domingo, 28 de março de 2010

Xa non estou para isto (se cadra, nunca estiven)

Montei no coche toda periposta predisposta a ir ao cine. Aínda non saíra das Carrouchas, cando me acordou: había teatro no auditorio. Así que despredispúxenme virando en redondo e dei unha longa camiñada cos cans, agradecidos cada un á súa maneira: el, cos ollos mansos e a lingua de fóra; unha das elas, aos pinchos e a lingua de fóra; a velliña, en fin, é caso para dar de comer á parte: rosmoume, sinal de que todo vai ben, dentes de fóra.

Subín, que antes debera dicir baixei e digo, pois, baixei, ao auditorio, con tempo dabondo para coller sitio e non ter que pousar no chan como da última vez as poucas carnes das cachas. Entretiven a espera coas odes da ana salomé, e ende ben, que foi o único bo da noite. Desta vez saín do teatro antes que caese o pano (que digo eu que por qué non hai pano que caia, que guillotine incluso taxativamente, no auditorio das Carrouchas?), porque estaban a acabar comigo nunha sesión continua de gritos e gritos e gritos. E gritos.

Sónchevos, entre outras moitas poucas cousas ou defectos perfectos, de ouvidos sensibles. E se non saio a tempo, dígovolo, grito, grito mesmo que parasen de gritar dunha vez.

Que agonía esta a miña impaciencia.

Sorte que por ir a pé, no vir, á penumbra dunha lúa que brincaba ás agachadas, fóiseme sosegando o tímpano polo conduto auditivo externo* dentro, descansándome martelo, bigorna e estribo nun batucar suave como rumor de trigo verde.

Como burbullar de estrelas.

_______________
* Ignoro porqué lle tiraron o título da trompa ao Eustaquio.

6 comentários:

Teté disse...

As tuas idas ao teatro têm sido um bocado atribuladas... :)

E sim, desconfio que há actores que não sabem colocar a voz em palco, em vez disso gritam, para que os oiçam!

Beijinhos!

Anónimo disse...

Detesto gritos!
Desejo-te uma boa semana Sun Iou Miou, beijinhos :)

Sun Iou Miou disse...

De três, só vi aqui uma de que gostei medianamente. Desconfio que a quarta, que não vi, era a melhor. Azar.

Sun Iou Miou disse...

O que surpreende, Fernanda, é que parece que há quem gosta de gritos.

Boa semana para ti também.

Anónimo disse...

Xordo e todo, non gosto tampouco de gritos.

Sun Iou Miou disse...

Os sons agudos amolan especialmente, ¿verdade, Kaplan?