segunda-feira, 7 de setembro de 2009

A lei da gravitación universal é tendenciosa










Para matar a ausencia da túa fala mansiña, reencamiñei o corpo ás rutinas: atravesei o río, enfiei os pés nos patíns e deixeime esvarar amodo nas reviravoltas do xardín, mentres matinaba no irevir das nosas charlas convexas e tanxentes. E aí, no punto exacto onde se me revelou disfrazada de indecisión a preguiza (peor mesmo que deixar de acreditar nas promesas dos outros é facer promesas co convencemento de que non as vou cumprir), tomei mal a curva e sentín o dura que é a realidade terra: esfolei o xeonllo esquerdo, cicatriz sobre cicatriz.

Non vou tirar conclusións en voz alta (en min e comigo, asoballando, furan por entre fendas e poros desprezándome a intimidade). Logo, mentres sacudía sutil o po sen máis ca un leve proído que me arrastraba por outras escavichadas de insensibilidades e limiares de dor, asaltoume a curiosidade: Por que sempre caio do lado esquerdo?

(Conste que teño unha teoría, pero demostrala esixe unha dose de masoquismo que aínda non estou en condicións de doar á ciencia.)

12 comentários:

Teté disse...

Não costumo andar de patins, mas mesmo assim um dia destes dei um tralho no chão da rua. Sim, essa realidade é dura e dói para caraças!

Gostei muito da fotografia, entre o real e o surreal... (*_*)

A teoria revelas se quiseres, mas os masoquismos são sempre dispensáveis!

Beijocas!

Sun Iou Miou disse...

O que me fez pensar mais fundo foi, Teté, que nem me doem quase essas quedas, sempre do mesmo lado, na mesma cicatriz.

Enquanto ao por quê de ser esse lado sempre, estou convencida de que se deve simplesmente à que está aí o meu ponto débil, fisicamente falando: o joelho esquerdo. Coitadito! (`_^)

João Paulo Cardoso disse...

Cais sempre pelo lado do coração, não é?
Pois eu também.

Por outro lado, cair do lado direito não faz sentido nenhum.
Se está direito, não cai.

Digo eu, caídinho de sono, sem saber o que escrevo...

Beijos.

Sun Iou Miou disse...

Não sabes o que escreves, JPC, e trespassas o significado das palavras. Se soubesses, nem queria saber. (`_^)

condado disse...

Cambialle rodas e freos aos patíns... As casualidades non existen

Sun Iou Miou disse...

As rodas están perfectas, Condado. En canto aos freos, como se nota que non sabes patinar...

Unknown disse...

menos mal que levabas os patins, senon que excusa iamos poñer pra caer??

de todolos xeitos, neste pais as esquerdas sempre foron maltratadas, ao millor e un tema xeografico....

saudos e ata pronto

Lili disse...

Eu tamén caio sempre do lado esquerdo, as miñas teorias son:
1- porque é o lado do corazon e é o que máis pesa cando o tes cheo de demasiada carga (seguramente absurda)
2- porque teño o eixo corporal desviado brutalmente cara ese lado.

Bicasos :)

Sun Iou Miou disse...

Ui, Ex Traño, para caer nunca fan falla escusas; se acaso fan falla para erguerse de novo, para non se deixar unha abandonada no chan.

Xeográfico dis? Hm, sendo a terra redonda dubídoo.

Pois iso, saúdos e até cando sexa.

Sun Iou Miou disse...

Alodia, eu o corazón téñoo lixeiro e pequeno: pésame mais a zona do hipotálamo, esa si cargada de hormonas inservibles.

O que si podemos ter como factor común é o do eixo corporal desviado, non sei é se brutalmente.

Anónimo disse...

Insinúa, miña sra., que hai algún tipo de vínculo entre a ideoloxía política e caer do lado esquerdo?

Sun Iou Miou disse...

Ah, señor Kaplan, eu non insinúo nada. Vou ter que esclarecer isto noutro texto. Por que se empeña todo o mundo en ver metáforas onde nos as hai?