domingo, 7 de março de 2010

Que alguén me ilustre, por favor, o concelleiriño de Cultura e Educación

Non me sorprendeu o que vin onte, o pobiño a aplaudir merda que se apegaba no ambiente, que a eses mal chamados cómicos só lles faltou repartir cheiros . Por iso, vailles aí unha suxestión de balde: naquela restra de zafiedade guindar ovos podres ou zarrapicar de mexo o patio de butacas de cando en cando non vos desentoa nada e con certeza o público ha de vos ovacionar con arrotos. E vosoutros, todos, a escachar, a recachar.

O que non só me sorprendeu, senón que me cabreou foi ver o ilustre concello de esquerdas, disque!, como organizador da baldrogada por man da súa concellería de cultura (ula?), educación (cando?) e participación veciñal (canta! canta!, que é o que conta...). Se a escatoloxía ruín, parruliños, é o que vos dá votos, ide esquecendo o meu nas próximas. Xa veremos se eses que encheron o auditorio onte son da vosa corda. Teatro é unha palabra moi digna, queridos, para a enzoufardes así. E o humor elegante tamén suscita a participación veciñal. Iso apréndese en primeiro de Cultura e Educación.

8 comentários:

luque disse...

Non sei cal e a orixe dos teus comentarios pero queda moi craro cal e o sentimento. A cada día que pasa despois de leer as declaracions nos xornais, televexo, mais os medos que pasei e pasamos os militantes das esquerdas (en xeral) da miña xeneracion maldita do Maio mal chamado "Francés"... me confirma a miña vontade de ficar coma ateo político ata o fin.
(Ai eso si, co corazon sempre a esquerda coma fisioloxia manda)

Chousa da Alcandra disse...

Aquí quen se me adiantou na idea foi luque.
Eu tampouco non sei onde foi a desfeita, pero que che deixou espeluzadas as neuronas quedou clariño.
A pesares de todos os pesares, xa volverán as anduriñas a pendurar os seus niños da túa solaina...

Ana disse...

Ai, nina, os politicos son mierda em todo o lado...mas olha que há portugueses que têm pena do dia em que os reis espanhóis foram depostos! Sempre se estava um bocadinho melhor aqui, hoje, acho eu Lol.

Temos aqui um hino:

Heróis do maaar,
NOzes podres, do meu quintal!
Levantai hoje de novo!
As cuecas do general!

:D

Teté disse...

Não entendi qual foi o evento, mas, pelos vistos, esse "disque" é de esquerda é tão relativo aí como cá...

Infelizmente!

Beijoquitas

Sun Iou Miou disse...

Cada vez que escribo nunha arroutada destas, luque, cando arrefezo sinto necesidade de borrar o texto. Pero xa tarde. Queda aí.

Sun Iou Miou disse...

Xa volveron, Chousa. Non hai que facerme moito caso.

Sun Iou Miou disse...

Acho que vais ter de ler a máquina de fazer espanhóis, Vani.;)

Eu é que continuo a acreditar que os políticos não são uma merda, porque estão postos aí por nós... só se nós somos uma merda. Só se o mundo inteiro é uma merda, a merda que nós, merda, fazemos dele.

Sun Iou Miou disse...

Tem dias, Teté, em que me apetece gritar Viva o Despostismo Ilustrado! ;)