domingo, 27 de setembro de 2009

Os anos cheos de nada











Solpor espléndido o de hoxe descendendo canda min sobre Cidadeabertaaomar, atrapándome a mirada no alto do Meixoeiro (80 km/h velocidade máxima), entre as illas Norte e Sur o día a mergullo. Espléndido é tamén o filme con que me agasallaron Campanella e Darín, sobre a música de fondo, impagable, de Emilio Kauderer. Será que foi para compensar o fiasco da semana pasada?

—Me vi cenando solo y no me gusté...*

A despedida nun 21 de xuño de 1974 na estación de tren da capital foi o recordo que nunca o abandonou: ela na plataforma correndo para pousar a man na del, ambas separadas polo vidro e a cobardía, coma punto de partida dunha novela sentimental barata ou inicio da deshistoria de amor entre un funcionario e a secretaria dos Xulgados de Buenos Aires superposta ao caso dun crime sen castigo. Vinte e cinco anos cheos de nada nun cárcere de soidade e silencios, a sublimación do amor espido da rutina cotiá e as obrigas, a impunidade dun violador asasino que traballa baixo corda para o goberno, os ollos que falan, a paixón á que cadaquén está irremediablemente sometido (un vaso de whisky, un equipo de fútbol, unha muller...), a loita entre o esquecemento e a supervivencia sen o ser amado ou a cadea perpetua a mil pasados e ningún futuro, a xustiza debida e os favores retribuídos, tantas e tantas cousas contra as que un non pode facer nada... Ou pode?

____________
* Vi-me a jantar sozinho e não gostei de mim.
Ai, non me digan que non parece letra para un tango?

4 comentários:

Anónimo disse...

Non sei que cousa dura se me puxo aquí no estómago ao ler esta frase!

Sun Iou Miou disse...

Pensa que a coloquei aí porque cadrou, Kaplan? Nada do que vai nos meus textos está colocado á toa. Outra cousa é que alguén o entenda ou me entenda.

(Pero que vai collendo forma de tango, ai se vai...)

Quere ouvir outra?

-Dígale que me hable por lo menos, por favor...

Teté disse...

O filme parece interessante, tenho de ver onde vai por aqui, embora já tenha uns quantos em vista para ver primeiro...

Gostei dessa frase, que desdobra um eu em dois...

Beijoquitas!

ps - isto por aqui hoje vai ser só eleições, para cá e para lá, já antevejo uma noite de fartazana de comentadores políticos entusiasmados a debitarem as suas opiniões! AI!!!

Sun Iou Miou disse...

É assim mesmo, Teté: a pessoa que se contempla desde fora. Aliás, o Ricardo Darín é um actor magnífico e aliado com o Campanella de director têm feito belos filmes. Ainda não me desiludiram nenhum dos dois.

Estive a ver agora enquanto jantava um bocado o telejornal da RTP1. No PS estavam já com os brindes. Que te seja leve a ressaca eleitoral.(`_^)