quinta-feira, 13 de janeiro de 2011

E na dúbida é onde está a incerteza

Ou senón como é que eu hoxe ―un día que na radio afirman despexado e que eu vexo espreguizar no tan prolongado ton cincento, logo aínda vou lavar outra vez as lagañas e os lentes non sexa iso― teño de resolver un dilema que me desasosega o sono desde hai unha semana: partido de hóquei na aldea ou Poemas com Cinema no Porto? E así dígome, argumentando, que sobran días para bater co estique na bóla (e, tamén, onde non se quixo, perdón, puxeras caneleiras, cun pouco de xeo pasa logo ou cunha saquiña de ervellas conxeladas, e salvácheste que foi en óso) e faltan momentos e ansias de ouvir, coma quen di, xente que fale. E retrúcome deseguida, ou rebátome, que estreo estique (os Reis Magos portáronse), que hai tres semanas que non xogo, que son douscentos quilómetros e a merda das portagens a cargar sobre a miña conta des-corrente e que a estas idades provectas a miña carreira deportiva é sempre a recú. Total, que nada, restan sete horas para a decisión definitiva e eu non sei se o bote a sortes ou a azares.

17 comentários:

condado disse...

A dúbida só existiría se foras, ademais, de tendas rusas, se non o qué... O deporte é saúde, nao esquezas, e moito máis barato... (se vas xa contarás, que ten toda a pinta de ser un coñazo, con perdón)

Sun Iou Miou disse...

Ai, Condado, que estaba eu nun tris e xa case me convenciches de non ir de tendas rusas.

Conste que é que a min o Manuel António Pina encántame, digo, o que escribe.

E ao final até tiñan razón os da radio, isto vai despexando. Hai sol alén das nubes.

Rafeiro Perfumado disse...

"É na dúvida que está a incerteza". Ui, La Palisse até sorriu... :D

Beijocas!

Sun Iou Miou disse...

Ó, Rafeiro, e não foi que me fizeste ir agora às Ciberdúvidas da Língua Portuguesa? Adorei!

http://ciberduvidas.sapo.pt/pergunta.php?id=5526

Teté disse...

Para dilemas desses, há sempre uma moeda para se atirar ao ar... :)))

Sun Iou Miou disse...

Não estão os tempos para atirar moedas o ar, Teté. ;)

Jonas disse...

Botalo a azares:
entre ouvir o Pina e mandar umas pauladas na bola, eu preferia mandar as pauladas no Pina e esquecer os patins...
Para sempre.
_______________

ps: ...ele é que são burros!
hehe!

Sun Iou Miou disse...

Esquecer os patins, ó Jonas?! Só quando vier o alemão invadir-me a cabeça. ;)

Mas se quiseres empresto-te o stick e repartes tu paulada por aí. Hihihi!

Sun Iou Miou disse...

Prontos, já resolvi. Há hóquei. :) Poesia, que diria o Bécquer, sou eu. (E também posso terminar como um poema, depois do jogo.) E logo à noite vou ao cinema. De maneira que... faço um três em um.

condado disse...

Ta ben, para unha de amor que pon o Ramón non a vas perder, ademáis non é turca...

Sun Iou Miou disse...

Dixéronme, Condado, que non a escolleu el. Por iso. ;)

E eu creo que xa a vin. En fin, sairei de dúbidas esta noite, doutra dúbida.

condado disse...

O certo é que tódolos ensaios de cine-poemas ou cousa asi que vin até agora me resultaron dunha pedantería insultante, como si me apartaran do intento de atopar o obxectivo buscado polo director, ese estúpido, claro, a arte non está ao alcance de todos, tan lonxe, normalmente, da intención do poeta
(teño unha grabación de canciones de A. González que son coma un tiro na chola)

Sun Iou Miou disse...

Estás algo rebotado, Condado. Reláxate. Vai ao cine, le poesia.

Henrique Dória disse...

É bom vir aqui Maria. beijos

Sun Iou Miou disse...

Pois, Henrique, é bom, quando isto está animado e a dona do tasco não está de neura.

Anónimo disse...

Chego tarde para aconsellar nada, con certeza, pero eu iría ao cine ou á poesía (misturadas como for) no Porto.

Sun Iou Miou disse...

Sen dúbida, xa agora, chegou vostede tarde, Kaplan. Mesmo así, dígolle que concordo plenamente con vostede, isto é, no uso do condicional: eu tamén iría, se non fose porque decidín quedar ao hoquei con cine. :)