo, agoniada só pola perspectiva de ter que mandalo a pastar para que non me amolase, que nese intre, pouca perspicacia a miña, aínda crin que se refería ao grande que era o eido e o moito traballo que me tiña que dar manter aquilo dominado.
―De cando en cando hai que botar unha cana ao aire!
―Ui, que carallo, Luís! ―Aí xa si que me saíu da alma fóra, pero el non se me achantou.
―Eu, xa sabes, para o que faga falla... ―E puxo así a cara de medio lado en plan galán interesante cunha cella levantada.
E eu que estiven para estoupar a rir, nun instante de lucidez, dixen quita, quita, que este a gargallada igual a interpreta coma un si e armámola. Total que endereitei o espiñazo e salteille coma damisela alporizada mais seria ca unha pataca:
―Mira, Luís, non me fales máis na vida!
E volvéndolle as costas, moi digna, tiquitiquitiqui, subín cara ao portal, a paso firme, escangallándome de risa, sen sacudir os ombros para que non se me notase. E nisto que o sinto berrar como poseso. Vírome e alá o vexo ir, detrás do chimpín, que lle marchaba polo camiño abaixo. Fixen unha finta mental de correr a botarlle unha man, que non son tan ruín, pero o sentidiño retívome. Quita, quita ―dixen―, que aínda o vai entender mal, que se zafe. Aló o quedou, intentando sacar o carriolo da gabia e mandando baixar todos os santos do ceo.
Estaba claro que o sex bomb esquecera pór o freo de man.
segunda-feira, 3 de março de 2008
Insulso
domingo, 2 de março de 2008
Non devolvas o favor
Á volta aferreime con toda a forza das mans aos puños calefactores para que a través dos brazos me quecese o peito friísimo que traía.
sábado, 1 de março de 2008
Sinfonía en lúa menor
Total que onte á tardiña (hora máis, hora menos) custoume atopar unha butaca limpa: daba a sensación de que aquilo era un microondas xigantesco no que rebentara unha bolsa de pipocas -espero que da sesión anterior, espero. Afortunadamente en canto se apagaron as luces, suminme nun estado de relaxación próximo ao éxtase (vivo sen vivir en min...) ao que me arrastrou a contundencia das catro primeiras teclas da melodía. Prescindo do argumento, que era de amor e desamor, de guerra e paz, de ricos e pobres, de cores e grises, de falsos e leais... O de onte non foi imaxe... Foi un concerto sobre un decorado que mudaba ao seu son.
sexta-feira, 29 de fevereiro de 2008
quinta-feira, 28 de fevereiro de 2008
E foi boa mesmo!
En fin, que case me pesa non lles dar motivos para que se escarallaren á miña conta, nin para que me leven bombóns ao cuarto do hospital (de flores abstéñanse se algún día se dese o caso, por favor, que detesto velas murchar), pero é que fun tremendamente feliz esta tarde e cando son feliz teño moi pouco chiste.
A espatelarse (desta vai a boa)
Notas para tugas:
1. Tetezinha: A única diferença entre espatelarse e espatifarse é que quem se espatifa diz: "Porra!"; quem se espatela diz: "Que hossstia!". Mas interna e externamente o resultado é o mesmo: trompada.
2. Rei da Lã: Dentame, por o elucidar, é aquilo que põe num copo com água (devia era ser água, quando menos...) depois de deixar agasalhadas as galinhas. Nem todos são extraíveis, mas se calhar dos fixos já não se lembra.
3. Jonas: Não terás um "stick" em bom estado que já não utilizes? Ainda não encontrei um do meu gosto.
4. Fausto: A cara boa das religiões: se eu não vou aos patins é eles que vêm a mim (ou será que é por eles terem rodas?)
domingo, 24 de fevereiro de 2008
A ir e vir chámanlle carrexar
para lavar os ollos
en horizontes.
Tamén para ver a Diego, que é outro dos nomes propios do horizonte:
tres meses,
tres días.
E para pisar de novo no barro branco que se pega nos zapatos, coma se nunca se fose desprender deles, a turrar por un. Para percorrer o páramo infinito, a estrada que de golpe se torna meandro entre os outeiros e se volve estirar coma se non fose acabar máis. Para aventar o recendo á terra mollada que trae o aire e pasmar ante o manancial mínimo que racha coma unha alfaia a cotra seca virando olmo...
Quen dixo que non se debera volver a Comala?
P.S.: Polo aquel de non estragar o lirismo, quedou fóra o colofón: Cheguei á casa coma un pito.
sexta-feira, 22 de fevereiro de 2008
Non sei se os frita se os coza
Que vellez nos espera, nenos!
quinta-feira, 21 de fevereiro de 2008
Para matarse
quarta-feira, 20 de fevereiro de 2008
terça-feira, 19 de fevereiro de 2008
A lamber paredes (The making-of)
Lamber paredes: Diz-se dos adolescentes quando começam a masturbar-se porque de tanto esforço sem paragem ficam brancos, como se estivessem a lamber o gesso das paredes.
Facer as beiras: É como dizer iniciar suavemente o acosso do namoro.
Andar como un can: Isso dá para perceber, ou? (cão = can, e assim sempre, acho, ão = an)
Negro, burro, pedra: Vai tudo parar na mesma cena: erecção (não de castelos no aire, mas até pode ser quando não há cimento).“
Trangallo: (“ll” sempre se lé como “lh”, minhassenhorasmeussenhores) É um pau que se coloca a um animal para lhe dificultar o movimento. Acho que isto não precisa de mais explicação. Sim, sentido metafórico. Animais somos todos, uns mais evoluídos do que outros, Darwin dixit. 'Tá? Se seguimos por ai este blogue vai acabar assinalado.
Fumegar: Bem se compreende. Aqui é na acepção 'exalar vapores', pela diferença de temperaturas...
Ferrar, chuzar, espetar: Clarissíssimo, é 'cravar, enterrar', mas nem é preciso terra.
Paxara: Isto cá é uma vulgaridade, mas condiz com trangalho, en quanto é um dos seus possiveis complementos nas relações heterosexuais. Com um trangallo e uma paxara pode-se jogar ao trompicallo.
Papuda: O mesmo lá do que cá, figuradamente 'proeminente'.
Meter pé no conto: Seria finamente 'intervir'; uma expressão equivalente em linguagem com asterisco é cortar a mexada (mexar = mijar, 'tá bem?).
Gaiola: Português diamantino, e também 'masturbar-se'.
Caldeiro: O mesmo do que 'gaiola' na acepção de 'cadeia, cárcere', não na outra.
Matar a fame: (fame = fome) Já disse antes um gajo há séculos: "Não só de pão vive o homem" (e a mulher, diria também se for hoje, por falar com correcção lingüística). É o contrario de 'matar à fome'. Não vão dizer agora que os acentos carecem de importância.
Prontos: vou trabalhar, que o meu alter ego está-me a apertar a cravelha.
segunda-feira, 18 de fevereiro de 2008
Parte
(Se algo ten de bo erguerse a estas horas é que pola radio, en lugar das noticias cotiás de desastres e embotellamentos, os locutores aínda non se deitaron e están colocados e felices polo exceso de endorfinas que produce unha lixeira falta de sono. Coma min.)
domingo, 17 de fevereiro de 2008
A lamber paredes
Pé no conto
Ao primeiro fíxolle as beiras. Logo xa andaba coma un can tras ela, negro o día enteiro e a noite coma un burro, longa noite de pedra... mentres ela brincaba, amolecendo por dentro. El rozouna co trangallo, ela recuou a fumegar cara ao baño, entrou nun retrete e el atrás. Ela xemía baixo o son amortecido da música: férrama, chúzama, espétama. El debruzou a boca sobre a paxara papuda, lambeulla e ela gritou incontrolada. Cando a policía meteu pé no conto non lles quedou outra que mandar cadansúa gaiola no caldeiro para matar a fame.
sábado, 16 de fevereiro de 2008
Vaiche boa a navalla!
E mentres cismaba nisto, fogueteada pola Nacional 13, sorteando coches cuxos ocupantes pasmaban a contemplar o fermosísimo solpor sobre Caminha -e eu sen paraxe para me demorar en tirar unha foto que arquivar na memoria dixital- dei en observar uns ferros chantados no medio da estrada para separar non sei o qué, talvez a mínima diferenza entre salvar a vida ou deixala espetada sobre o asfalto, coma un raxo de polbo nun escarvadentes. Mesmo así seguín retorcéndolle a orella á burra, que non chegaba, cagoentodo, por esa manía de apurar un pouco máis sempre no choio, como se dez minutos máis ou menos rendesen algo...
O caso é que cheguei, xa coas luces apagadas, e contemplei fascinada un musical que me fixo sorrir, que me fixo recoñecer que compensara o esforzo, as présas, a tensión... Tomara eu poder facer un día a versión galega das cancións para dobraxe. Que gozada! E logo que hai certo tipo de películas que me levan a evocar a meu pai sentado na sala da casa un domingo pola tarde. Esta foi unha desas. E sentino sorrir ao meu lado, sobre todo, cando eu apartaba a vista da pantalla para que non se me metese polos ollos o chafariz de sangue que ciscaban os degolados ou tapaba os oídos ante o chascar das cascudas machucadas. El, pola calada, escarallábase.
Devalo
sexta-feira, 15 de fevereiro de 2008
Suxestión
quarta-feira, 13 de fevereiro de 2008
Choio pendente
Díxenvos xa que vos quería? Pois dito está. E outro choio pendente que borramos da lista.
terça-feira, 12 de fevereiro de 2008
Botaporela
domingo, 10 de fevereiro de 2008
Vicio
Ameázame o sapiño con non volver ir ao cine se porfío en levalo a ver películas tristes. O de ameazar é unha esaxeración, claro, porque o di cun sorriso e con tal suavidade, que calquera que imaxinase a conversa observándonos á distancia pensaría que me está suxerindo a repetición da experiencia. Pero é el así, e co traballo que me dá arrincalo do tobo, urdo unha frase a modo de sentenza lapidaria de carácter positivo:
—Polo menos, con aquel pai, a criatura tivo a opción de elixir o sexo e a tendencia sexual —Ao contrario que o rapaz, penso e calo, coitado, que o tiña negro.
—Pois tivo.
Ou tamén:
—Tranquilo, que é unha película e o triscar de ósos créano escochando garabullos —A realidade é moito peor, pero iso gárdoo para min.
—Pois é.
Ou:
—E vivían coma pachás, malia que o pai del dilapidara a fortuna que amasara o avó —E da fin terrible fago coma que non a vimos.
—Pois vivían.
O caso é que levamos unha racha de angustia que precisa dunha inxección de comedia intelixente urxente, e iso que o outro non ve a metade das que eu vexo, pero tampouco ten o limiar do sufrimento á altura do meu, ao que se suman os 45 quilómetros de ida e outros tantos de volta que lle chimpo á sesión masoca. De maneira que a ver se un día destes aparece na carteleira algo que nos sacuda a negrume, porque se non estoume vendo caer no vicio solitario para a eternidade.
quinta-feira, 7 de fevereiro de 2008
Sentenciado
Levaba toda a vida a levantar muros, paredes, valados; a encofrar, rexuntar, revocar, alicatar, lucir; a tellar e retellar... De pouco lle servira ter as mans cuarteadas e os poros da pel entupidos de po de xeso e cemento, o pelo pedrés desde a adolescencia, pois era no oficio malo con avaricia, por non dicir chafulleiro sen remedio. Cobraba barato, iso si, e a tarifa á baixa salvábao e íalle dando para comer, malamente para vestir, escasamente para vicios. Consciente da súa cativa habilidade, nunca se gabou das obras que facía, mesmo que contra o seu tellado tamén non botase pedras. Cando remataba o choio e mentres gardaba no peto o sobre dobrado coa paga, espetaba rotundo:
—Bonito non queda, pero seguro tampouco.
terça-feira, 5 de fevereiro de 2008
Pola causa
Voume travestir de femia esplendorosa a ver se así os cociñeiros do Entroido das Carrouchas me serven unha ración de cocido no seu sitio, coa súa pataquiña, as súas verzas, a chouriza que non falte, un algo de galiña, cacheira, unhas febras de xarrete, unha lasca de touciño entre o pan e unha cunca de tinto con ou sen pintas, que vai a rego cheo. Logo mándolle un danacol e novos.
Isto, que parece que non, é un acontecemento histórico: desde os doce anos que non me disfrazo. Pero mira, hoxe estou de quiero.
Martes de Entroido ao mediodía
Van
Ouveando cabálganme as sirenas
a envoltura falsa que me abrangue,
monótono o badalo e rouco tangue
no padal resequido polas penas.
até os músculos, os ósos, até as veas,
chantan nos artellos coma areas
faíscas que son guizos infinitos.
e suxéitanme á padiola con correas
os verdugos que decretan que non cinga
estes dedos os teus pulsos sen cadeas,
o teu corpo antes que se extinga.
segunda-feira, 4 de fevereiro de 2008
Lume no cancro
O 22 de decembro de 2003 diagnosticáronme un linfoma de Hodgkin. E foi como se me tocase a lotería, porque de entre todas as posibilidades, aquilo era o que mellor prognóstico tiña. Así o vin naquel momento e creo que iso foi fundamental para que hoxe estea aquí escribindo: iso e a SANIDADE PÚBLICA, e o meu médico -o doutor Novoa-, toda a planta terceira do hospital, os amigos e a familia, que me levaban e me traían e me axudaron a subsistitir durante aquel ano que estiven a tratamento (porque coa baixa de Autónomos, en fin..., ese é outro tema). É certo que un día, ao principio, ao ver que non melloraba, pensei que aquilo se acababa, e que me mentían, como, por desgraza, tantas veces vira que se facía. Pero despois de falar co médico, pasóuseme, e nunca máis. Había momentos malos, fisicamente falando, pero o importante era pensar que aquilo era pasaxeiro, que era una gripe un pouco longa, e que ao menor síntoma de mellora, ou ás veces sen el, había que levantarse e camiñar, primeiro un pé, logo o outro, aínda que fose devagarísimo devagarísimo, pero camiñar.
Harmonía
domingo, 3 de fevereiro de 2008
Cultura pop
Pasou o nadal e non fartos de consumo
semellan anoréxicas damas de pasariala
os porcos do cortello superviviantes da comediala
as baleas do mar, os loitadores de sumo
ao lado deste corpo do que me gabo e presumo
son unha bomba ambulante, botopormín, botaporiala.
Propósitos de aninovo non coñezo nin fago
non me quito das patacas nin me quito do touciño
nin me quito da augardiante, do tabaco, nin do viño.
Desde o amencer á noite, engulo, chucho e trago
por non perder peso hai días que nin cago,
nas fiastas de guardar, eu guardo no fociño.
Cultura pop, cultura pop
chiflar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Hai vicios máis peores ca este meu polo cocido.
Que hai quian xunta ladrillos apegados con cemento,
quian arrasa os nosos montes que son vida, son sustento
quian xunta cartos en sacas negras coma o seu contido
quian entra e sae da cadea sen que lle chamen bandido
quian convierte a democracia en permanente esperpento.
E demos grazas, e demos grazas
que non nos poñen bozos nin mordazas
E demos mazas, e demos mazas
pra mazarmos a eito en tantas desgrazas.
Cultura pop, cultura pop
chifrar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Disque agora os pitos van andar con cueiros
perfumados con chanel coma a loura Marilín;
ducha diaria ás galiñas en tódolos galiñeiros
desodorante nas alas e ambientador de xasmín;
e ós galos vanlles botar millo con pipermín
pra escorrentar ó cantaren piestes e malos cheiros.
E non hai frescuallo que máis infeste,
non hai tufo no mundo que menos preste
polo norte e o sur, polo oeste e o leste,
non hai fedor na terra que máis deteste.
Cultura pop, cultura pop
chifrar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Seica espallou a moda nas igrexas da bisbarra
de pór músicas celestiais en potentes altofalantes
pra envanxelizar a xente á forza de dar tabarra.
Onde alá van as campás que nos espertaban antes?
Iou quiárome máis no infierno rodeado de moinantes
A que me esperte ós domingos da resaca esa fanfarra.
Quian non desbarra? Quian non desbarra?
Chega o domingo, ié que non marra.
Veña guitarra, veña cinzarra,
Déixache a cachola que cha escacharra.
Cultura pop, cultura pop
chifrar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Os semáforos do Punto son seres independientes
que acenden cuando lles peta ou cuando lles apetece.
Pra regula-lo tráfico tian cores convenientes
A eles tanto lles dá, que son autosuficientes.
Xogan a se pór en verde os dous cando lles parece
Por ver esnafrar ós coches e a máis dun partir os dientes.
Tanto lles dá e tanto lles tian
Vermello, que verde, quian vai e quian vián.
Tanto lles dá, parécelles bian
Que turren, que choquen cincuenta ca cian.
Cultura pop, cultura pop
chifrar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Chantaron da noite á mañá nos camiños uns letreiros
Que nos tian desorientados a veciños e forasteiros.
Puxeron Fontenla a Fontiala e á Quirincosta, Cunqueiro;
Castelao ao Camiño Viello, abofé son chafalleiros.
¿Que tian que trocar nadias os nomes destes carreiros
que tiñan nome bian posto polos nosos devanceiros?
Seica llela abala, seica llela alomba,
Como lles digan nin como se chamen.
E tomba que dálle, e dálle que tomba
mentres os veciños non llelo reclamen.
Cultura pop, cultura pop
chifrar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Vienres de foliada organizan na capital
con desfile de carrozas a golpe de talonario
só por quitar as plumas máis balorentas do armario.
Pro quian queira ver entruido non topará outro igual
Có que en Goián facemos co cocido comunitario,
tortillas, torresmos e viño e a sopa do carnaval.
Sopa no pinico para toda a tropa.
Nin cunca nin caneco nin prato nin copa.
Onde se atopa? Onde se atopa?
En Goián tomamos nun pinico a sopa.
Cultura pop, cultura pop
chifrar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
sexta-feira, 1 de fevereiro de 2008
Chapuzar polas pozas
Na honra dos membros deste goberno hai que lles recoñecer que saben actuar con eficacia, en ocasións. Aló polo mes de decembro decidiron que ían tomar medidas contra a seca e ata o de agora non nos podemos queixar. O mes de xaneiro deixou algunha que outra rega e hoxe volve chover como se non fose parar máis nunca, tras uns cantos días de intervalo en primavera diurna, —cos bruscos cambios de temperatura dos que os seres vivos normais se salvaron pola elasticidade das células mentres as pedras escachaban por inertes, por inercia.
Despois do xantar (‘almoço’ para os da banda de lá, que logo desnórtanseme, aínda que pola deshora a algúns pareceralles ‘jantar’) subín ao centro a tomar un café ou dous. Ameazaba chuvia, pero non tiña gana de ir no coche, así que collín a bici, consciente de que se non era á ida, á volta comohaidiós caíame. Ben podía ir a pé, pero son vinte minutos a paso lixeiro e tiña que vir para a casa… a perder o tempo no diario en lugar de traballar e levantar o país, para que nos imos enganar. Entón vin a primeira poza e entráronme unhas ganas irrefreables... que refreei. Xa bastante sona de tronada teño. Tívenme que conformar con volver á casa coma un pito e cismando que, total, se me había de mollar por que non me puiden dar o gusto de pinchar nunha poza ata que me chegase a auga a por debaixo do lóbulo das orellas. Un día destes, non hai fallo.
Tamaño
quinta-feira, 31 de janeiro de 2008
Prexuízos
terça-feira, 29 de janeiro de 2008
Lexicoloxía avanzada
segunda-feira, 28 de janeiro de 2008
Delirio
sábado, 26 de janeiro de 2008
O peso dos silencios
Tiña a equipaxe preparada. Repasou a lista dos imprescindibles que fora escribindo nos días anteriores. Pastillas, móbil, cargador… O paquete cos silencios colocárao ben centrado na mochila polo aquel do peso. Para viaxar sempre os comprimía porque así apenas avultaban. Dese xeito, cando conviñese, era só descomprimilos en función do oco que tivesen que ocupar. Antes de saír lubricou a cadea á conciencia, limpou a viseira do casco e equilibrou a carga, non fose escorar nunha curva por causa dos silencios. Cheiraba á herba acabada de cortar e aos plásticos queimados. Puxo o motor en marcha e o son rouco e fondo púxolle o corazón a cen. Na gasolineira parou a encher e de paso verificou a presión dos pneumáticos: deulle ao máximo, non se lle fose ir a moto por culpa do peso dos silencios. Axustou o contaquilómetros a cero, meteu a primeira e acelerou... pouco. Foi aumentando a velocidade paseniño e cando superou o sinal de fin de limitación de cincuenta, mandoulle un xiro de pulso e dobrou instintivamente o corpo cara adiante. Polo espello retrovisor comprobou que non viña ninguén, deixouse ir cinguíndose ás curvas con suavidade, esvarando case polo asfalto.
De alí a quince días regresou. A herba do veciño seguía como acabada de cortar e había, claro está, un certo cheiro aos plásticos queimados preso no ambiente. Ao descargar a equipaxe decatouse da liviandade da mochila e chocoulle. Algo lle quedaría atrás, pensou, e sentiu un nó na gorxa que lle premía contra o esófago. Nada máis entrar na casa abriu a mochila e faltoulle tempo para baleirar o contido, entre a urxencia e a inquietude. Sobre a mesa foi depositando o cargador, o móbil, unhas poucas pastillas... Remexeu coa man no fondo, virouna, sacudiuna. Nada. Notou unha gana irrefreable de falar e correu ao piso de arriba a conectar o ordenador. Vamos, vamos, díxolle polo baixo, que é para hoxe, cada día estás máis lento, voume ter que parar algún día a eliminar programas inútiles. Abriu o blog e deu en escribir, en escribir, en escribir con tal lixeireza nos dedos que non lle quedou un só oco sen ateigar.
sexta-feira, 18 de janeiro de 2008
Final
Fodeuse serán as derradeiras palabras
que pronuncie
(xa cun réquiem, coma quen di o de Mozart,
atrás sería grandioso, a rebaixar hai tempo),
iso si, se non me cacha
distraída
a da queixada regañada,
a dos ollos de negrura estupefacta,
e me vou sen sentir
de morte traizoeira e polas costas,
se acaso dicindo fódase.
Fodeuse vén a ser como dicir
que non hai máis que rañar
(aquí pór “ca” ou “que” si conta),
ou que morreu o conto,
neste caso eu, podía ser outro
(e pór ou non pór coma sempre conta).
Alá vai, pois, direi se houber censura,
o de bañárseme a lúa nos ollos
cando asoma tras os montes de Cerveira,
os paseos polo río e o sol morno na cara,
as pingas grosas que esvaran
xélidas entre o cabelo,
o tic-tic-tic da bicicleta nunha baixada sen mans,
ou a maxia das palabras
soas ou encadeadas.
Alá (onde?) irá tamén
a tristura sen sentido,
a dor que non transformei en forza
e o tempo mal aproveitado,
pero disto non direi fodeuse
senón máis ben que se foda.
quinta-feira, 17 de janeiro de 2008
Chino chinés ou porco fotóxeno
Parece ser que na China do señor Zhonghua Liu unha luminosa marrá (cocha, quina ou porca, tamén se di) deu a luz dous chiniños (léase bacoriños, leitóns, corrichos, marcotes, ranchos, recos, relos, rellos, zacotes) con luz. Non é que se cruzase nin que a cruzasen cun lucecú, coma moito laverca andará a pensar, porque o pai das criaturas era un macho ordinario —que outro cualificativo se pode aplicar a un porco?—, senón que á devandita lle inxectaran previamente unha proteína procedente de augamares, unha de tantas especies fosforescentes que andan polo mundo.
Coa culminación deste proxecto parece que se demostra que a tecnoloxía para transmitir aos descendentes un xene implantado está madura. Agora o que teñen é que mirar ben que non lles podreza nas mans. O importante é que isto, que pode parecer un experimento baldío, non ten como obxecto que se un porco que foxe dunha granxa (e ben que fai, para que negalo) se nos cruza de noite na estrada o poidamos ver á distancia, frear e evitar tanto o atropelo coma a desfeita no coche, por non pensar en males maiores en todos os implicados, senón, atención, obter unha carne máis nutritiva. Non me cabe dúbida de que quen redactou a noticia comeu parte dela (da noticia, digo, non da carne de porco en cuestión) porque non a considerou salientable ou porque dalgún sitio tiña que eliminar palla, xa que polo camiño, entre a luz e a carne, algo se perdeu, e máis cando se afirma tamén que esa tecnoloxía se poderá aplicar ao ser máis ou menos humano no eido dos transplantes e na resistencia ás enfermidades.
Eu polo pronto véxolle innúmeras aplicacións de orde lúdico-práctico (que sonoridade, mira), por exemplo, no Nadal podería ir todo cristo bendito coas luces incorporadas; e poderiamos nacer (home, nós non, os que veñan atrás) cos pisca-pisca de serie para evitar eses tropezóns embarazosos cando dúas persoas se encontran de fronte e tras senllos abaneóns vacilantes acaban estampándose irremediablemente; tampouco faría falla colocar o chaleco cando temos unha avaría no coche, o que cal se ben redundaría en menores ingresos nas arcas do Tesouro debido ao descenso nas multas, isto, porén, veríase compensado pola baixada do gasto nos fondos da Seguridade Social derivados da ausencia de accidentes provocados pola mala visibilidade...
En fin, a todas luces, o futuro prométese brillante.
sábado, 12 de janeiro de 2008
En día domingo e sempre
A fráxil estrutura que me sostén, formada de pezas que roubei tamén e ademais nas palabras súas, observo con sorpresa que resiste malia a insistencia con que pola radio repiten que morreu.
Letra para cantar un día domingo
Y a última hora no quedaba nada:
ni siquiera las hojas de los árboles
—acacias—, ni el viento de la tarde,
ni la alegría, ni la desesperanza.
La caricia que pudo haber rozado
aquella piel, no se produjo porque
aquella piel no era la tuya,
ni los ojos
que me miraban eran
tus ojos, ni el deseo
—que en otro tiempo hubiera sido
suficiente—
tenía sentido, desviado
del cauce de ti misma.
y al sentirlo hecho sombra, y polvo, y nada,
comprendí que la luz que había llenado
sus horas,
y todas sus palabras
que ocuparon mi boca, y los gestos
de mis manos,
y la fatalidad de mis designios,
y las calles que anduve paso a paso,
y el vino que bebí, y la alegría
de saber que existías en el mismo
instante,
no eran sólo el fracaso repetido
del Día del Señor, sino que eran
un día más sin ti:
comprendí con dolor que jamás, nunca
para mí habría domingos ni esperanza
fuera de tu mirada y tu sonrisa,
lejos de tu presencia tibia y clara.
sexta-feira, 11 de janeiro de 2008
Solitario
Sentiu petar na porta e ergueuse do sofá. Arrastraba os pés, non por cansazo, nin por preguiza, simplemente para afastar o inevitable. O fillo entrou sen un boas tardes, sen pedir permiso, mentres ela apartaba e lle viraba as costas, dirixíndose de novo ao salón. El fechou a porta con moito coidado, tanto como puxera en bater coas nocas para chamar en lugar de pulsar no timbre. Ofreceulle un café, con desgana, polo aquel da hospitalidade nata, que el rexeitou, xa tiña os nervios bastante de punta. Ao sentar no sofá colleu as cartas que deixara sobre a mesa e proseguiu mecanicamente co solitario. O fillo sentou fronte a ela e agardou cos labios en tensión antes de pronunciar a frase que mil veces ensaiara antes de entrar:
—O papá?
Ela demorouse no xogo, colocou unha, dúas, tres cartas no sitio, antes de coller folgos para lanzar un suspiro sen apartar a mirada da baralla que suxeitaba entre as mans.
—Non o ides encontrar. Boteino polo váter.
—Como?
—Non o ides encontrar —Puxo o as de corazóns no sitio—, dixen. Boteino polo váter.
Mirou para o fondo do corredor antes de erguerse da butaca, antes aínda de saír da sala volveu mirar para ela, que seguía imperturbable co solitario. O corredor fíxoselle eterno até que chegou á porta do cuarto de baño, que abriu, devagar, empurrándoa coas puntas dos dedos da man dereita. Coa esquerda, que tremía xa, tardou en dar co interruptor da luz. Cheiraba ao limpo, á lixivia, máis ca nada. Levantou a tapa do váter, saíulle pola boca o alento contido todo. Baixou a tapa, apagou a luz, entornou a porta.
—De paso que baixas —pediulle— lévame ao contedor amarelo a saquiña que deixei á entrada, fai favor.
Agachou a collela —era avultada pero lixeira, de envases plásticos baleiros— e saíu sen despedirse, fechando a porta amodo. Xa na rúa mirou aos lados á procura do punto limpo. Nas escaleiras inda ficou durante un anaco un certo olor á sosa cáustica.
terça-feira, 8 de janeiro de 2008
Mal de ollo
de cristaleiras que abafan o sabor do sal nos labios,
de sonsonetes que disimulan o rumor das ondas,
de baldosas a escachar ante o porfiado movemento das dunas.
Até as pedras parecen un decorado de teatro,
tan colocadiñas elas.
Un (calquera) ansía que dun instante a outro
a torre envorque a illa
e arrinque a ponte que a transformou en istmo horrendo.
Pero onde as augas deitan plásticos na area
apenas queda marxe para os soños.
segunda-feira, 7 de janeiro de 2008
Mestres
-Mira quen está aquí. Acordaraste del, ou?
O T fitou para o aludido e ignorando a man que a tremer lle tendía, espetoulle:
-Aínda non morriches, fillo da puta?
Pois é, polo visto hai mestres que deixan pegada: na palma das mans, nos cadrís, nas costas, no papo da perna, no crecemento desmesurado das orellas...
domingo, 6 de janeiro de 2008
Carta da mañá de Reis
Benqueridos Reis Magos:
Non hai forma. Todos os anos igual. Desta foi a Encantada-vestido noiva, a Ariel co xogo de maquillaxe e unha saia de flores —monísima, dixo todo o mundo. Como volo hei de repetir? Eu quería —coma sempre, pero nunca mo traedes, así que para o ano insistirei— un Madelman explorador, ou un Fort Apache para montar granxas de indios e vaqueiros, ou un Mecano, ou un camión volquete deses enormes para cargalo de pedras, ou unha bici de carreiras… Ou libros, polo menos, libros! Pero nada. Nin sequera o saco grande de caramelos, que nunca o poño porque sei que sodes magos e “suponse” que adiviñades. Era tanto pedir? Vale, a bici é cara, xa sei, pero co que levades gasto en todos estes anos de regalos inútiles xa daba para unha de tres estralos. Conste que o gordo xa me fixo proposicións deshonestas para que cambie de operador, pero a miña lealdade segue convosco e estou por asinar un contrato de permanencia se para o ano cumprides a vosa parte. Vós veredes, pero advírtovos que estou empezando a encherme.
quinta-feira, 3 de janeiro de 2008
Tamén a noite é día
Antes de que empecen a soar as alarmas, isto é apenas un exercicio de memoria. Non é presente: é só gratitude de quen non quere esquecer un tal día coma hoxe hai catro anos na planta terceira.
Vaise achegando o carro e en silencio
ábrese a porta e dous dedos suavísimos
levántanche lixeiramente o brazo,
colócanche o termómetro,
tómanche o pulso.
Bos días, din, e sorrín case en silencio,
que por esta noite rematou a quenda.
Logo nada.
Polas físgoas da persiana vai penetrando a luz.
É día.
O carro das pastillas detense na porta
e entra un barullo de aluminio
e vasiño sobre a mesa,
un bos días alto e forte,
e un barullo de fregonas,
de camas levantadas
—ollo que hai corrente—,
de auga que flúe,
das pisadas do familiar
que sobe sen folgos polas escaleiras
—hora punta nos ascensores—,
e suspiros… antes de abrir a porta.
Cheira ao café e séntese o barullo das culleriñas
a remexer, a remexer, a remexer,
e renxer o celofán que envurulla o pan
e bater o coitelo contra o prato, clanc,
despois de untar a manteiga, clanc,
despois de untar a marmelada, clanc.
Bata branca e fonendo ao pescozo
—por favor, saian un momento—
e as palabras tan precisas, tan necesarias.
Avanzando co goteiro polos corredores,
unha volta, dúas voltas, tres voltas,
espréitase un certo barullo na sala
de voces altas, de voces baixas,
de consellos, de receitas, de remedios,
de mans que rozan cabezas peladas,
de brazos que suxeitan, que amparan,
de toses do enfermo que regresa
de fumar un cigarro furtivo na terraza,
de panos de papel apertados contra o nariz
para disimular o pranto.
E un silencio espeso,
roto polos carros da comida
que nos devolven aos cuartos,
á sopa, ao puré, ao iogur e a compota,
á determinación con que se come
malia ás náuseas.
De unha a tres e media
detense o mundo
e pesan os minutos
coma as pálpebras nos ollos.
Vaise achegando o son dos termómetros
que tintinan até que se abre a porta
e dous dedos suavísimos
levántanche lixeiramente o brazo,
para controlar a temperatura,
para tomar o pulso e a tensión.
Boas tardes, din, e sorrín abertamente,
que é bo para espertar ver un sorriso.
E de súpeto é un balbordo de teléfonos que soan,
de nocas a petar nas portas, de saúdos, de apertas,
de pétalos que rompen
contra as paredes de azul ténue,
da brisa que desprenden as páxinas
do libro que nos pousa nas mans
coma unha pomba mensaxeira.
E volve de novo o cheiro ao café
e séntese o barullo das culleriñas
a remexer, a remexer, a remexer,
e renxer o celofán que envurulla as galletas
e bater o coitelo contra o prato, clanc,
despois de untar a marmelada, clanc.
Que hai que comer, hai que comer,
—si, hai que comer, hai que comer—.
Vaise indo, vaise andando a tarde,
tan fugaz que xa logo está aí a cea
—que pronto se cea nos hospitais,
tamén che digo,
até as nove e media que non traen o almorzo—,
e o silencio cóase silandeiro
por todos os recantos,
engólese coma o amargor das pastillas.
É medianoite, a hora da camomila,
do descafeinado, do iogur,
do cacao, ou da tila,
—e máis unha xerra de auga, por favor, grazas—.
Ollos abertos e silencio,
e por fin nada.
Esperta outra vez a suor que enchoupa
o peito, as sabas, o cabezal…
Haberá que chamar outra vez
e chegan outra vez os anxos brancos
co sorriso aínda pintado na noite
e todo é calma outra vez.
Ollos abertos e silencio.
sexta-feira, 21 de dezembro de 2007
domingo, 16 de dezembro de 2007
Retruque
Desafíos retóricos
O outro reto mandáronmo desde o quiproquó e xa me tentou máis: trátase de construir un relato ou un poema cos títulos dos dez últimos textos colgados intercalando as frases necesarias para lle dar sentido, que non deixa de ser complicado facer o único texto con sentido deste caderno. Pero vaise intentar, que non é pouco, e así entreteño a mañá mentres o sol vai fundindo lá fora a xeada.
Sobrevivir, xa se sabe, é a cuestión, aínda que co tempo acabemos desenmascarados deste disfrace de xeoide co que nos defendemos. E así, sen empacho ningún á hora de retractarnos -onde dixen digo, digo Diego- a vida lévanos a descubrir que a mata má nunca morre, que quen a ferro mata a ferro morre e ao que morre polo seu gusto a morte sábelle ben. Mais dentro deste ton de melancólica determinación, vén aí sempre un instante que nos devolve a esperanza, porque hai días de choio que son domingo e domingos, coma este, que ende ben non son días de choio, mais o choio dos días (e aquí ía dicir algo que non vou dicir porque me perde a boca e case mexo fóra do penico), domingos en que non porfiamos en converternos en superheroes: escribindo, limpando, facendo exercicio, cociñando, visitando a familia e/ou os amigos, vendo exposicións, indo ao cine, ao teatro... concentrando todos os praceres que o resto da semana nos nega, como se non nos quedasen 16801 días por diante para gozar, mesmo que precisemos dun corazón plástico para sobrevivir.
Corazón plástico
sexta-feira, 7 de dezembro de 2007
16801 días!
quinta-feira, 6 de dezembro de 2007
Superheroes
quarta-feira, 5 de dezembro de 2007
Case mexo fóra do penico
Aclaración: tampouco é que fose pasar nada, que non é nin será a primeira vez que entro nun de homes, as cousas como son (unhas veces polas présas, outras porque non hai cristo que entenda os crípticos debuxiños cos que adornan as portas nos bares modernos), e mexo, que non vai afundir o mundo por iso. Pero a cara de desconcerto que puxen ante os tres branquísimos urinarios, -pena de cámara de seguridade- debeu de ser de antoloxía.
domingo, 2 de dezembro de 2007
Hai días de choio que son domingo
O bo que teñen as lagoas da memoria é que nos deixan ver de novo unha película, reler un libro, volver a un lugar que en tempos visitamos, sentindo outra vez na pel a emoción da estrea, o corazón vivo, os ollos toldados, coma quen contempla cada solpor irrepetible.
Así, mentres mido cada frase, mentres escollo cada palabra e a coloco no seu sitio, conmóvenme as notas lentas do piano e a tenrura da voz que narra a historia. Que privilexio, ás veces, este meu choio: falar pola boca doutros...
sexta-feira, 30 de novembro de 2007
Mata má nunca morre
Aconteceu hai haberá un mes pero a nota foi quedando atrás nas páxinas da axenda e hoxe, falta de ideas e con remorsos de ter o blog a mato, recupereina. Pois foi nun día destes de andar ás toas, en que acabei de Ribeiro ata as orellas —da bisbarra, meus, non do viño, que inda son xente asisada e responsable, cando conduzo non bebo, se máis non porque é algo complicado sen soltar as mans do guía e co casco posto—, a contar pedras en Ribadavia e esteos entre as viñas. Así, entre estradas e carreiros, acordeime do arremecághona, que como está metido na farándula, corre máis Galleira ca un substituto de ensino secundario, e mandeille unha esemese por se tiña concerto pola zona. Cando me chegou a resposta, menda estaba a xutarse un café no Carballiño, que xa ten delito, recoñézoo. “Magosto en Matamá. Xa tamos akí. Vente”, dicía. E fun. Ás veces son ben mandada. No fondo é que me picaba a curiosidade, polo aquel de que nacín en Cidadeabertaaomar e nunca se me perdera nada por nesa parroquia. Despois de recibir polo móbil as indicacións pertinentes, que non tiña demasiado claro para onde caía, quedei en preguntar ao chegar ao primeiro paisano que vise onde estaba o torreiro da festa.
Vini et vidi: obvio a descrición, pero non había dúbida de que o fulano era indíxena. Parei a moto ao seu carón e dixen:
—Boas!
—Boas —respondeu, un pouco descolocado.
—E mire, o torreiro da festa sabe onde queda?
—Ah —O silencio que seguiu a aquela rotunda e breve exclamación descolocoume a min. Pensei: o cata non era de alí, estaba de visita na dun compañeiro do choio e saíra a buscar tabaco. Pero non—. O torreiro da festa onde queda? É que antes había un, que é o vello, pero ese non é, que agora hai outro, o novo, máis grande, porque no de antes os chafarricos non collían.
—Ah —dixen eu, e a miña exclamación foi salaio, pero non teño claro que fose de alivio.
—Ve aquel coche branco que sobe acolá?
—Vexo.
—Pois vaia por onde el vai, e xa vai ver, como o camiño tira para a esquerda —Eu co meu problema de lateralidade a intentar fixar a dirección—, pero NON!, por aí non —E aí xa me descolocou de vez—. Colla para a dereita, que xa logo ve de fronte o cemiterio e o torreiro está pegado.
Si, señora. Velaí un pobo que sabe: a festa ao lado do camposanto, que total os inquilinos, se o barullo é grande, non se han queixar. E até algún haberá que mova o esqueleto.
domingo, 25 de novembro de 2007
Diego
Aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid, fixen como que ía a un congreso de chinés ao que non tiña pensado ir no fondo, porque a cuestión era buscar unha escusa para estar con CN ante a inminencia da chegada de Diego. Pero Diego, como bo Porco (falo do horóscopo chinés, por favor), que elixe con quen e cando vai nacer, decidiu que non agardaba a que o sacasen daquel encerro no 27, tal como programaran, senón que o 21 de novembro era unha data excelente, pois a humidade dun día chuvioso volve menos agresivo o cambio de medio. Así que mentres agardaba pola miña lǎoshī (que ela si ía ao congreso) en Cidadeabertaaomar, recibín un sms todo babado coa nova de que Diego xa estaba destoutro lado do mundo, con 3,640 kg e 51 cm, disposto a revolucionarnos, ou mellor dito, a que evolucionásemos ao seu redor. Total que saímos cara ao sueste, en dirección a Pisuerga-con-Esgueva, eu ao meu, durante cincocentos quilómetros, desconectada do incesante bra-bra-bra bra-bra-bra de Zhāng lǎoshī e do kia-kia-kiá continuo da súa cámara made-in-Taiwán.
domingo, 18 de novembro de 2007
Xeoide
Inda lle vou ter que dar a razón ao sapiño, que me agoirou esta coma a última noite en que saía coa moto ata a primavera.
sábado, 17 de novembro de 2007
Desenmascarados
Hoxe, e sen que sirva de precedente, acepto o desafío da Vanadis (Dá por sentado quen propuxo o desafío que habemos de ter libros por perto. Inda existe xente inxenua.), mais tal como ela, á miña maneira. Non propoño a ninguén que o continúe: quen pase por aquí e queira aceptalo, é seu. Tampouco me vou limitar a colgar a frase coma un cadro —que xa se sabe os desvaríos que traen as palabras descontextualizadas— mais é meu o texto que nace a partir dela. Do resto, non elixín o primeiro libro que tiña ao alcance da man, porque era un dicionario, e francamente, “Expor-se à vista, exibir-se, mostrar-se” pareceume unha frase algo pornográfica que quizá atente á sensibilidade dos meus lectores. Tampouco elixín o libro seguinte que tiña máis perto, porque era de poemas e carecía de páxina cento sesenta e un, canto máis de quinta frase enteira ou rota. Nin o seguinte, que era unha novela que estou a ler, porque non quería que o que sabía da historia que nel se conta influíse no micro-relato que ía crear. Elixín, logo, un dos que repousan na mesa de noite á espera de me desvendar os seus segredos. E, pois, velaí vai, de Confesións dunha máscara, de Yukio Mishima (título orixinal: Kamen no kokuhaku; edición de New Directions Books, 1958):
Aínda que foi apenas durante uns segundos, sentín que todas as miñas dúbidas respecto aos requisitos esenciais da virilidade se disiparan. Virían despois outras, porque a mente nunca descansa en procurar angustias reais ou infundadas, mais recordo aquel instante coma unha liberación, unha das poucas ocasións en que a vida me forneceu asas que me permitiron elevarme sobre a uniformidade agresiva dos que me rodean marcando pautas, condicións, dogmas. A cuestión xa non era ser ou non ser, senón ser e ser tal como somos, sempre, volubles, variables, volátiles. Por unha vez, non me recoñecín indefenso. Fun todopoderoso, case prepotente, ultraforte nas miñas debilidades. Ceibeime da aperta feroz de K e colléndoo suavemente pola man, arrastreino comigo ás alturas, furando entre a multitude abafante co trade incisivo do orgullo na mirada.
Post postum: Curiosos os camiños da mente. Observo ao reler o que escribín, que ao final volvemos á frase do dicionario: Exporse á vista, exhibirse, mostrarse.
domingo, 11 de novembro de 2007
Sobrevivir
Hoxe —oín pola radio— é o cabodano de don Miquel Martí i Pol, se cadra o que foi de vivo o meu poeta vivo preferido e quen é de morto o meu poeta morto preferido. Porque ás veces el son eu, meu.
El més difícil, doncs, és sobreviure
amb escates de vidre a las entranyes,
amb plom, en lloc de sang, a dins les venes.
Sobreviure: cordar-se les sabates,
treballar, fer l'amor, llegir poemes,
veure envellir la gent, cantar en veu alta,
amb escates de vidre a las entranyes
i plom, en lloc de sang, a dins les venes,
sense treure's els ulls, sense fer a miques
els subtilíssims mirallets del somni
i esgüellar com un porc, de por o d'enveja.
Miquel Martí i Pol
Vint-i-set poemes en tres temps (1970-1971)
_____________________________________
O máis difícil é sobrevivir
con escamas de vidro nas entrañas,
con chumbo, en vez de sangue, polas veas.
Sobrevivir: amalloar os zapatos,
traballar, facer o amor, ler poemas,
ver envellecer a xente, cantar en voz alta,
con escamas de vidro nas entrañas
e chumbo, en vez de sangue, polas veas,
sen arrincar os ollos, sen esnaquizar
os sutilísimos espelliños do soño
e berrar coma un porco de medo ou envexa.
sexta-feira, 9 de novembro de 2007
Remusmús
Onte, estreando un día de intenso non far’ niente sen paraxe, subín a tomar a dose de café do mediodía ao centro neurálxico da Aldea das Carrouchas. Estaban os seareiros habituais, algúns xa comidos, outros por comer, pero a tónica xeral era de cafés na barra e algún chupito para asentar a botella de viño inxerida para asentar o xantar. O normal. Entón chegou unha muller que disque a chamara non sei se o home se o fillo que disque o chamaran unhas mulleres de Pombalnoseixo a preguntar que quen era o mozo das Carrouchas que morrera que disque non sei quen o vira nun tanatorio na Moinobreemoileal. Cruces de miradas e de ti-sabes-algos. A conversa sentenciouse cun unánime se-a-taberneira-non-o-sabe-non-é-certo... pero alá quedou dando voltas no aire aquel mozo (disque) defunto.
Esta mañá, coma decotío, puxen a radio para ouvir os informativos mentres almorzaba. O noso mozo (disque) defunto era noticia de alcance estatal: No concello de Pombalnoseixo (ao que pertence as Carrouchas) prenderan un rapaz de dezaseis anos por colgar no youtube un vídeo cunha pelexa entre adolescentes.
Non se... xa o dicían: algo había.
Post postum: O título co que se colgou o vídeo inclúe a palabra "kickboxing". Será que influíu na escolla unha certa serie de televisión? (Xa avisei que moi boa para as neuronas non era.) Non era mellor cando os cativos se limitaban a andar co cu ao aire?
quarta-feira, 7 de novembro de 2007
Albízaras!
Desde as 07:20 do quince de xaneiro até as 13:25 de hoxe, polo reloxo do ordenador, que é o que ao cabo rexe a miña vida, 197 (cento noventa e sete) episodios de pastelada infumable, golpes a eito, primeiro disparo e logo xa para que preguntar, coches que sempre estoupan cando se estampan, milagres con fondo de luz branca, xustiza divina e pena de morte humana a toda hora. E malia o duro transo, as miñas neuronas saíron indemnes (creo?). Prometo firmemente non apuntarme a clases de kickboxing, nin meterme metodista. Se alguén non sabe de que serie de televisión falo, que non intente sabelo, aínda está a tempo de salvarse. O nome do Boneco Diabólico non se escolleu ao chou.
Agora permítanme que poña un disco que me regalaron onte, que necesito lavar os ouvidos de tanta estupidez.
Grazie mille, ragazzo triste...
domingo, 4 de novembro de 2007
Distancia de seguridade
Cando se anda de burra —teño que explicar esta expresión ou enténdese?, porque hai moita mala baba—, o primeiro que se debe aprender é a manter a distancia de seguridade. Chámase conducir á defensiva. Hai moito moteiro que ignora este fundamento e acaba co corpo torado contra un quitamedos (palabra que dá moito xogo pero que xa está dabondo espremida: o medo quítano, abofé, e a respiración, de vez). A primeira regra é non ir nunca detrás dunha furgoneta (e menos se son desas modernas antiaerodinámicas de cu cadrado, que che mandan uns abaneos que nin que levases o vibrador do móbil no modo "furia desatada", pero este é outro tema que agora non interesa), nin detrás dun monovolume de vidros tinguidos. Por suposto, xamais detrás dun camión, nin que sexa só pola merda que vas tragando, pero sobre todo porque o condutor non deixa de mirar polo retrovisor a ver quen é a formiga atómica que chupa roda, o cal representa un perigo para o persoal que circula canda el. Así que o mellor é adiantar e encollerse ao sobrepasar a cabina para aguantar a forza do vento que te sacode nese instante xunto coa bucinada que che manda o machomán.
En resumo, temos que ir vendo sempre o que hai por diante, por detrás e polos lados. Parece obvio, pero non é tanto. Nos cruzamentos sempre axexa algún temerario que confunde os faros da moto coas poucas luces que ten na cachola e que se incorpora porque lle sae dos sangumiños. Por detrás sempre vén algún piloto de rallys que che pasa rozando como se tivese que apurar milésimas de segundo para chegar canto antes ao bar que está á volta da curva. E de fronte, ah de fronte, de fronte é onde está a maior ameaza. Non basta manter a distancia co que se leva diante. Cómpre mantela tamén co que vén de fronte, ir á espreita do que decide adiantar agora que só vén unha merda dunha moto, que aparte, se pode.
Falsos amigos
Cando se vai ao estranxeiro hai que ir con moito ollo cos falsos amigos. Non pode entrar un na oficina dun taller de motos a preguntar se naquela oficina está o taller, porque lle responderán, amables pero alucinados, que aquilo é o escritório, que a oficina é dentro e que garfos, facas e colheres é na loja de en fronte. A cara do cata, un poema.
Post postum: Como se viu, o texto anterior non vai do que ao mellor alguén pensou que ía ir. Falsos amigos son palabras, normalmente con idéntica orixe, que en idiomas diferentes se parecen na escrita ou na pronuncia pero que teñen significados distintos.