segunda-feira, 29 de março de 2010

Ascensión ao inferno

Non era esta a penitencia que eu pedira para os meus excesos do venres: a lámina de afeitar na boca que me arrincou arcadas (a un tris estiven de saír a vomitar para fóra, que na sala non ía quedar bonito), a culler no ollo que me fixo suar en frío, as dúas horas e media que dura a angustia.

8 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Acouga, que para a Ascensión aínda quedan días. E para o Inferno...eu penso que se Descende; ou?

Que te mellores!

Sun Iou Miou disse...

Creo, Chousa, que faltei o día que deron o programa do Arriba e Abaixo de Barrio Sésamo. ;)

Estou estupendamente (raro en min), pero grazas. :)

Anónimo disse...

Pero, arcadas á parte, a peli era boa ou non era boa?

Sun Iou Miou disse...

A peli é boa, Kaplan, pero fíxoseme longa. Demasiado tempo en tensión, creo.

La queue bleue disse...

Buf, a mim já só ver o trailer já me deixou um desassossego que nem Pessoa.
Estupendo isso de ler de reolho que estás estupendamente. :)

Sun Iou Miou disse...

Teño momentos, LQB: talvez agora xa non estea tan estupendamente. ;)

Teté disse...

As penitências nunca são como pensamos, mas algumas são demasiado fortes. Possivelmente como o filme, que "soa" a pesadíssimo...

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

Desconfio, Teté, que o filme não seja do teu gosto. Poupa-te. ;)