quarta-feira, 5 de janeiro de 2011

Plan da unesco versus plan de deus

Os bispos, se non existisen, habería que inventalos. Hai disfrace mellor para o carnaval que o de bispo? Non. Hai frases mellores para dar un titular que as que pronuncia desde un púlpito calquera nun momento de premeditada exaltación un bispo? Non. Estas declaracións até me lembraron aquela cantiga de berce tan clásica: "Duérmete, niño, duérmete ya, que viene el FMI y te comerá." Abofé, adormecidos é como estamos todos estupendamente. Conste, eu case estou desexando que o agoiro terrible se cumpra, porque pensaba, inocentona!, que o de ser homosexual ou heterosexual non era unha suposta opción imposta por perversos axentes exteriores como cando mercamos cousas que non necesitamos nin nos gustan só porque nolas meten polos ollos, senón unha característica intrínseca da persoa e digna de todo respecto. E agora resulta que estaba enganada, que grazas á conspiración mundial da UNESCO teño elevadísimas probabilidades de me converter, queira que non queira, ao lesbianismo de aquí ao 2020 (se vinte anos non son nada, que son dez menos uns días xa e contando, meus amigos?), e dado que hai máis mulleres desemparelladas (e nisto non fío en estatísticas, senón na pura observación empírica que practico cando ando por aí) ca homes, digo eu que malo será, malo será, que non poida acabar os meus días nun voraz e libertino desenfreo sexual ou até mesmo nunha soporífera relación estable e fidelísima de mesa braseira e punto de cruz a dúo coa que ha de ser a muller dos meus soños.

14 comentários:

ella disse...

Leídas con detenimiento las declaraciones del obispo de Córdoba sobre la la UNESCO he decidido enmarcar el texto (o plastificarlo) para releer en el metro o así. No tiene desperdicio.

Estupenda aportación Sun Iou.

Jonas disse...

Confesso que já as vi mais relutantes em aceitar esse destino de braseiro e ponto cruz; agora, saídas do armário, são mais as que...
E bem, porque afinal os homens quase sempre foram aqueles milagres que não valeram a pena.
Vê lá que até eu, ser grosseiro, continuo lésbico!
Homens,não!
;)

Sun Iou Miou disse...

Tienes todas la razón, Ella. Nos quedamos con el titular, pero el texto entero, las fotos, nada se desperdicia. Y es un rara forma de la Ley de la Conservación de la Masa: nada se pierde, todo (hasta la orientación sexual) se transforma.

Sun Iou Miou disse...

Pois, mas anda atento, Jonasito, que os vaticínios do bispo de Córdoba também vão dirigidos a ti, e até ao 2020, tens 50% de probabilidades de deixar de ser lésbico e não só pela inexorável e sorumbática Lei da Gravitação Universal. ;)

condado disse...

Pois eu non penso renunciar aos cambios, confío plenamente na UNESCO

Chousa da Alcandra disse...

Eu vou ver se poño a andar a maquinaria do enchufe que teño coa igrexa para que, de ter que ser, que me fagan lesbiano tamén. Máis que nada, pola nugalla que me da mudar a estas alturas as querencias...

Amén

ella disse...

Me he perdido en lo de "nugalla"

Teté disse...

Os bispos da laia deste são mais papistas que o Papa e sempre dispostos a predizer uma data de disparates, valha-os Deus!

E não, não me parece que tenham nenhum respeito pelos que assumem a sua própria sexualidade, qualquer que ela seja: sexo é para procriar e mainada! Quer dizer, em teoria, está claro, porque não me parece que padres homossexuais, pedófilos ou até mulherengos tenham a exclusiva intenção de procriar! Mas quanto a isso chiu, fica no segredo dos deuses, nos claustros dos conventos, não é para andar por aí a anunciar aos 4 ventos!

Beijoquitas!

ps - admiro-me sempre de como pode haver gente tão hipócrita!

ps 1 - espero que tenhas tido um bom dia de Reis! :)

Sun Iou Miou disse...

O primeiro paso é a confianza, Condado. Vas ben. ;)

(Ou vou ter que chamarte agora T.S. Eliot?)

Sun Iou Miou disse...

Pero ti non eras lesbiano xa, Chousa? Ui!

Sun Iou Miou disse...

Pereza, doña Ella, pereza. La madre de todos los vicios, dicen. ;)

Sun Iou Miou disse...

Que procriem os outros, Teté. ;)

Não foi mau o dia, não. Obrigada. Esta-se a ver que fui muito boazinha este ano. :)

Anónimo disse...

Ando a darlle voltas, e non sei se isto do matrimonio eterno con Deus non será tamén unha tendencia "sesuá". Desfrutar vese que desfrutan. Con calquera cousiña, oes... ;)

Sun Iou Miou disse...

Visto así, parece mesmo amor tántrico, setesoles.