segunda-feira, 18 de outubro de 2010

Proba superada










Unha vez iniciado o ascenso pola escaleira empinada e estreita xa non é posible recuar. Chégase a unha porta, tócase o timbre e accédese a través dun corredor psicoquimicamente interminable a unha sala en exceso iluminada: os rostros pálidos, as mans inquietas, renxer de almas coma grilos no final do verán. Son oito cadeiras baixo o fío musical que imita un tendedeiro de punta a punta do silencio finxido, o rapaz entretense nunha revista de viaxes, o home conta os cabelos que lle caen ao chan, a muller devora as uñas e un manual de matemática aplicada a partes iguais, a meniña invisible chora inaudita nun canto. Rexístrase tamén unha alfombra de tons laranxas, cadros con imaxes do deserto (fermosos), unha colección de helicópteros e avións en miniatura protexidos en vitrinas contra o po e os dedos, un calefactor apagado, cinco lámpadas no teito, un revisteiro, unha mesa de vidro e aceiro cromado, un centro de mesa laranxa no centro da mesa, dúas plantas, o recordo duns ollos ferrado con catro cravos dolorosos ao maxín... No vidro da ventá, sobre o remedo decimonónico de farol e as pólas prisioneiras dos negundos que o vento axita, debúxase unha voz vestida de branco.

Hai unha cadeira reclinable reclinada, a luz que fecha os ollos e abre a boca. A entrega. Un vaso e auga, un pano de papel, unha cita para dentro de seis meses. E baixar voando as escaleiras. Tampouco paguei desta.

4 comentários:

Teté disse...

Eheheh, foste ao dentista e saíste de lá incólume! :)

A diferença é que cá, mesmo que o dentista não faça nada, pagas à mesma a consulta, só por abrires a boca e ele espreitar lá para dentro... :P

OK, nomalmente aproveitam para fazer uma limpeza ao tártaro ou assim... e dá cá 85 euros ou mais! (eu pago menos, que o meu já está reformado, mas ainda atende clientes antigos por preços mais módicos)

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

Pois, Teté, na verdade, acho que tive muita sorte com esta dentista. Manda-me ir lá duas vezes por ano e normalmente não pago nada, porque não há nada que tocar. Já levo muitos anos com ela e só uma vez me teve de reparar um empaste que me fizeram em criança e mais outro pequeno que me colocou ela preventivo, porque me passo com a escova dos dentes (e sempre me ralha por isso!). E recomendou-ma um médico. E para não me fazer limpeza mandou-me usar uma mini-escova ínter-dental! Mas nem todos são assim. Eu já peregrinara muito até que encontrei esta.

Anónimo disse...

Vim anunciar o mu regresso e agradecer as suas amáveis palavras lá no CR. Paso rapidinho, porque estou de visita aos vizinhos

Sun Iou Miou disse...

Nem sei se lhe devo dar as bem-vindas, Carlos. Era melhor ficar onde estava.