terça-feira, 1 de setembro de 2009

Leria

Agora decidín que vou escribir unha historia só de ideas. A idea disparatada é, pero non absurda, ollo, xurdiume mentres lía. Ler e escribir parecen actividades unidas mediante vasos comunicantes: parte do proxecto consiste, logo, como se ve, en empregar no texto frases superfluas.

A historia iníciase pois nunha lectura... interrumpida por unha muller con voz de galiña que cacarexa en pé sobre doenzas e médicos contra dúas atentas e sufridas interlocutoras sentadas nunha terraza, a mesma terraza na que estou eu sentada. Ai! E para iso sae unha da casa a tomar un cafeciño? Non me facía falla ningunha a min esa conversa (velaquí un exemplo de como reciclar escenas inservibles) e non obstante, deume que pensar: non haberá quen invente un sistema sen cables que conecte mentes, ao estilo da telapatía de toda a vida, pero con dispositivo tecnolóxico eficaz? Ósperas! Até parece que lle chegou a miña mala onda á señora sen necesidade de bluetooth, e iso que non lle dirixín unha mirada nin medianamente homicida. As persoas que falan moito, está científicamente comprobado, teñen así esas arroutadas: de súpeto dan media volta e cun adeus conciso deixan os interlocutores -que por un casual acababan de empezar a meter baza- coa palabra nos labios.

6 comentários:

Lili disse...

Síntome na obriga de defender ó meu gremio de faladoras sen límite, iso sí, cunha boca tan grande coma as orellas. Ainda vai ser certo iso q di o meu pai de que "se temos duas orellas e unha soa boca, por algo será"

Sun Iou Miou disse...

Alodia, que ia ser dos que calamos se non fose polos que falades, muller. Aquí o problema é que a guicha que falaba tiña voz de galiña (espero que ti non) e estoutra guicha que escribe ten os ouvidos sensibles aos agudos. Mais nada. E despois, de algo hai que escribir cando non hai nada de que escribir (e iso aplícase aos que falan do que sexa por falar). Ai...

Rafeiro Perfumado disse...

Felizmente, já imaginaste se elas continuassem a falar até morrermos à fome?

Abracinho!

Sun Iou Miou disse...

Não imaginei, Raf, mas posso imaginar em qualquer momento.

Abracinho asséptico (Garantido sem vírus)

Teté disse...

Pois, pelos vistos a galinha tinha antenas: mesmo sem olhares homicidas na sua direcção, "detectou" o incómodo que causava nos presentes...

Há pessoas que falam muito e nunca ouvem nada do que se lhes diz. Quando acabam de botar o seu discurso, dão meia volta e vão procurar outra vítima...

Sun Iou Miou disse...

Eu o que queria, Teté, é que inventassem uma tecla de "silenciar" pessoas (ui, isto até tem umas ressonâncias ditatoriais...), que elas continuassem a falar, mas sem a gente ouvir: vou experimentar a tapar os ouvidos...