terça-feira, 30 de março de 2010

Un sur para cadaquén (e para min, o vento)






Foto: Mario López Alonso

Canto desencontro xunto, sintetizou tras os aplausos o Tronkimazín, técnico de cabeceira nas psiquiatrías miñas, e eu concordei nun pois. Pero antes foron os encontros, isto é, os prolegómenos, saúdos sobre alfombra vermella imaxinaria, co vestíbulo ateigado polo dobre de pernas ca de caras coñecidas. En resumo, frenesí de bicos que soslaiei nun serpear polas esquinas, avara até dos sorrisos que a presión me raciona no cálculo multiplicado a ollo polo da tal falta de folgos que me entra: sumiume a tensión á sola das botas.

Apagáronse, por fin, as luces do patio de butacas e acendeuse unha expectación directamente proporcional ao alento contido. E... Hm? Hors d'ouvre? "Gato Negro Productions presenta"? Coma no cine de verdade un avance da curta-metraxe La Familia Pomodoro, auga na boca e bágoas nos ollos... das gargalladas. Apetitosas, preséntense, entre outras, as interpretacións da avoa e a bisavoa. Que sexa, pois, en breve.

Aí veu o prato principal, receita e elaboración do Condado (sen hipervínculo, que anda de blogosfera restrita):

Historias de blog... I, II e III, á distancia de cadanseu clic.

E de sobremesa, como galegos que somos (no sentido galego do termo) fomos comer e beber: unha farta de lacón con grelos, tinto e licorK, que case me manda ao coma colesterólico tensísimo profundo, non fose porque desbravei disertando durante horas sobre as coordenadas exactas do sur nun testa a testa psicanalítico co Tronkimazín, que non me explico de onde quitei a leria. Aínda hoxe desconfío se non me botou droga na bebida.

Pero só cando saín á rúa e o vento me limpou os ollos enxerguei o sur, ao lonxe, onde sempre estivo, na fábrica do ar que trae a chuvia e as palabras.

19 comentários:

condado disse...

A foto é de Mario (xa sabes como te son nestas cousas do copirrai)

Sun Iou Miou disse...

Mandeiche un correo a preguntar, Condado, pero como non me responderas e non quería que a xente pensase que era a miña (que logo me esixen máis nivel)...

Copirrai é copirrai. ;)

Tronkimazín disse...

Parabéns a Mario , quen o encontre a tiro, fermosa foto.
Non era cuestión da droga (o condado agasalloúnos cun rico rioxa),mais ven do número de veces con que con tanta arte elevabas a copa os teus beizos, asertando a arte da túa locuacidade.

Sun Iou Miou disse...

Non me descubras, Tronki, home! Eu que vou por aí facendo gala de moderación. ;) E nin un baile botamos.

As fotos todas estaban fantásticas, pero ti seguro que nin as viches.

condado disse...

Fechado? É a primavera? A crise?... Aínda ben que o derradiero post ten unha boa foto e unha boa intención... (E non me cabrees ao Jonasito que despois a toma comigo)

María disse...

É o puto outono. E si, intencionadamente o último post foi elixido para ser o derradeiro. Vou plantar estrelas e margaridas no hemisferio sur.

Marreta disse...

Nem sequer penses em fechar a baiuca! Vou à farmville e trago-te a reboque de tractor!

Quanto à curta-metragem voltarei cá mais tarde para ver, já que a entidade patronal fez o favor de cortar o acesso a quase tudo o que não seja letras.

Saudações do Marreta.

Marreta disse...

Já vi! Gostei muito, bem imaginado. E noto que para além do papel no fime também assumiste a pasta de correctora linguística!

Vá lá, reabre a baiuca, não feches o estaminé logo agora que eu estava quase a dominar por completo o galego!

Saudações cinematográficas do Marreta.

Teté disse...

Fechado?! Já vim aqui várias vezes, mas na verdade não sei o que dizer, o azul claro mudou para um cinzento escuro... quase a lembrar a Primavera que está no ar! (uns dias chove, outros faz sol, como em toda a Primavera que se preze, evidentemente!

E já vi a curta-metragem do Condado, vinha perguntar qual das artistas de cinema aí de casa anda com mais tiques de estrela, mas como calculo que não estejas para brincadeiras, 'pongo-me a marchar'... ;)

Beijoquitas, nina!

ps - ná, essa do "trabalho na quinta" não me convenceu... :)

La queue bleue disse...

:(

(Vim o post mas nom pensei que fosse tao a sério... mas é! Que pena. Ser será por algo, como qdo o Condado privatizou o chiringo, assi que só nos queda esperar a que cambies de opiniom, mas que é 1 pena, é.)

Anónimo disse...

A ver, como de fechado? Supoño que se vai para as verzas só será iso, un descanso.
Volverei cada día para ver como anda o solar (e a regarlle as plantas)

Tronkimazín disse...

O desencontro está garantizado xa de entrada , só polo feito de ser seres falantes ,seres mutantes e mutados continuamente pola palabra ,queda así instaurada a perda fundamental.De aquí nace o desexo, o aullido interminable da vida.Xogamos a o espellismo do encontro.Na súa procura o naufraxio é mais que probable...
Bon viatge pels gerrers...
/I malgrat llur vell combat
/tinguin plaer dels cossos més amants/omplin xarxes de volguts estels/plens de ventures plens de coneixences/Itaca.
Dedicado o meu amigo Condado, polo traballo con que nos agasallou,e a Sun Iou Miou polo agasallo constante do Blog.

Sun Iou Miou disse...

Marreta, eu tanto penso em fechar, como logo despenso. A estas alturas ninguém devia acreditar em nada do que aqui se diga. Este não é um blogue (a) sério. ;)

Sun Iou Miou disse...

Xa ves, LQB: a única consistencia que hai na miña vida é a pura inconsistencia.

Sun Iou Miou disse...

Pois, Teté, tiques de estrela sou eu que tenho. ;)

Sun Iou Miou disse...

Agradézolle a intención de me vir regar as plantas, Kaplan, pero de augas estamos ben servidos este ano. No único que ando mal de rego é no cerebro. ;)

Sun Iou Miou disse...

Mi ma, que tomaches, Tronkimazín?! Deixa de roubarlles as pastillas aos pacientes, faime o favor. ;)

O conto dos serruchos, para ser teu, moi bo.

La queue bleue disse...

Nom me referia a isso! Era esperar de ter esperança, nom de ter a certeza de que ias mudar de opiniom... cousa que me alegra sobremaneira. ;)

Sun Iou Miou disse...

Eu si tiña a certeza de que ía mudar de opinión, LQB, ainda que nese momento non mo parecese e crese firmemente que nunca mais ía abrir este quiosco, pero só porque me coñezo e sei o inconsistente que son. A que xa perdiches a conta das veces que fechei isto para sempre xamais? ;)