sexta-feira, 11 de setembro de 2009

Desinfestando

Vanme desculpar os comentadores, pero é que hai un xaponés que porfía unha e outra vez en me ofrecer os seus servizos no Umbilicar cativo. Un día si e outro tamén, téñoo alá a me tentar co paraíso virtual. Francamente, non entendo que lle ve ao texto: se fose propaganda dunha funeraria, aínda aínda. En todo caso, como sei que a carne é fraca e igual sucumbo, vou pór remedio antes que sexa tarde, activando a verificación de palabras durante uns días. Teñan paciencia, que se logro escorrentalo así, de aquí a nada, retiro o funil.

10 comentários:

João Paulo Cardoso disse...

Deve ter sido o Tailandês que expulsei do "Eldorado".

O tipo não desiste!

Beijos.

Sun Iou Miou disse...

Não, JPC, o meu é japonês e sempre vai ao mesmo texto, um do mês de Julho, tão compulsivamente como a dor que nele se expressa e também não desiste de mim. Coisas!

Teté disse...

Há sempre uns cromos na blogosfera, que não se cansam de chatear com comentários parvos. E pronto, que venha o funil, a ver se consegues varrê-lo do post que o japonês gostou tanto... (`_´)

Beijocas e bom fimde!

Sun Iou Miou disse...

E como eu odeio isso da verificação de palavras, Teté! Lamento imenso.

Mas olha, que ainda deu para escrever hoje alguma coisa (^_^)

Bom fimde para ti também.

Anónimo disse...

Polo de agora eu ou safando (até niso se nota que non me le nin maría santísima)
Probe logo coa verificación de palabras; se non, recoméndolle o cepo e o ratibrón (xa sabe: nin rato nin nipón)

Sun Iou Miou disse...

Non fale de alto, Kaplan, que tamén eu pensaba o mesmo, habendo o andazo que hai por aí. O que máis me intriga é por que vai o cata sempre ao mesmo texto, que é texto vello (ía dicir antigo, pero, uf, tampouco non é cousa me botar polas pozas: dous meses escasos non é para coller antigüidade) por riba.

En fin, vou volver ler o seu texto sobre Garzón, que antes lino de corrido, sen tempo nin para dicir que estou con vostede moralmente.

Anónimo disse...

Pois dígao, ande, máis por el e por todos do que por min mesmo. Que se vexa que o home non está só, aínda que sexa nun blogue para minorías

Sun Iou Miou disse...

Ai, xa vou, Kaplan, enguedelleime a escribir e perdinlle o fío ao nobelo. Estaba a pensar niso neste instante. Vou, xuro, xa mesmo! Sáiame do medio.

Anónimo disse...

É un paxaro, un avión? Vaia, é a Sun a comentarme no blogue...
(non sei se terá que ver, pero a palabra de alibabá di "alites", a la catalana)

Sun Iou Miou disse...

Vaia, di vostede, como con pena. Foi o único monstro (A Infrawoman) que se arranxou destas horas un venres á noite: só vostede e eu para estarmos aquí diante do ordenador.

Vou ler algo (en papel), co seu permiso, que os libros non serven para nada pero disimulan as ausencias e as carencias. Descánseme ben.

E con respecto ao seu primeiro comentario, que saiba que unha maría polo menos o le; iso si, santísima (nin media santa) non lle é.