terça-feira, 9 de março de 2010

Acto de contrición

Levei porrada até no orgullo. Merecida. Que se saiba. Moi merecida. Será por iso que ao domingo estaba dolorida enteira, até dos dedos dos pés -hai quen pense que os dedos dos pés non doen, como se pudese haber insensibilidade na parte do corpo que nos fai medrar cando a propia altura non chega para alcanzar as estrelas...

Foi así.

Era sábado e había teatro na Aldea. Co teatro teño unha relación de desconfianza. Unha peli regular pásoa. O teatro ou é bo ou é nada. Atravésaseme na boca do estómago e non o dou vomitado. Saír a dar un paseo longo cos cans ben podía ser o pretexto que xustificase a non comparecencia. Pero a casualidade ás veces é azar: encontreime con R e quedamos para ir, ao cabo, unha das actrices era un mito na escena teatral galega. R díxollo á súa cuñada e a cuñada díxollelo ao home, á amiga e á filla -unha criatura con cerebro propio, coitadiña-, para nos iluminarmos todos.

Arre demo que estaba cheo o local! Que sorpresa! Cativos coma area. Espectáculo apto para todos os públicos nin que fose. Só faltaba a empanada de polo con óso, á vista, que se cadra había, o cabazo de viño circulando. E cuspir no chan. Música de pachanga a rebentar os tímpanos para quecer o ambiente. Os síntomas eran inequívocos. E nós, invidentes e necias, sen dar creto ao diagnóstico obvio.

Un fenómeno sociolóxico, que no café* posterior analizamos polo miúdo para tirar proveito do infrutífero. Que si, muller, que aínda hai quen tira a cabicha ao chan e a esmaga coa punta do zapato.

Quen vai fiar nas miñas suxestións agora? Levei porrada até nos ares de cultureta que me dou.

___________
*Quen di café di calquera líquido que se beba sen elevar a presión arterial.

4 comentários:

Marreta disse...

Pelos vistos o teatro era mais um circo. Não admira, quando algo nos é oferecido por políticos.

Saudações do Marreta.

Sun Iou Miou disse...

Isto acontece-me, Marreta, por não ver televisão. Se visse, saberia que não podia esperar nada bom daquilo.

Teté disse...

Ah, agora ficou mais claro! E sim, concordo absolutamente: não há teatro assim-assim - ou é bom mesmo, e ficamos absolutamente fãs, ou então não vale a pena! Muito menos quando o descalabro já se podia antever por esses indicadores... ;)

Enfim, para a próxima informas-te melhor sobre a peça, que a gente está sempre a aprender! :)

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

Vai ser melhor ir bem informada mesmo, Teté, sobretudo se levar os amigos comigo... pela minha saúde. ;)

Beijoquita